Novas
BOLSA DE CONTRATACION AUXILIARES S.A.F.No Boletín Oficial da Provincia do 12 de novembro de 2018 publicouse o anuncio de convocatoria para a formación de listaxe de bolsa de contratación temporal de auxiliares do servizo de axuda no fogar (S.A.F.).
O proceso selectivo será o de concurso de méritos, sen prexuízo da posibilidade dunha entrevista.
O prazo para a presentación de instancias remata o luns 19 de novembro de 2018.
Bases bolsa S.A.F.
Instancia bolsa S.A.F.
ESCOLA DE ENERXIA FUNDACION NATURGYA fundación Naturgy impartirá un obradoiro co fin de asesora ás familias en materia de enerxía e minimizar o coste enerxético dos colectivos vulnerables da sociedade.
Podes traer a túa factura da luz para aprender a interpretala. Os conceptos son común en todas as comercializadoras, polo que non é necesario que sexas cliente de Naturgy (antiga Gas Natural).
LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL
DATA: Mércores 28 de novembro de 2018
Haberá 2 sesións:
Pola mañá de 10:00 a 12:00
Pola tarde de 16:30 a 18:30
Esperámoste!
INICIO DO OBRADOIRO DE EMPREGOComunícase a data de inicio do Obradoiro de Emprego de Actividades de Conservación e Mellora Forestal na Comunidade Intermunicipal Lambre- Mandeo, prevista para o vindeiro venres 26 de Outubro de 2018, ás 9:00 no local da Antiga Escola de Verís Baixos, polo que se convoca a todo o persoal seleccionado para participar no mesmo, tanto persoal docente, directivo e de apoio como aos 20 alumnos/as traballadores/as, acudan na data e hora sinalada, ao lugar de celebración do mesmo.
LISTADOS DEFINITIVOS OBRADOIRO DE EMPREGOFanse públicos os listados definitivos do alumnado traballador e personal do equipo directivo, docente e de apoio do Obradoiro de Emprego “ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO”.
Solicítase a todas as persoas seleccionadas, que entre o luns día 22 e martes 23 de outubro, se acheguen ao Concello de Irixoa para entregar fotocopia do DNI e da tarxeta da Seguridade Social en horario de 9 a 14 horas.
Equipo directivo docente e de apoio
Alumnado traballador
EXCURSIÓN A PONTEVEDRAA excursión será o día 27 de outubro de 2018. Sairemos do Concello ás 8:30 horas. A excursión ten un prezo de 30 €, as persoas empadroadas terán unha subvención de 15 €. Terán preferencia as persoas empadroadas, as non empadrodas poderán ir no caso de que queden prazas libres. Máis información no tel, 981 793 001, inscricións ata o día 25 de outubro nas oficinas municipais.
Cartel excursión Pontevedra
DIA DO DEPORTE. MAGO ANTÓNEntre as actividades organizadas para o DÍA DO DEPORTE que se realizarán o día 13 de outubro o Mago Antón fara distintas funcións: 16:30, 17:30. 19:00 e 20:00 horas, nun camión instalado ao lado do Polideportivo Municipal.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44