Novas

Sobes ao autobús do teatro. Obra: A serie Clopen

O día 2 de outubro o autobús do teatro pasará por Irixoa e nos levará ao Salón Teatro en Santiago de Compostela para disfrutar da obra "A serie Clopen", do Centro Dramático Galego, unha obra chea de ”Acrobacias imposibles, aéreos impactantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora. Saída da Casa do Concello ás 15:20 horas. Prazas limitadas, inscrición antes do día 29 de setembro, no tél. 981793001- 699485700, mail, elisa.alonso@irixoa.es, ou acudindo as oficinas do concello

 
DÍA DA BICI 2025

O día 11 de outubro teremos o tradicional día da bici no que faremos un percorrido por diferentes parroquias do concello disfrutando do entorno e da compañia. A hora de saida será as 16h. diante do concello. Inscricións abertas ata o día 2 de outubro.Terán preferencia as persoas empadroadas en Irixoa. Inscricións no concello ou por sede electrónica cubrindo unha instancia xeral e adxuntado a folla de inscrición.

Cartel

Inscrición

 
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2025-2026

Comezamos setembro e retomamos as actividades municipais para o curso 2025-2026. O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de setembro. Para a inscrición haberá que cubrir unha solicitude e entregala no concello ou por sede electrónica .Mais información no concello ou no tel. 981 793 001

Tríptico

Folla de inscrición

 
Punto en boca: entre fios anda o lio

Representacion Teatral Punto en boca: entre fios anda o lio, de Raquel Crespo en coproducción co Centro Dramático Galego.

Día: 18 de agosto.

Hora: 12:00 horas.

Lugar: campo ao lado Polideportivo Municipal.

 
Programa Reto Rural Dixital

Reto Rural Dixital

O Concello de Irixoa xunto coa Cruz Roja levara a cabo o programa Reto Rural Dixital. Cursos de competencia dixitais no manexo de dispositivos, comunicación, trámites, compras online... destinado a empadroadas e empadroados. Luns e xoves a partir de setembro de 10 a 12 horas. Máis información e inscrición no teléfono 981 793 001, nos Servizos Sociais de Irixoa ou no teléfono de Cruz Roja 981 22 10 00 ext. 38262.

 
Aquapark de Cerceda

Saída o aquapark destinada a todos os públicos.

Menores de 8 anos acompañad@s por unha persoa adulta.

Día: 23 de xullo de 2025.

Saída: 11:00 horas do Concello

Chegada: 20:30 horas aprox.

Prezo: 30 € non empadroad@s.

15 € empadroad@s.

Inclúe: transporte, entrada ao parque, comida e merenda.

Inscricións ata o día 18 de xullo.

Máis información: tél. 981 793 001.

 
Excursión ás Illas Cies

O día 20 de setembro temos previsto realizar unha saída ás Illas Cies.

A saída terá o seguinte prezo:

60,00 €

Menores de 12 anos 46,00 €

Empadroad@s en Irixoa: 30,00 €

Menores de 12 anos empadroad@s en Irixoa: 23,00 €

Para visitar as Illas hai que pedir unha autorización a Xunta de Galicia polo que precisamos ter os seguintes datos:

- Nome e apelidos

- DNI (maiores de 14 anos)

- Data de nacemento

Abrimos ata o día 24 de xullo o prazo para que as persoas interesadas nos faciliten estes datos.

Máis información: tél. 981 793 001

 
Reto Rural Dixital

Reto Rural Dixital

O Concello de Irixoa celebrará en colaboración con Cruz Vermella un curso de competencia dixitais no manexo de dispositivos no que se traballará conceptos como comunicacións online , trámites, compras online, redes sociais básicas, etc. Aberto a todo/as o/as empadroados/as. Máis información no teléfono 981 793 001 ou nos Servizos Sociais municipais

 
Romería de Santo Antón

Romería de Santo Antón

O día 15 de xuño recrearase a antiga Romaría de Santo Antón a man do grupo participante no programa municipal de envellecemento activo,Os Saberes Gardados.

Haberá peregrinación, acto ceremonial, xantar camprestre, visita guiada e xogos populares.

Participación aberta a toda a veciñanza.

Cada participante deberá traer o seu xantar.

Organiza o Concello de Irixoa coa colaboración do CVMC San Antón, de Mántaras e a Diputación Provincial de A Coruña.

Cartel

 
Campamento de verán

Aberto o prazo para preinscrición no Campamento de verán, actividade incluída no Plan corresponsable Irixoa Concilia subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade e o Ministerio de Igualdad.

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45   46   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor