Novas
DÍA DE ROSALÍADÍA DE ROSALÍA
Hoxe 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía, commemorase o nacemento da autora.
Numerosas institucións únense a esta commemoración.
Nos seguines enlaces podes ver algunhas actividades, na fundación Rosalía fundación https://rosalia.gal/ realizan actividades en liña: Caldo de Gloria, Alborada para Rosalía., na cale de youtube https://youtu.be/HmB3xyS1O1Y podes ver un vídeo. Le a Rosalía, lémbraa e cóntao nas redes sociais co hashtag #DíadeRosalía.
CITA PREVIACita previa para atención presencial
Ante os aumentos dos casos de COVID-19 e as restinciónS da Xunta de Galicia para realizar calquera trámite no Concello haberá que pedir cita previa.
Tel. 981 703 001 ou na sede electrónica do Concello de Irixoa https://sede.irixoa.es/opencms/gl/cita/index.html
RUTAS E HORARIOS TRANSPORTE PÚBLICO A BETANZOSMONBUS, xestora da concesión de transporte XG871 (Norte da comarca de Betanzos, sur da de Ferrol e oeste da de Eume) informa das rutas de transporte e horarios que pasan polo concello de Irixoa.
Calquera persoa viaxeira que precise máis información, pode solicitala por teléfono (982292900), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram).
Rutas e horarios
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 14/01/20211. Aprobación da acta da sesión anterior do 30/12/2020
2. Orzamento municipal 2021: resolución de alegacións e aprobación definitiva
3. POS+ 2021
4. Coñecemento de resolucións de meses anteriores
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 30/12/20201. Aprobación da acta da sesión anterior do 11/12/2020
2. Modificación orzamentaria 1/2021
3. Aprobación Conta xeral 2019
4. Aceptación doazón de terreo para ampliación de vial en Vilar da Viña: Antonia Couce Díaz
5. Moción do BNG sobre reactivación da asistencia sanitaria
6. Moción do Grupo municipal popular en apoio da autonomía financiera de Galicia
I Concurso de imaxe calendarioO xurado designado para a elección da imaxe gañadora do I Concurso de imaxe para o calendario municipal decidiu non outorgar o premio xa que soamente se presentou unha imaxe e considerou que non tiña a suficiente calidade.
Reis Magos 2021Este ano ante a pandemia que estamos a vivir non se pode realizar a Festa de Reis, por iso as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente realizarán un recorrido polos distintos lugares do Concello de Irixoa onde residan nenos ou nenas menores de 16 anos. As súas maxestades levarán un agasallo personalizado polo que os nenos e as nenas terán que anotarse ata o día 28 de decembro no tel. 981 793 001.
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 11/12/20201. Aprobación da acta da sesión anterior do 30/09/2020
2. Plan provincial de obras e servizos POS+ 2021
3. POS+ ADICIONAL 1/2021 de servizos sociais
4. Elección de Xuíz de paz substituto
5. Orzamento municipal 2021: estados, bases de execución e persoal
6. Recuperación camiño público perturbado de acceso á Fonte Sécheme en Feal (Churío)
7. Modificación ordenanzas fiscais
8. Aprobación definitiva desafectación e permuta en Tiulfe: Manuel Vázquez Pena
9. Aprobación inicial desafectación de camiño en Gándara: Alfredo Calvo Varela
10. Aprobación inicial desafectación de camiño en Lousada: María Dolores Porto Álvarez e María José Pérez Ares
11. Coñecemento de resolucións da alcaldía de meses anteriores
SUBVENCIÓNS PEL-REACTIVA: AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDESMediante resolución de Presidencia da Deputación da Coruña, autorizouse a ampliación do prazo de presentación de solicitudes de subvención dende o 27 de novembro de 2020, ata as 14:00 horas do día 4 de decembro de 2020.
Na sede electrónica do Concello de Irixoa está dispoñible a solicitude e o inicio do trámite para as persoas e empresas candidatas.
Sede electrónica Irixoa
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47