Novas

NOVOS CONTIDOS NA WEB MUNICIPAL

Dentro do noso apartado web ESPAZOS NATURAIS incorporamos un video de imaxes do concello que nos fixo chegar o veterinario Enrique Muñoz Cantero. Veterinary. Design for Sustainability.

 
SELECCIÓN DE INTEGRANTES BOLSA DE EMPREGO DE TRACTORISTAS 2020: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Según o previsto no punto 4º das bases, faise pública a lista de admitidos e excluidos. AS PROBAS SERÁN O 27 DE MAIO DE 2020 A PARTIR DAS 10:00. (Na lista hai un erro e indica o día 28).

Lista admitidos e excluidos

 
CITA PREVIA POR INTERNET

Dende o día de hoxe contamos tamén coa posibilidade de pedir cita previa a través da Sede Electrónica do Concello. As persoas interesadas poden acceder á Sede Electrónica e cumplimentar un pequeno formulario cos seus datos de contacto e o motivo da cita. Dende o Concello contactaremos para concretar a cita. PEDIR CITA PREVIA

 
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRACTORISTAS

No Boletín Oficial da Provincia do 8 de maio sae publicada a convocatoria para a formación de listaxe de bolsa de contratación laboral temporal de tractoristas. O prazo de presentación de instancias é dende o 11 ao 20 de maio de 2020 en horario de 9 a 14 se se fai de forma presencial no concello. Previsión de contratación para 2020: 4 tractoristas en xornada de 30 horas semanais do 1 de xuño ao 31 de outubro de 2020. A continuación publícanse as bases e a instancia de presentación de solicitudes.

Bases

Instancia

 
PRORROGA DE PRAZO DE PAGO RECIBOS DE AUGA

Por resolución da alcaldía, prorrógase ata o 12/06/2020 o prazo voluntario para o pago dos recibos do abastecemento de auga do 2º semestre de 2019.

Ver decreto

 
SERVIZO DE IMPRESIÓN E ESCANEO

O concello de Irixoa pon a disposición dos estudantes residentes en Irixoa un servizo de impresión e escaneo para fichas e tarefas escolares.

Maís información cartel

 
VISEIRAS DE SEGURIDADE PARA A LOITA CONTRA O COVID-19

No día de onte, Enrique Muñoz Cantero, veterinario que traballa na nosa localidade e tamén voluntario na fabricacion de material sanitario mediante impresión 3D, fixo entrega ao alcalde Antonio Deibe de viseiras de seguridade para o persoal do Servizo de Axuda no Fogar, dentro do programa de loita contra o COVID-19. GRAZAS, ENRIQUE, POLA TUA APORTACIÓN!

 
RECOMENDACIÓNS PARA ESTAR INFORMADO DAS NOVAS MUNICIPAIS

Todos os bandos que se emiten desde a Alcaldía aparte de publicarse nesta páxina web do Concello tamén saen na dirección web https://www.bandomovil.com/irixoa Desde fai 2 anos disponemos dunha aplicación para móbiles que actualmente conta con cerca de 350 usuarios dados de alta. Anexamos aquí unha guía para a instalación da app “Irixoa informa”

Guia descarga Irixoa informa

 
Reorganización dos servizos municipais como consecuencia da ampliación do estado de alarma

Aos efectos do disposto no Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo, considéranse esenciais as seguintes actividades do Concello de Irixoa: 1. Servizo de Axuda no Fogar. 2. Atención a discapacitados, dependentes e vítimas da violencia de xénero. 3. Atención telefónica na casa do concello, para os asuntos urxentes e coordinación xeral dos servizose tramitación administrativa. 4. Alcaldía. 5. Transporte social. 6. Servizos de abastecemento e saneamento de auga. 7. Servizo de recollida de lixo. 8. Calquera outro similar aos recollidos no propio Real Decreto-lei. As oficinas da casa do concello permanecerán pechadas para o público. Para a realización de trámites extremadamente urxentes e inaprazables haberá que pedir cita no teléfono principal do concello 981 79 30 01, petición que será valorada polo persoal municipal; unha vez valorada a petición,comunicarase a admisión á persoa interesada, quen poderá ingresar na casa do concello, adoptando as medidas preventivas recomendadas, de xeito individual (ou con acompañante en caso de necesidade),aos efectos de realizar a xestión administrativa oportuna. O persoal municipal organizará o seu traballo por quendas e, no ámbito do posible, mediante o teletraballo na súa casa. Nas oficinas xerais municipais permanecerán 1 persoa durante o horario especial de 9:30 a 13:30, atendendo ao seu traballo, teléfono e xestionar as tarefas inaprazables encomendadas e trámites urxentes. As quendas serán rotatorias durante o tempo que dure o estado de alarma agravado. Mantense o transporte social unicamente para enfermos que necesiten atención médica, de enfermería ou farmacéutica que non poida aprazarse, cun máximo de 3 persoas por viaxe, a parte do condutor. Os usuarios unicamente poderán asistir ás consultas sanitarias ou dispensacións farmacéuticas imprescindibles, non para outras xestións. O condutor municipal queda facultado para realizar os controis oportunos para garantir o cumprimento desta medida restritiva.

 
Servizos Extraordinarios Alarma Sanitaria

Servizos Extraordinarios Alarma Sanitaria

Servizos Extraordinarios do Concello de Irixoa neste momento de Alarma Sanitaria

Servizos Extraordinarios Alarma Sanitaria

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor