Novas
VALORACIÓN DE MÉRITOS PEÓNS DE OBRASPara dar cumprimento ao disposto nas bases para a contratación laboral temporal de seis peóns de obras, dentro do programa "PIL-PEL-Concellos reactiva 2021", publícase a acta de valoración de méritos das persoas aspirantes.
Valoración de méritos
CONTRATACIÓN DE 6 PEÓNS DE OBRAS (Programa PIL-PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021)Por acordo da Xunta de Goberno Local do 26/03/2021 aprobáronse as bases de contratación laboral temporal de 6 peóns de obras polo sistema de concurso de méritos.
A duración dos contratos será de 6 meses a tempo parcial (30 horas semanas).
Calquera persoa desempregada inscrita e residente no municipio poderá presentar instancia nos Rexistros do Concello para poder optar a esta oferta.
O prazo para a presentación de instancias é do 15 ao 21 de abril de 2021, ambos inclusive.
Instancia peóns
Bases peóns
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 15/04/20211. Aprobación da acta da sesión anterior do 31/03/2021
2. Plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES – IRIXOA)
3. Desafectación inicial e permuta de camiño en Cerro: Pedro Varela Otero
4. Modificación orzamentaria 1/2021 (Remanente tesourería)
I CONCURSO EN PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEROO pasado 31 de marzo fallouse o I Concurso en prol da igualdade e contra a violencia de xénero no que participaron o alumnado do CPI Virxe da Cela de Monfero.
Había 3 categorías según idades.
Na 1ª categoría a gañadora foi Elisa Fernández Vázquez coa obra "Alas para volar" e o premio será a impresión do seu debuxo sobre unhas mochilas que se entregarán a todo o alumnado do ciclo de Educación Infantil.
Na 3ª categoría o gañador foi Hugo Lucía Romero coa obra "Igualdade". O premio consistirá na impresión do seu debuxo sobre unhas libretas que se repartirán entre o alumnado da ESO.
A 2ª categoría quedou deserta xa que non se presentou ningún traballo.
NORABOA ÁS PERSOAS GAÑADORAS!
Fallo xurado
Alas para volar
Igualdade
CONVOCATORIA PARA A INCORPORACIÓN Á LISTAXE DE BOLSA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRACTORISTASNo BOP de 07/04/2021 convócase a incorporación na listaxe para bolsa de contratacións de TRACTORISTAS (desbroce de vías e instalacións municipais), cunha vixencia que remata o 1-6-2024.
Desta listaxe seleccionaranse as persoas para a contratación municipal anual: para o 2021 contrataranse 4 tractoristas por período de 6 meses a xornada de 30 horas semanais.
FUNCIÓNS: manexo de tractor e maquinaria de desbroce.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 días naturais (dende o 7 ao 16 de abril de 2021), presencial en horario de 9 a 2, ou na Sede Electrónica do concello as 24 horas ().
DATA DAS PROBAS: 22 de abril de 2021.
DEREITOS DE EXAME: 16 €, que se ingresaran na conta municipal ES02 2080 0092 1631 1000 0018
BASES: aprobadas por acordo da Xunta de Goberno do 26-3-2021, estando a disposición do público nas dependencias municipais e na web oficial do concello (teléf. 981793001).
Bases da convocatoria
Instancia
8 DE MARZO: DIA INTERNACIONAL DA MULLER (5)Nesta última entrega presentámosvos o documento "referentes" no que mostramos unha pincelada de mulleres que racharon barreiras, desafiaron ás normas establecidas e fixeron historia ainda que a historia, en moitos dos casos, as teña esquecidas e invisibilizadas. Son mulleres de todos os tempos, poderosas e con grandes talentos que, nas súas disciplinas e coñecementos aportaron grandes cousas e contribuiron a melloras para mulleres e homes.
Referentes
ORDE DO DÍA DO PLENO ORDINARIO DO 31/03/20211. Aprobación da acta da sesión anterior do 14/01/2021
2. Plan de acción polo clima e a enerxía sostible (PACES-IRIXOA)
3. Desafectación definitiva de camiño en Lousada: María Dolores Porto Álvarez e María José Pérez Ares
4. Desafectación definitiva de camiño en Gándara: Alfredo Calvo Varela
5. Modificación distribución gastos sociais extraordinarios POS+ ADICIONAL 1/2021
6. Coñecemento de resolución da alcaldía sobre delegación de función no 1º Tenente de alcalde (28/01/2021) e de reasunción de función (17/02/2021)
7. Coñecemento de resolución da alcaldía de aprobación liquidación orzamento 2020
8. Coñecemento de resolucións da alcaldía de meses anteriores
9. Mocións de urxencia
10. Rogos
11. Preguntas
8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (4)Nesta nova entrega achegámosvos varios documentos:
- Un listado de entidades grupos e persoas que teñen nas redes sociais unha voz sobre a igualdade.
- Un percorrido polo mundo do celuloide con suxestións das películas máis significativas que falan de mulleres que sufriron a desigualdade e qué fixeron para traspasala. De seguro hai máis e estaríamos encantadas de recibir as vosas propostas de pelis que falen de mulleres que loitaron pola sua visibilidade.
- O decálogo da igualdade e,
- Unha análise breve e significativa da situación en cifras da desigualdade na que vivimos.
Esperamos que estos novos documentos vos axuden e vos inspiren
Igualdade nas redes
Igualdade no cine
(Des)igualdade en cifras
Decálogo
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42