Novas

Reunións "Encontro coas Familias" antigo Preescolar na casa

"Encontro coas familias"

O vindeiro día 7 de outubro ás 11:30 horas realizaremos na Biblioteca Municipal de Irixoa a primeira reunión do programa "Encontro coas familias" (antigo preescolar na casa), realizado pola Fundación Antonio Gandoy e coa colaboración do Concello de Irixoa cedendo o espazo e financiando parte do custe da actividade. Espazos das familias é un espazo de encontro semanal para pais e nais con crianzas menores de 3 anos para reflexionar e debatir sobre educación, e compartir tempos e espazos lúdicos coas/cos fillas/fillos. Máis información tel. 981 793 001.

Cartel informativo

 
INFORMACIÓN DE SUBVENCIÓN A REDACCIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE DO CONCELLO DE IRIXOA (PACES).

Aos efectos de dar a oportuna publicidade á subvención outorgada ao Concello de Irixoa pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a redacción do PACES (orde do 26/01/2021 publicada no DOG do 10/02/2021) , publícase íntegra a memoria xustificativa da dita subvención.

Memoria xustificativa

 
PLAN DE EMERXENCIA ANTE A SECA: PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Invitamos a colaborar na elaboración do PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA E XESTIÓN DO RISCO DE SECA do Concello de Irixoa.

Este PLAN comprenderá as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga e a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario.

A seca é un fenómeno global que se produce cando a dispoñibilidade da auga é menor do habitual.

O obxecto do plan de seca é servir coma ferramenta que complemente a planificación estatal e autonómica na materia a unha escala de detalle centrada no termo municipal para que dende unha perspectiva de xestión preventiva se mellore o sistema de abastecemento, se determine a vulnerabilidade deste e se minimicen os efectos negativos que poidan producir os escenarios de seca, nun contexto de cambio climático.

O plan de seca servirá tamén para abordar aqueles aspectos da xestión ordinaria que servirán para anticipar as posibles continxencias cun traballo de prevención e adaptación en períodos de normalidade climática.

Co obxecto de ofrecer a posibilidade de consultar e aportar suxerencias para a redacción final deste plan, está previsto realizar uns talleres participativos destinados á poboación en xeral, asociacións, empresas e explotacións agrícolas e gandeiras que desenvolvan a sua actividade ou teñan residencia no termo municipal.

Se estás interesad@ na participación, envíanos un correo co teu nome e teléfono de contacto a correo@irixoa.es antes do 8 de outubro de 2021.

 
DÍA DA BICI 2021

O día 9 de outubro teremos o Día da Bici no que faremos un percorrido por diferentes parroquias do Concello disfrutando do entorno e a compañia. A hora de saída será as 16h. diante da casa do Concello regresando sobre as 18h. aprox. Será obrigatorio o uso de casco e mascarilla. Seguirase a normativa vixente en relación o COVID-19. Inscricións no Concello ata o 1 de outubro.

Cartel Día da Bici

Ficha Inscrición adultos

Ficha Inscrición menores

 
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2021-2022

Retomamos as actividades municipais para este curso. O prazo de inscrición estará aberto ata o 30 de setembro e darán comezo o 4 de outubro. Para a inscrición haberá que entregar unha solicitude da que se adxunta un modelo no rexistro xeral do Concello. Mais información na Casa do Concello ou no tel. 981793001

Folla de inscrición actividades municipais

Tríptico actividades municipais curso 2021-2022

 
Taller: O coidador: enfrentando a situación de dolo

Taller: O coidador: enfrentando a situación de dolo

O Venres 8 de Outubro terá lugar na Biblioteca Municipal de Irixoa a celebración do Taller: " O coidador: enfrentado a situación de dolo".

Horario de 10.00 a 13.00 horas.

Aforo limitado.

Inscrición previa nos Servizos Sociais ou no teléfono 981 793 001

cartel O coidador enfrentando a situación de dolo

 
Taller "Uso de teléfono móvil"

Taller "Uso de teléfono móvil"

Os días 5,19 e 26 de Outubro celebrarase na Biblioteca Municipal un taller de uso do teléfono móbil destinado a persoas maiores de 55 anos.

Horario de 10 a 11.30 horas.

De balde.

Necesaria inscrición previa en Servizos Sociais ou no teléfono 981 793 001.

Taller "Uso de teléfono móvil"

 
ACTIVIDADES DE AVENTURA

O día 25 de agosto iremos ao parque multiaventura "Eco parque Marín", nesta actividade faremos circuitos arbóreos-tirolina: circuitos suspendidos nas árbores, 2 de inciación e outros 4 con distinta dificultude e altura. Pola tarde iremos a praia. Haberá que levar roupa cómoda, toalla, bañador, crema solar, gorra. A actividade ten un prezo de 15 € e inclúe: transporte, circuitos arbóreos, comida, merenda. Saída ás 9:15 horas e chegada ás 21:00 horas aproximadamente. O día 30 de agosto teremos a actividade de peinbol. Iremos pola maña, con saída ás 10:30 horas, a un campo de Taboada (Monfero). Chegaremos sobre ás 14:00 horas. Prezo 15 €. Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.

Cartel

 
Actividade "Faremos un cartel" co ilustrador Michel Casado

Esta actividade está subvencionada dentro do Programa da Xunta de Galicia "Ler conta Moito". Os nenos e nenas participantes no campamento urbano aprenderán como se deseña un cartel. Luns 23 de agosto ás 12:00 horas na biblioteca Municipal. Soamente poderán participar nenos/as inscritos/as no campamento de verán.

 
 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor