Novas
LISTAXES BOLSAS DE CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE OPERARI@SNo Boletín Oficial da Provincia do 4 de febreiro de 2018 publicouse o anuncio de convocatoria para a formación de listaxes para a contratación laboral temporal de peóns e oficiais de 1ª. O proceso selectivo é o de concurso de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles que se contarán desde o seguinte á presente publicación (do 5 ao 18 de febreiro).
Instancia operari@s
Bases operari@s
DOAZON DE SANGUEO mércores 23 de xaneiro a unidade móbil de doazón de sangue estará no campo da Feira de Chao da Viña desde ás 10:00 ás 14:00 horas
Máis información
UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORESA empresa Supervisión y Control S.A. concesionaria da Xunta, titular da concesión de estacións de I.T.V. comuica que o horario e día asignado a este concello para a inspección técnica periódica de CICLOMOTORES será o día 6 de febreiro en horario de 9:00 a 13:30 horas no Campo da Feira de Chao da Viña. Citas na web www.sycitv.com ou o tel. 902309000.
Cartel ITV Ciclomotores
CLUBE DE LECTURADesde a biblioteca municipal queremos poñer en marcha un clube de lectura. Está actividade consiste en reunións que se realizarán de maneira quincenal na que os/as participantes comparten ideas sobre un libro. O clube reunirase cada quince días en horario de maña. Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.
Cartel
CesteríaUsuarios: adultos
Datas de realización: Xaneiro – Maio 2019.
Horario: martes de 10:00 a 12.30 e de 16.30 a 18.00 horas.
Máis información e inscricións no Departamento de Servizos Sociais
ata o día 11 de xaneiro tel. 981 793 001
Cartel publicitario
APOIO AO ESTUDOÁbrese o prazo de inscrición ata o día 16 de xaneiro para as actividades de Apoio ao estudo e inglés. Ambas actividades realizaranse na biblioteca municipal en horario de tarde, intentando adaptar o horario as persoas inscritas. As actividades realizaranse se hai un mínimo de 8 persoas inscritas en cada unha das actividades.
Apoio ao estudo terá un prezo de 100 € ao mes (as persoas empadroadas terán unha subvención dun 50% ) e realizaranse 4,5 horas de clases semanais.
En canto a inglés, serán 2 horas semanais e terá un prezo de 30 € mes (unha subvención de 15 € para as persoas empadroadas)
Cartel publicitario
CAMPAÑA DE INVERNO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑAO Concello de Irixoa ten adxudicadas tres prazas na "Campaña de inverno 2019" que organiza a Deputación Provincial da Coruña. Esta campaña está destinada a nenos e nenas de 11 a 15 anos que poderán pasar tres días, do 15/02/2019 ao 18/02/2019, na estación invernal de Cabeza de Manzaneda con unha cota de participación de 85 €. O prazo de preinscrición é ata o día 10/01/2019, máis información tel. 981 793 001.
Cartel publicitario
Folleto informativo e ficha inscricion
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41