Novas
INICIO DO OBRADOIRO DE EMPREGOComunícase a data de inicio do Obradoiro de Emprego de Actividades de Conservación e Mellora Forestal na Comunidade Intermunicipal Lambre- Mandeo, prevista para o vindeiro venres 26 de Outubro de 2018, ás 9:00 no local da Antiga Escola de Verís Baixos, polo que se convoca a todo o persoal seleccionado para participar no mesmo, tanto persoal docente, directivo e de apoio como aos 20 alumnos/as traballadores/as, acudan na data e hora sinalada, ao lugar de celebración do mesmo.
LISTADOS DEFINITIVOS OBRADOIRO DE EMPREGOFanse públicos os listados definitivos do alumnado traballador e personal do equipo directivo, docente e de apoio do Obradoiro de Emprego “ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO”.
Solicítase a todas as persoas seleccionadas, que entre o luns día 22 e martes 23 de outubro, se acheguen ao Concello de Irixoa para entregar fotocopia do DNI e da tarxeta da Seguridade Social en horario de 9 a 14 horas.
Equipo directivo docente e de apoio
Alumnado traballador
EXCURSIÓN A PONTEVEDRAA excursión será o día 27 de outubro de 2018. Sairemos do Concello ás 8:30 horas. A excursión ten un prezo de 30 €, as persoas empadroadas terán unha subvención de 15 €. Terán preferencia as persoas empadroadas, as non empadrodas poderán ir no caso de que queden prazas libres. Máis información no tel, 981 793 001, inscricións ata o día 25 de outubro nas oficinas municipais.
Cartel excursión Pontevedra
DIA DO DEPORTE. MAGO ANTÓNEntre as actividades organizadas para o DÍA DO DEPORTE que se realizarán o día 13 de outubro o Mago Antón fara distintas funcións: 16:30, 17:30. 19:00 e 20:00 horas, nun camión instalado ao lado do Polideportivo Municipal.
DÍA DO DEPORTEA actividade está programada para o día 13 de outubro. Ao lado do pabillón o Mago Antón realizara funcións nun camión acondicionado para tal fin, as funcións serán ás 16:30, 17:30, 19:00 e 20:00 horas. A partir das 18:00 horas no pabillón haberá inchables, xogos, obradoiros...Para participar haberá que inscribirse no Concello, ás persoas que estean inscritas no día da Bici non terán que volver a inscribirse.
Máis información tel. 981 793 001, incricións nas oficinas municipais.
Cartel
Inscrición menores
DÍA DA BICI
A marcha en bicicleta realizarase o día 13 de outubro, a ruta é circular, partiremos do Concello ás 16:00 horas e chegaremos ás 18:00 horas aprox. A actividade é apta para todas as idades, os/as menores de 8 anos irán acompañados/as por unha persoa adulta. A final da ruta faremos o sorteo dunha bici, para paticipar no sorteo é necesario realizar a marcha.
Máis información tel. 981 793 001. Inscricións ata o día 5 de outubro nas oficinas municipais.
Cartel bici
Ruta
Inscrición adultos
Inscrición menores
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36