Novas

INFORMACIÓN LUMEIRADAS DE SAN XOÁN

Infórmase ás persoas que presentaron no Concello a declaración responsable para realizar a lumeirada de San Xoan, que o índice de risco de incendio forestal (IRDI) publicado na web da Consellería de Medio Rural actualizado o 22 de xuño é de ALTO. Isto significa que, salvo indicación en contrario do Concello ou do Servizo Provincial de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, NON HAI IMPEDIMENTO para que se poida realizar a lumeirada sempre que se garden as medidas preventivas indicadas no reverso da propia declaración e o índice de risco non varíe a EXTREMO. Sitio web para consultar o IRDI actualizado

 
PISCINA

Dentro das actividades de verán que organiza o Concello de Irixoa este ano teremos cursos de natación tanto para nen@s como para maiores na piscina municipal de Monfero. Serán tres cursos; Iniciación, Perfeccionamento e Actividades acuáticas para maiores. Haberá transporte público e gratuito ata a piscina.

Cartel Informativo

Folla de Inscrición cursos

 
LUMEIRADAS DE SAN XOAN E DE SAN PEDRO

O prazo para a presentación da declaración responsable de realización das fogueiras tradicionais está aberto, no caso das de San Xoán ata o 21 de xuño e ata o 27 de xuño para as de San Pedro. As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira. A presentación de solicitudes poderá realizarse nos Rexistros xeral ou electrónico do Concello de Irixoa. O horario público do Rexistro xeral do Concello de Irixoa é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; o rexistro electrónico funciona permanentemente na sede electrónica do concello .

Declaración responsable

 
RELACION DEFINITIVA DAS PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS PARA OS POSTOS DE EDUCADOR/A E AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

Por resolución da alcaldía de data 13 de xuño, quedou aprobada a lista definitiva de admitidos e excluidos no proceso selectivo para os postos de educador/a e auxiliar administrativo/a de servizos sociais.

Lista definitiva educador-a

Lista definitiva aux. administrativo-a

 
LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS PARA OS POSTOS DE EDUCADOR/A E AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

Por resolución de alcaldía do 7 de xuño quedou aprobada a lista de persoas admitidas e excluidas no proceso selectivo de educador-a e auxiliar administrativo-a. O prazo para reclamacións remata o 12 de xuño.

Lista educador-a

Lista auxiliar administrativo-a

 
CONVOCATORIA DE SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL: PERSOAL DA BRIGADA CONTRA INCENDIOS 2018

No Boletín Oficial da Provincia do 1 de xuño de 2018 saíu publicada a convocatoria de selección de persoal temporal de 1 xefe/a de brigada, 1 peón condutor/a e 3 peóns brigadistas. Xornada de 40 horas semanas en quendas integrándose no dispositivo PLADIGA 2018. O proceso selectivo e a formación están delegados nunha empresa técnica. O prazo de presentación de instancias é de 12 días naturais (do 4 ao 15 de xuño de 2018) Bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 25/05/2018. Dereitos de exame: 18 euros para xefe/a, e 16 euros para condutor/a e peons.

Bases brigada 2018

Instancias de solicitude

 
CONVOCATORIA DE SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL: EDUCADOR/A SOCIAL

No Boletín Oficial da Provincia do 24 de maio de 2018 saíu publicada a convocatoria de selección de persoal temporal de 1 educador/a. Proceso selectivo mediante concurso de valoración de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais dende o seguinte á publicación do anuncio. Bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 11/05/2018. Dereitos de exame: 28 euros

Bases educador-a

Instancia educador-a

 
CONVOCATORIA DE SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A DE SERVIZOS SOCIAIS.

No Boletín Oficial da Provincia do 24 de maio de 2018 saíu publicada a convocatoria de selección de persoal temporal de 1 auxiliar administrativo/a de Servizos Sociais. Proceso selectivo mediante concurso de valoración de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais dende o seguinte á publicación do anuncio. Bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 11/05/2018. Dereitos de exame: 18 euros

Bases auxiliar admin.

Instancia auxiliar

 
O Concello de Irixoa colabora na difusión do proxecto “Empoderamento da muller con cancro de mama”

O Servizo de Oncoloxía Médica do CHUAC, en colaboración coa Deputación da Coruña, ten como un dos seus obxectivos preferentes acercar ao paciente oncolóxico a filosofía da sanidade participativa e os seus beneficios. O concello de Irixoa está integrado na área de acción do proxecto ´Empoderamento da muller con cancro de mama´ do Servizo Galego de Saúde, que ten como obxectivos principais: Desenvolver ferramentas que faciliten a autoxestio´n da sau´de por parte das doentes diagnosticadas de cancro de mama. Presentar ferramentas que faciliten unha sau´de de calidade e prevencio´n das secuelas da enfermidade e os seus tratamentos. Participacio´n da doente con cancro na poli´tica sanitaria, para unha abordaxe sustentable do tratamento do cancro garantindo a calidade asistencial. Propon~er iniciativas conxuntas para mellorar o acceso da cidadani´a ao sistema pu´blico de sau´de. O 24 de maio de 2018 terá lugar no Pazo de Mariñán a partir das 15:45 unha xornada de divulgación dirixida a aquelas mulleres diagnosticadas de cancro de mama, que se centrará nas patoloxías, nos hábitos de saúde e cambios de conduta, así como na ampliación do horizonte persoal. A esta reunión están convidadas a acudir as mulleres diagnosticadas de cancro de mama longo sobreviventes e as asociación e membros das asociación de doentes, nos que varios especialistas abordarán entre outros aspectos, os psicolóxicos, a sexualidade, a fertilidade e o embarazo, o impacto social, a fisioterapia e coidados de pel.

Programa Xornada

 
EXCURSIÓN Á COMARCA DE ORTEGAL

O día 10 de xuño haberá unha Excursión á Comarca de Ortegal, visitaremos os Acantilados de Loiba, Viveiro, Ortigueira.... A excursión terá un prezo de 15 € para as persoas empadroadas e 30 € para as non empadroadas. Prazo de inscrición ata o día 6 de xuño, na oficinas municipais ou no tel. 981 793 001.

Cartel Excursión

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor