Novas
TEATRO DÍA DAS LETRAS GALEGASPara conmemorar o Día das Letras Galegas "17 de maio" este ano adicado a Antonio Fraguas, o Concello de Irixoa organiza unha representación teatral do Grupo Fantoches Baj coa obra "Auga que non vas beber..." o martes 14 de maio na Biblioteca Municipal ás 11:00 horas. Esta obra está dedicada a público adulto. Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “ O cura está malo”.
Cartel
CAMPAÑA DE VERÁN 2019. XUNTA DE GALICIA
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019
Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:
Solicitude individual: procedemento BS303A.
Solicitude múltiple: procedemento BS303F.
Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
procedemento BS303G para solicitude individual
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 7 de maio de 2019
Máis información no DOG do 22 de abril de 2018 e en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.
SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL TRACTORISTASBASES PARA SELECCIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 TRACTORISTAS.
Prazo aberto para a provisión temporal de 4 prazas de "tractoristas" (oficial 1ª), coas seguintes características:
- XORNADA: 6 horas diarias, en principio de luns a venres; poderá ser continuada ou partida en función das necesidades do servizo.
- DURACION: do 15 de maio ata o 31 de outubro de 2019.
- TAREFAS: desbroce de pistas, terreos e instalacións municipais con tractor dotado de desbrozadora acoplada.
- RETRIBUCIÓNS: 950 euros brutos ao mes, no que se inclúen todos os conceptos retributivos, entre outros o prorrateo de pagas extras.
O prazo de presentacion de solicitudes será desde o día 22 de abril ao 3 de maio de 2019, en horario público de 9:00 ás 14:00 horas (rexistro telemático permanente en sede electrónica).
Bases
Instancia tractoristas 2019
DÍA DO LIBRORealizaremos na Biblioteca Municipal con motivo da celebración do Día do Libro (23 de abril) as seguintes actividades. O día 25 de abril "Obradoiro de Escritura Creativa" destinado a persoas adultas, a partir das 10:00 horas. O día 29 de abril "Contacontos musical" dirixido a nenos e nenas ata 3 anos, a partir das 12:00 horas.
Máis información tel. 981 793 001.
Cartel actividades Día do libro 2019
CONSULTA DE LISTAS ELECTORAIS ELECCIÓNS MAIO 2019Do 8 ao 15 de abril está aberto o prazo de exposición pública do Censo Electoral para as Eleccións Locais e ao Parlamento Europeo do 26 de maio.
Durante este periodo calquera persoa pode consultar a sua inclusión nas listas do censo electoral ou presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censais se fose necesario.
A consulta deberá de ser formulada pola propia persoa interesada identificándose con calquera dos documentos previsto na Lei Electoral (DNI, pasaporte ou permiso de conducir).
As consultas ou reclamacións poderán facerse nas Oficinas do Concello os días 8, 9, 10, 11, 12 e 15 deabril de 2019 en horario de 9:00 a 14:00.
Os teléfonos da Oficina do Censo Electoral, para información sobre as consultas son:
981 217 439;
981 217 426;
901 101 900
Obradoiros de Semana SantaOs días 15, 16 e 17 de abril de 11:00 a 13:00 horas obradoiros de Semana Santa para nenos e nenas de 3 a 12 anos. O día 15 realizaremos un encontro infantil-xuvenil cos participantes no Programa Concilia Aranga. Os días 16 e 17 realizaremos na biblioteca Municipal obradoiros de cociña. Máis información e inscrición ata o día 12 de abril, tel. 981 793 001.
Cartel obradoiros Semana Santa
Excursión ao Santuario da Virxe das Emidas (O Bolo) O día 13 realizaremos unha excursión ao Santuario da Virxe das Ermidas situado no municipio ourensán de O Bolo. Tamén poderemos visitar o castelo e a vila de O Bolo, O Barco de Valdeorras... A saída terá un prezo de 15 € para as persoas empadroadas e de 30 € para as non empadroadas. O prazo para inscribirse está aberto ata o día 5 de abril. Hai prazas limitadas, e terán preferencia as persoas empadroadas. Para máis información e inscrición tel. 981 793 001.
Cartel excursión O Bolo
AXUDAS A EMPRESAS CONVOCADAS POLA DEPUTACIÓN DA CORUÑA:A Deputación da Coruña vén de convocar no BOP de 21-03-2019, as seguintes liñas de axudas no marco do Plan de Emprego Local 2016-2019:
• LIÑA PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
• LIÑA PEL-EMPRENDE ACTIVIDADES: Axudas para o apoio á realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial.
• LIÑA PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.
• LIÑA PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.
As bases das catro liñas de subvención poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 45 do 06.03.2019
Como novidade xeral este ano favorecerase aquelas actividades económicas recollidas na Estratexia Española de Activación para o Emprego 2017-2020, consideradas con mellores perspectivas.
As solicitudes poderanse presentar únicamente de xeito telemático, a través da plataforma telemática SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal).
O prazo de presentación de solicitudes ábrese o 21 de marzo (xoves) e pecha o día 22 de abril de 2019 (ás 14:00h).
Na páxina web https://emprego.dacoruna.gal/ pódese consultar a información actualizada sobre o Plan de Emprego Local.
8 de Marzo. Día da Muller. O día 8 de marzo na Biblioteca Municipal de Irixoa celebraremos o Día da Muller xuntándonos nun Círculo de Mulleres no que todos/as veciños/as están convidados/as.
Cartel 8 de marzo
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41