Novas

ADMITIDOS E EXCLUIDOS PERSOAL OBRADOIRO

Con data 18 de outubro, o Concello de Aranga publicou a listaxe de candidatos admitidos e excluidos ao proceso de selección do equipo directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego “Actividades de conservación e mellora forestal 2021”.

Complementariamente, publícase tamén na web do Concello de Irixoa para maior difusión e coñecemento das persoas interesadas no proceso de selección.

LISTAXE ADMITIDOS-EXCLUIDOS

 
 
LISTAXE DAS PERSOAS CANDIDATAS Á SELECCIÓN DO PERSOAL DO EQUIPO DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL 2021”

As persoas candidatas teñen un prazo de 2 días hábiles, dende o día seguinte á publicación desta listaxe, no taboleiro de anuncios da web do Concello de Aranga, para presentar a súa solicitude e a documentación que acredite os méritos que queren alegar para participar no proceso selectivo, segundo as bases publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Aranga e das webs dos concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior.

Listaxe

 
BASES PARA A SELECCION DE PERSOAL OBRADOIRO DE EMPREGO

Publícanse para a sua difusión as bases que rexerán a selección de alumnado traballador/a e do persoal do Obradoiro dual de emprego "Actividades de conservación e mellora forestal 2021" promovido polos Concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior.

Bases da selección

 
Material de protección conta a COVID-19 para o estudantado empadroado en Irixoa

A partir do día 14 de outubro en horario de 9:00 a 14:00 horas, os/as estudantes empadroados/as no Concello de Irixoa porderán recoller nas oficinas municipais un pack de material de protección contra a COVID-19 consistente en 5 máscaras reutilizables de tela (20 lavados), un portamáscaras e un xel. Máis información no tel. 981 793 001.

Cartel informativo

 
ORDE DO DÍA DO PLENO ORDINARIO DO 29/09/2021

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 30/07/2021

2. Moción do GRUPO MUNICIPAL POPULAR contra a inclusión do lobo no listado de especies protexidas

3. Moción do GRUPO MUNICIPAL POPULAR sobre medidas para a rebaixa do prezo da luz

4. Moción do GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE sobre mellora da cobertura de telefonía móbil e televisión

5. Moción do GRUPO MUNICIPAL POPULAR sobre medidas para facilitar a cobertura de persoal médico na atención primaria

6. Mocións de urxencia

7. Rogos

8. Preguntas

 
Reunións "Encontro coas Familias" antigo Preescolar na casa

"Encontro coas familias"

O vindeiro día 7 de outubro ás 11:30 horas realizaremos na Biblioteca Municipal de Irixoa a primeira reunión do programa "Encontro coas familias" (antigo preescolar na casa), realizado pola Fundación Antonio Gandoy e coa colaboración do Concello de Irixoa cedendo o espazo e financiando parte do custe da actividade. Espazos das familias é un espazo de encontro semanal para pais e nais con crianzas menores de 3 anos para reflexionar e debatir sobre educación, e compartir tempos e espazos lúdicos coas/cos fillas/fillos. Máis información tel. 981 793 001.

Cartel informativo

 
INFORMACIÓN DE SUBVENCIÓN A REDACCIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE DO CONCELLO DE IRIXOA (PACES).

Aos efectos de dar a oportuna publicidade á subvención outorgada ao Concello de Irixoa pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a redacción do PACES (orde do 26/01/2021 publicada no DOG do 10/02/2021) , publícase íntegra a memoria xustificativa da dita subvención.

Memoria xustificativa

 
PLAN DE EMERXENCIA ANTE A SECA: PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Invitamos a colaborar na elaboración do PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA E XESTIÓN DO RISCO DE SECA do Concello de Irixoa.

Este PLAN comprenderá as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga e a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario.

A seca é un fenómeno global que se produce cando a dispoñibilidade da auga é menor do habitual.

O obxecto do plan de seca é servir coma ferramenta que complemente a planificación estatal e autonómica na materia a unha escala de detalle centrada no termo municipal para que dende unha perspectiva de xestión preventiva se mellore o sistema de abastecemento, se determine a vulnerabilidade deste e se minimicen os efectos negativos que poidan producir os escenarios de seca, nun contexto de cambio climático.

O plan de seca servirá tamén para abordar aqueles aspectos da xestión ordinaria que servirán para anticipar as posibles continxencias cun traballo de prevención e adaptación en períodos de normalidade climática.

Co obxecto de ofrecer a posibilidade de consultar e aportar suxerencias para a redacción final deste plan, está previsto realizar uns talleres participativos destinados á poboación en xeral, asociacións, empresas e explotacións agrícolas e gandeiras que desenvolvan a sua actividade ou teñan residencia no termo municipal.

Se estás interesad@ na participación, envíanos un correo co teu nome e teléfono de contacto a correo@irixoa.es antes do 8 de outubro de 2021.

 
DÍA DA BICI 2021

O día 9 de outubro teremos o Día da Bici no que faremos un percorrido por diferentes parroquias do Concello disfrutando do entorno e a compañia. A hora de saída será as 16h. diante da casa do Concello regresando sobre as 18h. aprox. Será obrigatorio o uso de casco e mascarilla. Seguirase a normativa vixente en relación o COVID-19. Inscricións no Concello ata o 1 de outubro.

Cartel Día da Bici

Ficha Inscrición adultos

Ficha Inscrición menores

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor