Novas
NOVA APP DE INFORMACION MUNICIPALO Concello de Irixoa pon a disposición da veciñanza un novo servizo municipal: “Irixoa Informa”.
A partir de agora todos os bandos, anuncios, noticias e información municipal do Concello poderá ser recibida de forma inmediata a través do seu móbil.
O servizo está disponible para os sistemas operativos Android e iOs.
As persoas que non dispoñan de terminais compatibles, como os que usen Blackberry ou Windows Phone, poden consultar toda a información municipal que o concello publique dende a páxina web adaptada para dispositivos móbiles www.bandomovil.com/irixoa .
Ver detalles de instalación
INFORMACIÓN SOBRE DISTANCIAS DE PLANTACIÓN E XESTIÓN DA BIOMASAO importante valor que o monte desempeña vén sendo ameazado pola propagación de incendios forestais, afectando á súa riqueza ambiental e paisaxística e ás actividades agroforestais que nel se desenvolven, poñendo en risco tamén a integridade física das persoas.
A Consellería do Medio Rural elaborou un díptico onde se representan as distancias mínimas de plantación das distintas especies arbóreas a estradas, labradíos, vivendas, etc.
Cartel distancias
ORIENTACION LABORAL NO FACEBOOKUnha vez resoltas as incidencias técnicas, comezamos coa nosa nova páxina de Facebook do Servizo de Orientación Laboral da Agrupación de Concellos de Irixoa, Monfero e Aranga, onde cada día, volcaremos información relativa a ofertas de emprego, formación, subvencións, e todo aquelo que poida resultarvos de interese neste sentido.
Darvos a tod@s, a benvida, e desexar que esta nova ferramenta vos sexa de utilidade para acadar os vosos obxectivos profesionais.
Orientación Laboral
PLAN DE EMPREGO LOCAL DA DEPUTACION DA CORUÑA: AXUDAS 2018A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local 2016 -2019, ven de convocar as seguintes liñas de axudas correspondentes á anualidade 2018:
LIÑA 2.1 PEL EMPRENDE. INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables .
LIÑA 3.1 PEL PEMES. CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas para a creación e ampliación do cadro de persoal de Pemes e micropemes en calquera das modalidades xurídicas existentes, con centro de traballo rexistrado en concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e con domicilio fiscal na provincia da Coruña.
LIÑA 3.2 PEL PEMES. MANTEMENTO: Axudas para o mantemento do cadro de persoal de Pemes e micropemes, sendo subvencionables aquelas contratacións indefinidas realizadas polos/as beneficiarios/as da convocatoria PEL PEMES 2017.
As bases reguladoras das tres liñas de subvención poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do 15 de febreiro de 2018 .
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña , pechando o prazo de presentación ás 14.00 horas do 22 de marzo de 2018.
Lembramos que na web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultar información actualizada do Plan de Emprego Local.
PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORALA Deputación da Coruña publicou no BOP do 28 de febreiro a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de Integración Laboral para o ano 2018.
O obxecto do Programa é fomentar o emprego nos concellos mediante a contratación de persoal en situación de exclusión laboral para a prestación dos servizos mínimos municipais e a execución de pequenas obras de reparación e mantemento relacionadas cos ditos servizos.
As personas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:
a) Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
b) Maiores de 45 anos.
c) Parados de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un
mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
d) Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade
nun grao igual o superior al 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de
selección das persoas a contratar.
e) Persoas en situación de drogodependencia
f) Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
g) Personas con fogar monoparental
h) Personas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais
i) Personas vítimas de violencia de xénero
j) Personas sen fogar
II FEIRA DE EMPREGOA Cámara da Coruña organiza a II Feira de Emprego para mozos
A Cámara de Comercio da Coruña organiza a segunda edición da Feira de Emprego para persoas xoves, con servizos de orientación laboral personalizados e encontros con empresas punteiras. O evento celebrarase o 1 de marzo en Palexco e é de inscrición libre e gratuíta, dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 29 anos dos 39 municipios que conforman a demarcación do ente cameral coruñés.
O obxectivo é poñer en contacto a representantes dalgunhas das principais empresas do país coa mocidade que nin estuda nin traballa pero que buscan unha oportunidade no mercado laboral. A primeira edición, o pasado xuño, reuniu a 400 persoas. Os participantes deben estar inscritos no Programa de Garantía Xuvenil da Cámara da Coruña, polo que a institución anima a formar parte desta iniciativa e inscribirse.
XORNADA DE LOITA CONTRA A VESPA VELUTINAO próximo sábado, 3 de marzo no local social de Altos de Verís terá lugar unha xornada sobre como combatir a vespa velutina. Dende as 10 ata as 13 horas varios relatores informarán sobre distintas solucións para loitar contra esta especie invasora.
Granxas de Lousada é a organizadora desta xornada.
Colaboran neste evento a Comunidade de Montes en Man Común “O Raño”, o Concello de Irixoa e a Asociación de Desarrollo Rural “Mariñas – Betanzos”.
Máis información e inscricións no teléfono 657 103 467
LUGAR: Local social de Altos de Verís
DÍA: 3 de marzo
HORARIO: de 10 a 13 horas
Descargar cartel
SEPARAR CON XEITOEcoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organizan esta campaña, que busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.
En concreto, Recicla con Xeito acudirá o próximo 6 de marzo á Feira da Viña co obxectivo de orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán en cada evento.
Anímate e participa!
LUGAR: Feira da Viña
DÍA: 6 de marzo
HORARIO: de 10:30 a 13:30
Cartel ecoembes
XORNADA SOBRE PRODUCIÓN DE CARNE DE VACÚNA Asociación Mariñas-Betanzos (www.marinasbetanzos.gal), entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, vai a desenvolver unha xornada sobre "A produción de carne de vacún. Unha oportunidade para emprender na Biosfera", que se celebrará o próximo mércores 28 de febreiro e que terá lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo).
Esta xornada está dirixida a todas as persoas que poidan estar interesadas en poñer en marcha unha explotación gando vacún, en extensivo, Coñecendo diferentes experiencias produtivas, así como a información máis relevante para a posta en marcha dunha iniciativa deste tipo.
Calquera persoa interesada pode poñerse en contacto coa Asociación Mariñas-Betanzos, para ter máis información, así como para realizar a inscrición na xornada: 981 669 541 - info@marinasbetanzos.gal
Borrador programa
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41