Novas

Festa de Entroido

Día: 16 de febreiro de 2026.

Hora: a partir das 23:30 horas.

Lugar: Carpa campo da Festa de Irixoa.

Festa amenizada pola Orquestra FUEGO

Concuros de disfraces de entroido cos seguintes Premios:

INDIVIDUAL PARELLA

1º premio: 140 € e agasallo

2º premio: 120 € e agasallo

3º premio: 100 € e agasallo

GRUPOS (3 ou +persoas)

1º premio: 240 € e agasallo

2º premio: 220 € e agasallo

3º premio: 200 € e agasallo

Inscricións ata o día 11 de febreiro en:

A través da Sede electrónica do Concello de Irixoa, no trámite solicitude xeral xuntando o modelo de inscrición.

Presencial ou telefónicamente no Departamento de Cultura que se atopa no Concello, tel. 981 793 001.

Correo electrónico ao enderezo elisa.alonso@irixoa.es.

Tamén se poderá inscribir o mesmo día do Concurso desde as 23:30 horas do día 16 de febreiro ás 00:30 horas do 17 de febreiro na carpa situada no campo da festa de Irixoa.

Formulario de inscrición

 
Gañadorxs VIII Concurso de postais de Nadal

O pasado día 4 de decembro o tribunal designado para elexir as postais gañadores do VIII concurso de postais de Nadal convocado polo Concello de Irixoa elexiu gañadoras as seguintes postais: Categoría de 3 a 5 anos: Samuel Vázquez Martínez, 3 anos. Categoría de 5 a 8 anos: Hugo Barallobre Pérez, 6 anos. Categoría de 9 a 11 anos: Valentina Vázquez Martínez, 9 anos. Categoría de 12 a 14 anos: Emma Pérez López, 13 anos. Noraboa a todxs xs premiadxs.!!!!

Acta

 
DÍA DA BICI 2025

O día 11 de outubro teremos o tradicional día da bici no que faremos un percorrido por diferentes parroquias do concello disfrutando do entorno e da compañia. A hora de saida será as 16h. diante do concello. Inscricións abertas ata o día 2 de outubro.Terán preferencia as persoas empadroadas en Irixoa. Inscricións no concello ou por sede electrónica cubrindo unha instancia xeral e adxuntado a folla de inscrición.

Cartel

Inscrición

 
Punto en boca: entre fios anda o lio

Representacion Teatral Punto en boca: entre fios anda o lio, de Raquel Crespo en coproducción co Centro Dramático Galego.

Día: 18 de agosto.

Hora: 12:00 horas.

Lugar: campo ao lado Polideportivo Municipal.

 
Aquapark de Cerceda

Saída o aquapark destinada a todos os públicos.

Menores de 8 anos acompañad@s por unha persoa adulta.

Día: 23 de xullo de 2025.

Saída: 11:00 horas do Concello

Chegada: 20:30 horas aprox.

Prezo: 30 € non empadroad@s.

15 € empadroad@s.

Inclúe: transporte, entrada ao parque, comida e merenda.

Inscricións ata o día 18 de xullo.

Máis información: tél. 981 793 001.

 
Romería de Santo Antón

Romería de Santo Antón

O día 15 de xuño recrearase a antiga Romaría de Santo Antón a man do grupo participante no programa municipal de envellecemento activo,Os Saberes Gardados.

Haberá peregrinación, acto ceremonial, xantar camprestre, visita guiada e xogos populares.

Participación aberta a toda a veciñanza.

Cada participante deberá traer o seu xantar.

Organiza o Concello de Irixoa coa colaboración do CVMC San Antón, de Mántaras e a Diputación Provincial de A Coruña.

Cartel

 
AMTEGA - XUNTA DE GALICIA - FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS

AMTEGA - XUNTA DE GALICIA - FORMACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS

O obxectivo do programa destinado a máis de 45.000 persoas a partir é impulsar a alfabetización da sociedade galega no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030, facilitando ferramentas para que os cidadáns e cidadás adquiran a capacitación dixital necesaria para desenvolverse con seguridade. O curso de nivel intermedio, ten as inscricións abertas a través da web www.formaciondixital.gal. A duración máxima é de 8 semanas, ao longo das cales se ofrecen contidos teóricos teóricos e actividades prácticas de forma sinxela e titorizada.

folleto

 
Representacion "Brincadeiras da lingua" Migallas teatro

O día 30 de decembro "Migallas teatro" estará ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal respresentando "Brincadeiras da lingua". Día: 30 de decembro Lugar: Biblioteca Municipal Hora: 12:00 horas Público familiar Inscricións ata o día 27 de decembro, inclusive. Tel. 981 793 001 @culturadadeputaciondacoruna

 
Datas inspección Maquinaria Agrícola: unidade móbil 2025

A empresa Supervisión y Control S.A comunica os horarios e días asignados a este concello no ano 2025 para a inspección de maquinaria agricola que serán:

2, 3, 7, 8, 9, 10 e 13 de xaneiro

Horario:

Mañá: 9:00 a 13:30

Tarde: 15:15 a 18:00 horas (o venres día 10 non abrirá pola tarde)

Cita previa no teléfono 981 92 80 80 ou na web: www.sycitv.com

A unidade móbil estará ubicada no Campo da Feira en Chao da Viña.

Bando

 
CAMPAÑA NEVE 2025

A Deputación da Coruña, pon en marcha a campaña de esquí para o ano 2025 na estación de Valgrande-Pajares destinada a nen@s de 11 a 15 anos O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas, na primeira quenda que será dos días 10 ao 13 de xaneiro de 2025. Os participantes desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación. Cada participante abonará unha cota de inscrición de 85€. O prazo de inscricións esta aberto ata o 2 de decembro mais información no telf. 981 793 001

Cartel

Folla de inscrición

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor