Novas
LUMEIRADAS DE SAN XOAN E SAN PEDROEstá aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).
As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.
A presentación da declaración responsable farase no Rexistros xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
Tamén poderá presentarse a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.
A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.
Declaración responsable
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO CONSTITUTIVO DO 15/06/20191. Formación da mesa de idade
2. Comprobación de credenciais e xuramento ou promesa dos concelleiros
3. Declaración de constitución da Corporación
4. Proclamación de electos para elección do alcalde
5. Elección do alcalde
6. Xuramento ou promesa do alcalde e toma de posesión
7. Acta de arqueo e inventario do patrimonio
PISCINA Comeza a temporada de verán na piscina, o Concello de Irixoa ten un convenio de colaboración co Concello de Monfero para a utilización da piscina municipal. Xa esta aberto o prazo para matricularse nos cursos de natación ben no Concello de Irixoa de 9h a 14h. ou na piscina municipal de Monfero de 16h a 20h o prazo remata o 1 de xullo.
Cartel Informativo
Proxecto María BalteiraA Asociación Cultural, gastronómica e deportiva Lar de Unta promove este proxecto, coordinado polo grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica co patrocínio do Concello de Betanzos e a colaboración da Asociación de Veciños de Ambroa, a Asociación Cultural de Colantres, Biblos, Café Lanzós e os concellos de Irixoa e Coirós.
O Proxecto María Balteira prepara para a primeira semana de xullo, previa á Feira Franca, unhas xornadas que incluirán en Betanzos recitais de poesía, charlas, mesa redonda, concerto, edición de pasquíns, a edición da obra dos xograres e trobadores Pero de Armea, Pero de Ambroa, Pero Amigo de Sevilha (S. XIII) e poemas adicados a María Balteira, todos eles naturais das Terras de Betanzos.
O día 6 de xuño os actos trasladaranse a Ambroa (Irixoa) e o día 7 de xuño a Armea (Colantres, Coirós), lugares de onde procedían os xograres e María Balteira, que formaron parte da corte de Afonso X O Sabio na idade de ouro da literatura medieval galego portuguesa.
Alfredo Erias, director do Museo das Mariñas, Dores Cao, profesora do IESP As Mariñas, a catedrática Concha Delgado (prologuista do libro que editará Biblos), o filólogo Xosé Ramón Pena, o profesor Eduardo Maragoto, presidente de AGAL, o profesor Xulio Loureiro do IESP As Mariñas, Marica Campo, autora do libro Confusión e morte de María Balteira ou Manuel Portas, autor do libro Lourenço xograr, serán algúns dos conferenciantes destas xornadas que pretenden divulgar o importante papel de Betanzos na idade de ouro da lírica medieval hai 800 anos aparellado ao peso político da cidade nese período histórico.
A Fundación Luís Seoane (este ano adicanse a Luís Seoane as artes galegas) cedeu o gravado do autor sobre María Balteira para imaxe do Proxecto, do libro e dos pasquíns, e o Centro de investigación de humanidades Ramón Piñeiro coa colaboración do seu secretario Armando Requeixo, cedeu a obra completa destes tres poetas medievais e poemas adicados a María Balteira.
A tradición literaria de Betanzos remóntase á Idade Media, época de esplendor da lírica e auténtica idade de ouro para Galiza e Portugal. Aportamos a esta época un trobador, dous xograres e unha soldadeira, María a Balteira. Os tres autores pertencen ao século XIII, manteñen relacións literarias e frecuentan as mesmas cortes, a corte real de Afonso X e, posibelmente, a corte señorial galega de Rodrigo Gómez de Trastámara.
O trobador Pero García de Ambroa, natural de San Tirso de Ambroa, no concello de Irixoa, partido xudicial de Betanzos, é autor dunha cantiga de amigo, unha cantiga de amor, once de escarnio e unha tensón. Hai autores que consideran que teríamos que distinguir entre un Pero de Ambroa xograr e un Pero Garcia de Ambroa trobador ; outros opinan que son a mesma persoa e algún engade que é o mesmo autor cunha evolución de trobador a xograr pola decadencia económica. Este trobador foi obxecto de crítica por moitos autores pola súa suposta peregrinación a Terra Santa e pola relación con María a Balteira.
Pero de Armea, orixinario do municipio de Coirós, do lugar de Armea, é autor de 13 cantigas de amor, catro de amigo e unha cantiga satírica, de escarnio de amor.
Pedro Amigo de Sevilla, designado de Sevilla porque residiu nesa cidade, é identificado por Martínez Salazar e García Blanco cun clérigo de de San Tirso de Ambroa, no concello de Irixoa, lugar de onde era orixinario Pero García de Ambroa. Foi coengo de Oviedo e de Salamanca onde firma o seu testamento en 1302. A súa obra está formada por dezasete cantigas satíricas, catro cantigas de amor, unha pastorela, dez cantigas de amigo e unha tensón con Xohan Vasquiz de Talaveira.
Toda esta obra e os pkemas de djversos autores da época adicados a María Pérez A Balteira serán editados polo proxecto co prólogo da profesora betanceira Concha Delgado.
RUTAS DE SENDERISMO. COÑECE IRIXOAEstá previsto realizar dúas rutas para coñecer o Concello de Irixoa e algún do seu patrimonio arqueolóxico. O día 30 de xuño ás 10:00 mañá sairemos do Local Social de A Graña (Ambroa), e faremos unha ruta circular de 4 horas de duración aproximadamente. Despois da ruta comeremos todos/as xuntos/as na area de recreo que hai ao lado do local, cada participante ten que levar a súa comida. O día 21 de xullo partiremos do Monte de San Antón, ás 10:00 horas, e tamén faremos unha ruta circular, comendo ao final todos/as xuntos/as, e cada un levará a súa comida.
O prazo de inscrición estará aberto ata 1 semana antes de cada ruta. Máis información tel. 981 793 001.
Rutas de senderismo. Coñece Irixoa
Charla "Empoderamento Feminino"Charla de empoderamento e autoestima feminina
O día 7 de xuño en horario de 10.00 a 12.00 horas celebraremos unha charla gratuita na Biblioteca Municipal, destinada o empoderamento feminino e a mellora da autoestima.
Para mulleres maiores de idade empadroadas en Irixoa.
Cartel charla empoderamento
CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS 2019 No BOP do 23 de maio publícase o acordo da Xunta de Goberno Local do 16 de maio de 2019 polo que se aproban as bases correspondentes á convocatoria pública de subvencións municipais a familias e entidades sen fin de lucro para o ano 2019.
As citadas bases expóñense ao público durante quince días hábiles, co fin de que se poidan presentar as alegacións ou suxestións que se estimen pertinentes. De non formularse, o acordo de aprobación entenderase elevado automáticamente a definitivo.
A presentación de solicitudes de subvención poderase efectuar dentro do prazo do 27 de maio ao 26 de xuño de 2019, ambos inclusive; non obstante, no suposto de presentarse alegacións ou suxestións, entenderase suspendido dito prazo ata a aprobación definitiva , ampliándose o prazo de presentación nos días que correspondan para completar o mes.
Ver anuncio BOP
Impreso de solicitude
AVISO DE CORTES NA ESTRADA DE IRIXOA A BETANZOS Con motivo dos traballos de execución da obra: senda peonil na DP 0905 entre Betanzos e o punto quilométrico 2,08 ( parroquia de Obre) o Servicio de Vías e Obras da Deputación da Coruña informa de varios cortes de tráfico entre as 09:00h. do 13/05/2019 ata as 19:00h. do día 15/05/2019.
TEATRO DÍA DAS LETRAS GALEGASPara conmemorar o Día das Letras Galegas "17 de maio" este ano adicado a Antonio Fraguas, o Concello de Irixoa organiza unha representación teatral do Grupo Fantoches Baj coa obra "Auga que non vas beber..." o martes 14 de maio na Biblioteca Municipal ás 11:00 horas. Esta obra está dedicada a público adulto. Auga que non vas beber é un recital satírico para monicreques, onde salientan diversas cantigas populares como “A Saia da Carolina”, “O sermón do padre Damián” ou “ O cura está malo”.
Cartel
CAMPAÑA DE VERÁN 2019. XUNTA DE GALICIA
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019
Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:
Solicitude individual: procedemento BS303A.
Solicitude múltiple: procedemento BS303F.
Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
procedemento BS303G para solicitude individual
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 7 de maio de 2019
Máis información no DOG do 22 de abril de 2018 e en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41