Novas

LIBERDADE DE SER E SENTIR (2)

Liberdade de Ser e Sentir

Recomendacións na conmemoración do día da Diversidade Sexual, 28 de xuño (2). - Pílulas informativas: https://youtu.be/GnMZ2KuOLV8 - Contacontos: https://youtu.be/6OMXNReHSy4 - Recomendación literaria, literatura adulta: 10 Ingobernables: Historias de transgresión y rebeldía. June Fernández Casete.

 
LIBERDADE DE SER E SENTIR

Liberdade de Ser e Sentir

O 28 de Xuño conmemórase o “Día da diversidade sexual”. Dende a Diputación da Coruña impúlsase una campaña de sensibilización da que Irixoa, como concello comprometido coa diversidade, forma parte. O longo destes días publicaranse na nosa web diversos recursos, videos, referencias literarias, pílulas informativas ,etc, co gallo de visibilizar a importancia da tolerancia e igualdade entre as persoas. Podes pasarte polo Concello a recoller material promocional, pulseiras e adhesivos, para sumarte a campaña de sensibilización. Atopa toda a información que poida interesarte na dirección web www.seresentir.gal

 
Bono Concilia 2021

Aberta a convocatoria para a solicitude do Bono Concilia para o curso 2021/22

O día 17 de xuño publicouse no DOG a Orde do 4 de xuño de 2021 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia para o curso 2021/22. O prazo para a súa solicitude será de un mes a partir do día seguinte a súa publicación.

Extracto publicación Bono Concilia

 
LUMEIRADAS SAN XOAN E SAN PEDRO

Está aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).

As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.

A presentación da declaración responsable farase no Rexistro xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Tamén se poderá presentar a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.

A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.

A data límite de presentación é

22 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Xoán

26 de xuño ás 13:00 para a luminaria de San Pedro

Declaración Responsable

 
VOLUNTARIADO XUVENIL IRIXOA

Se tes entre 16 e 30 anos e queres ser voluntario/a no Campamento de verán que organiza o Concello de Irixoa, tes ata o día 18 de xuño para anotarte. Máis información e inscricións no tel. 981 793 001.

 
CAMPAMENTO 2021

Aberto ata o día 18 de xuño o prazo para preinscribirse na 1ª quenda do Campamento de verán. O campamento realizarase de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, coas seguintes quendas: do 5 ao 16 de xullo, do 19 ao 30 de xullo, do 2 ao 13 de agosto, do 16 ao 27 de agosto, un prezo de 20 € con distintos descontos, e do 30 de agosto ao 3 de setembro un prezo de 10 €. Formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScM0dWuZhzcqBAM8ZkH-sOAx9WMxIC4FruD0jr1AB_1pd1Uzw/viewform?usp=sf_link

Cartel

 
 
 
 
 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor