Novas

CONVOCATORIA COMPLEMENTARIA LISTAXE DE BOLSA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES S.A.F.

No BOP do 10 de agosto de 2020, convócase a incorporación na listaxe para bolsa de contratacións de auxiliares do servizo da axuda no fogar (SAF), cun máximo de 12 meses por contratación e segundo as necesidades do concello, cunha vixencia que remata o 3-12-2022. O proceso selectivo será por concurso de méritos (experiencia profesional, residencia-coñecemento municipio, desemprego), sen prexuízo da posibilidade dunha entrevista. O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles, ata o día 24 de agosto. As instancias poderanse presentar presencialmente en horario de 9 a 14:00 horas, ou na sede electrónica do concello.

Bases convocatoria bolsa SAF

Instancia solicitude

 
SESIÓN INFORMATIVA BOAS PRÁCTICAS NA PREVENCIÓN DO COVID-19

Charla impartida polo persoal do SERGAS Flavia Polanco e Salvador García coa colaboración do Concello de Irixoa.

Celebración o 13 de xullo de 17.00 a 18.30 horas no Polideportivo Municipal .

Aforo limitado.

Inscrición previa imprescindible nos Servizos Sociais do Concello de Irixoa ou no teléfono 981 793 001.

Todos/as os/as asistentes deberán acudir provistos de mascarilla e respetando as rigurosas medidas de distanciamento.

Dende o Centro de Saúde de Irixoa, elaboraron un video sobre as boas prácticas de hixiene preventiva.

VER VÍDEO

VER CARTEL

 
CAMPAMENTO URBANO

Campamento urbano do día 20 de xullo ao 4 de setembro

Campamento urbano destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos, desde o día 20 de xullo ao 4 de sembro. Preinscición ata o día 14 de xullo. Máis información e preinscrición tel. 981 793 001.

Cartel

 
SELECCION DE PERSOAL DO PROCESO SELECTIVO APROL RURAL 2020

Publícase a acta de valoración de méritos das persoas candidatas ao posto de PEON FORESTAL.

Acta de valoración

 
LUMINARIAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO

Está aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).

As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.

A presentación da declaración responsable farase no Rexistro xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Tamén se poderá presentar a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.

A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.

A data límite de presentación é

22 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Xoán

26 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Pedro

Descargar declaración responsable

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 15/06/2020

1. Aprobación da acta anterior de data 09-03-2020

2. Sorteo composición mesas electorais para eleccións autonómicas do 12-07-2020

3. Expediente de modificación orzamentaria 03/2020

4. Ratificación acordó Xunta de gobernó de 21/05/2020 de participación no POS+ ADICIONAL 1/2020

5. Ratificación acordó Xunta de gobernó de 21/05/2020 de participación no POS+ ADICIONAL 2/2020

6. Coñecemento de resolucións da alcaldía dos meses anteriores

7. Rogos

8. Preguntas

 
Presentación da Declaración individual de ingresos de Pensións Non Contributivas (PNC)

Reanudación do prazo para a presentación da declaración individual de ingresos 2020 das Pensións Non Contributivas (PNC)

O IMSERSO informa da reanudación do prazo para a presentación da declaración individual de ingresos 2020 das Pensións Non Contributivas (PNC) para todas aquelas persoas que non o tiveran feito antes da suspensión dos prazos pola declaración do Estado de Alarma. Do 1 ó 18 de xuño de 2020, inclusive. Máis información: Servizos Sociais Concello de Irixoa ou no teléfono: 981 793 001

 
CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS AFECTADOS COVID-19

No Boletin Oficial da Provincia de data 28/05/2020 publícase o anuncio de convocatoria de subvencións municipais dirixidas aos autónomos afectados negativamente na sua economía empresarial polo crise do COVID-19. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 11/06/2020.

Anuncio BOP

Bases da convocatoria

Solicitude

 
RESULTADO DO PROCESO DE SELECCION DE TRACTORISTAS 2020

Publícanse as actas de valoración de méritos, proba de test e proba práctica realizadas o día de hoxe para a selección de 4 tractoristas.

Selección tractoristas

 
SELECCION DE PERSOAL DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL PIL 2020

Publícase a acta de valoración de méritos das persoas candidatas.

ACTA DE VALORACIÓN

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor