Novas

VISITA CULTURAL A FERROL

RUTA GUÍADA POLO CASCO HISTÓRICO + EXPOSICIÓN EN AFUNDACIÓN FERROL

O luns 20 de xuño imos de excursión a Ferrol! É de balde e as prazas son limitadas

Saímos ás 09:30 h do Centro de Saúde de Irixoa e volveremos sobre as 14:00 h

Inscríbete canto antes pasando por Servizos Sociais ou ben chamando ó Concello (981 793 001)

É unha saída cultural na que percorreremos parte do casco histórico da vila acompañados dunha guía que nos irá contando cousiñas interesantes. O percorrido é apto para todo o mundo e iremos facendo paradas, dura aproximadamente 1 hora e media.

Despois faremos un descanso antes de entrar na sede de Afundación Ferrol para visitar a mostra audiovisual INDÓMITAS que xira en torno a cinco mulleres do ámbito español, e sete do galego con historias moi diferentes tras de si: Paula Mouzo, percebeira de Camariñas; Laura Lorenzo, viticultora na Ribeira Sacra; Luisa Méndez, escaladora; Lula Goce, artista urbana e muralista; Tanxugueiras, grupo musical integrado por Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío; Nuria Bravo, pilota de helicópteros; Rocío Antela, mineira e enxeñeira de minas; Teresa Bedman, exiptóloga; Almudena Bernabeu, avogada especializada en dereitos humanos; e Alicia Sornosa, primeira española que deu a volta ao mundo en moto en solitario. Todas elas representan modelos inspiradores en profesións e ámbitos tradicionalmente non conquistadas por mulleres.

Cartel

 
VII RUTA CABALAR

VII Ruta Cabalar que se realizará no Chao da VIña con horario de saída ás 10:30 horas e chegada aproximadamente ás 14:00 horas para xantar. As persoas interesadas terán que anotarse antes do día 11 de agosto no Concello, tel. 981 79 30 01, tamén poderán comprar os tiquets da comida consistente en polbo, churrasco, pan, viño, café e postre con un coste de 20 €.

 
Libros para sermos libres

Campaña da Deputación da Coruña para conmemorar o Día Internacional do Libro

O Concello de irixoa participa nas segunda edición da campaña "Libros para sermos libres" que promove A Deputación da Coruña . Esta campaña consiste na solta de libros simultánea en 30 concellos nas xornadas próximas ao día 23 de abril, en que se celebra o Día Internacional do Libro, a través de diferentes actos que os concellos organizan co obxecto de obsequiar ás persoas que participen na actividade achegándose aos distintos puntos de reparto.Entre os libros cos que a Deputación da Coruña agasallará á poboación dos seus municipios, atópanse exemplares de poesía, ensaio, teatro, fotografía, investigación, pintura, banda deseñada ou literatura infantil. Así, moitos deles resultaron premiados nos diferentes certames que organiza a Deputación da Coruña. No conxunto de volumes que se distribuirán nesta campaña tamén se atopan algunhas das últimas novidades editadas pola institución.O punto de reparto en Irixoa será o día 23 de abril diante do Concello a partir das 11:00 horas.

 
ENTROIDO 2018

O día 12 de febreiro a partir das 18:00 horas festival infantil de Entroido no polideportivo Municipal con inchables, xogos, obradoiros, animación e concurso de disfraces con premios para individual e grupos. A partir das 23:00 horas no Campo da Festa de Irixoa "X Festa da Xuventude" amenizada pola orquestra "La Nueva favorita e discoteca móbil DJ Martín, con concurso de disfraces e premios para individual, parellas e grupos.

Bases concurso de entroido

 
Cambio data actividade Aquapark

Cambio de data da actividade de verán, Aquapark

Con motivo da folga de autobuses, o Concello de Irixoa decidiu modificar a data da actividade de verán Aquapark programada para o día 12 de xullo. A nova data será o día 27 de xullo, polo tanto a actividade de aquapark queda fixada para o día 27 de xullo.

 
Página  1   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor