Novas

SELECCIÓN E NOMEAMENTO DE TRABALLADORA SOCIAL INTERINA

O 19/09/2018 no Boletín Oficial da Provincia publicouse o nomeamento na selección de funcionaria interina para traballadora social de Adelaida F. Abad Isla así como a formación dunha bolsa de traballo para posteriores nomeamentos como funcionarios interinos, coa finalidade de cubrir tanto vacantes como substitucións transitorias dos seus titulares ou outras necesidades temporais.

Ver anuncio BOP

 
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2018-2019

Está aberto o prazo para inscribirse nas actividades que o Concello de Irixoa oferta para o curso 2018-2019. Nas actividades deportivas e extraescolares o prazo estará aberto ata o día 28 de setembro, e comezarán o día 1 de outubro. Para outras actividade como "Facendo memoria" ou "Campionato de Tute" que oferta o departamento de Servizos sociais consultar no tríptico. Para a inscrición haberá que entregar unha solicitude, da que se xunta un modelo, no rexistro xeral. Máis información na Casa do Concello ou no tel. 981 793 001.

Tríptico actividades municipais

Folla de Inscrición cursos adultos

Folla de Inscrición cursos menores

 
PROCESO SELECTIVO TRABALLADOR/A SOCIAL INTERINO/A: valoración definitiva de méritos

Unha vez comprobadas as alegacións presentadas no proceso selectivo de traballador/a social interino/a, publícanse os seus resultados.

Valoracion definitiva

 
PROCESO SELECTIVO TRABALLADOR/A SOCIAL INTERINO/A: VALORACIÓN PROVISIONAL

Unha vez realizada a valoración de méritos no proceso selectivo de traballador/a social interino/a, publícanse os seus resultados.

 
VI RUTA CABALAR

VI Ruta Cabalar no Monte de San Antón o día 15 de agosto. Saída 10:30 horas, chegada 14:00 horas. Xantar: Polbo, churrasco, pan, postre e café 20 €. Máis información e insciricións ata o día 11 de agosto nas Oficinas Municipais ou no tel. 981 793 001.

 
POOL PARTY!

O vindeiro día 17 de agosto na piscina de Monfero haberá unha festa para rapaces e rapazas de 12 a 20 anos. Música con DJ, láser show, espectáculo de luces, pulseiras luminosas… e ¡moitos premios!. Achégate cos teus amigos e disfruta dunha noite diferente de 20:30 a 23:00 ¡Coctelería sen alcol! . Non te esquezas o roupa de baño e gorro de piscina!

Cartel Festa na piscina

 
SELECCIÓN DE FUNCIONARIO INTERINO TRABALLADOR/A SOCIAL: LISTA DEFINITIVA CORRIXIDA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Publícase para o seu coñecemento a lista definitiva corrixida das persoas admitidas no proceso de selección de traballador/a social.

Listado definitivo corrixido

 
SELECCIÓN DE FUNCIONARIO INTERINO TRABALLADOR/A SOCIAL: LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Unha vez transcurrido o periodo para a presentación de reclamacións na lista de admintidos/as no proceso de selección de 1 praza de funcionario/a Interino/a Traballador/a social publícase a lista definitiva de admitidos/as

Lista definitiva admitidos Traballador/a Social

 
SELECCIÓN DE FUNCIONARIO INTERINO DE TRABALLADOR/A SOCIAL: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS

Unha vez rematado o prazo para a presentación de instancias para participar no proceso de selección de funcionario interino de traballador/a social, por resolución da alcaldía declárase aprobada a lista provisional de persoas admitidas ou excluidas. O prazo para a emenda defectos subsanables ou presentación de reclamacións é de 2 días hábiles a contar dende a data da sua publicación na páxina web.

Lista provisional traballador-a social

 
CAMPAÑA CRUZ VERMELLA: VOLTA AO COLE SOLIDARIO

Se crees que necesitas material escolar para algún menor, ponte en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa antes do 5 de agosto de 2018. O horario é de luns a venres de 9 a 14 horas. Teléfono: 981793001

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor