Punto de Información catastral


A Dirección Xeral do Catastro autorizou un Punto de Información Catastral (PIC) no Concello de Irixoa.
No PIC os titulares catastrais de fincas urbanas e rústicas poderán obter certificacións oficiais das súas propiedades, de xeito totalmente gratuito.
Con iso afórrase o traballo de ter que achegarse ás oficinas catastrais da Coruña.
Os titulares poderán autorizar formalmente o acceso aos seus datos protexidos.
As fincas dos titulares falecidos só poderán ser certificados na Xerencia Provincial do Catastro, polo que se recomenda actualizar e regularizar as titularidades.

Tamén se pode acceder aos datos catastrais, usando certificado dixital ou o DNI electrónico, na Sede Electrónica do Catastro.

Tarifas vixentes no PIC dende o 20/02/2021 (BOP 19/02/2021):
- Certificación descriptiva e gráfica individual inicial (acceso a aplicación): 5€ ata 5 lindeiros e 8€ con máis de 5 lindeiros cando se refiran a inmobles situados no municipio de Irixoa; 10€ e 15€ respectivamente cando os inmobles se sitúen fóra de Irixoa.
- Certificación agrupada de todos os bens: 10€ ata 10 bens e 15€ máis de 10 bens cando o interesado sexa residente en Irixoa; 15€ ata 10 bens e 20€ máis de 10 bens cando o interesado non sexa residente en Irixoa.
- Certificación literal de inmobles únicos (urbanos, rústicos ou C.E.): 5€
- Outros documentos expedidos no PIC: 5€