Concesión de subvención destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía XuvenilA Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en data 28/10/2025, aproba ao Concello de Irixoa a concesión dunha axuda, solicitada segundo a Orde de convocatoria, do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 - 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.
Esta axuda esta cofinanciada nun 60% pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 “Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais”, Prioridade 5 “Emprego xuvenil”, Obxectivo específico ES04.1. “Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego, e en particular das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil, dos desempregados de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social”, e Medida 5.A.02. “Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas”.
O Concello contratará un peón forestal con cargo a devandita subvención e consonte coa seguinte desagregación:
Número de Traballadores: 1
PEÓN FORESTAL CNO 9543
Duración do contrato (meses): 9 meses
Xornada laboral (%): 100
O obxectivo principal é mellorar a inserción laboral das persoas mozas participantes, e máis en concreto:
1.- Desenvolver as capacidades técnicas coas que contan nun entorno laboral real.
2.- Adquirir as habilidades necesarias para desenvolverse con solvencia nun entorno laboral real: a comunicación, o traballo en equipo, a intelixencia emocional, a resolución de problemas e a adaptabilidade.
3.- Construír unha carreira profesional que lles permita adquirir autosuficiencia económica.
Os resultados que se pretenden alcanzar co desenvolvemento deste programa, son entre outros:
a) Impulsar accións que axuden a reducir o desemprego xuvenil, mellorando as taxas actuais.
b) Aumentar as oportunidades dos mozos e mozas no mercado laboral a través do coñecemento adquirido no emprego, mellorando a súa empregabilidade.
c) Axudar a encontrar una oferta de emprego tras acabar os seus estudos ou quedar desempregados/as.
FEADER: EUROPA INVISTE NO RURALA Xunta de Galicia, por medio da Consellería do Medio Rural, subvenciona ao Concello de Irixoa para a execución da obra "Mejora de firma en Morgade y otros", por un importe de adxudicación de 138.703,16 euros, cun financiamento maioritario do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento RuraLl (FEADER), outra parte é financiada pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Concello de Irixoa. A obra foi adxudicada é empresa EULOGIO VIÑAL OBRAS Y CONSTRUCCIONES S.A.
EUROPA INVISTE NO RURALA Xunta de Galicia, a través do AGADER, subvenciona ao Concello de Irixoa para a execución da obra "Mejora de firme vial Lousada de Arriba", por un importe de adxudicación de 63.285,55 euros, cun financiamento maioritario do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER); outra parte é financiada pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Concello de Irixoa. A obra foi adxudicada a CONSTRUCCIONES PONCIANO NIETO S.L.
SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN DA CORUÑA. PROGRAMA FOIC/2023O 3 de abril de 2024 a empresa STELLANTIS & YOU ESPAÑA S.A., entregou ao Concello de Irixoa un vehículo para o desprazamento do persoal de Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Trátase dun Citroën Berlingo, adxudicado en licitación pública á citada empresa, que está subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, dentro do programa de vehículos para desprazamentos do persoal SAF (BOP 05/01/2023).
Orzamento de adxudicación: 21.622,89 €
Subvención Deputación: 20.000,00 €