Novas

Obradoiro de manexo do estrés e da ansiedade

Obradoiro de manexo do estrés e da ansiedade

O 3 de Abril ás 16.30 horas celebrarase un Obradoiro de manexo do estrés e da ansiedade na Biblioteca Municipal de Irixoa. O taller impartirase por parte da Escola Galega de Saúde cidadá en colaboración co Concello de Irixoa. Necesaria inscrición previa no teléfono 981793001 ou nos Servizos Sociais Municipais

cartel

 
Extraordinarias

Dentro do mes da celebración do Día da Muller o Concello de Irixoa xunto con Cibervoluntarios organiza a actividade Extraordinarias, programa formativo gratuito destinado a mulleres emprendedoras co obxetivo de axudalas a impulsar os seus negocios mediante a capacitación en ferramentas dixitais. Levaranse a cabo dúas xornadas que se impartirán en formato online como mecanismo de conciliación. Días 18 e 19 de marzo, en horario de 19 a 21 horas. Máis información e inscrición nos Servizos Sociais Municipais ou no teléfono 981 793 001

cartel

 
Taller Suelo Pélvico

Taller de Suelo Pélvico

O día 26 de Febrero ás 16 horas no Pabellón Municipal terá lugar a celebración dun Taller Suelo Pélvico onde unha Matrona do SERGAS nos ensinará exercicios para manter en forma esa importante parte da nosa anatomía. As /os interesados/as deberán anotarse nos Servizos Sociais do Concello de Irixoa ou chamando ao 981 793 001. Prazas limitadas. Actividade de balde. Necesario acudir con roupa e calzado cómodo e unha toalla de man.

cartel

 
Taller Suelo Pélvico

Taller de Suelo Pélvico

O día 26 de Febrero ás 16 horas no Pabellón Municipal terá lugar a celebración dun Taller Suelo Pélvico onde unha Matrona do SERGAS nos ensinará exercicios para manter en forma esa importante parte da nosa anatomía. As /os interesados/as deberán anotarse nos Servizos Sociais do Concello de Irixoa ou chamando ao 981 793 001. Prazas limitadas. Actividade de balde. Necesario acudir con roupa e calzado cómodo e unha toalla de man.

 
Entroido 2024

Concurso de disfraces de Entroido o luns 12 de febreiro nunha carpa no Campo da Festa de Irixoa a partir das 23:00 horas, amenizado polo Grupo Fenix.

Premios

Individual ou parellas)

1º premio: 110 euros

2º premio: 90 euros

3º premio: 70 euros

GRUPOS (de 3 ou máis persoas)

1º premio: 210 euros

2º premio: 190 euros

3º premio: 170 euros

Nomearanse un xurado que será o encargado de outorgar os premio. O fallo dos xurado realizanrase o mesmo día do concurso. Valorarán a orixinalidade, a laboriosidade, así como a posta en escea.

 
PROGRAMA DA TVG QUEN ANDA AÍ?

Se queres asistir como público do programa Quen anda aí? da TGV o día 2 de febreiro anótate no Concello de Irixoa ata o día 26 de xaneiro. Tel. 981 793 001.

 
Novas normas transporte municipal

A partir do día 31/01/2024 cambian os horarios e normas do transporte municipal. Deberá procederse da seguinte forma: Chamar o tfno. 620349684 de 8:00 a 8:30 horas o propio día da recollida de acordo coas seguintes rutas: - Luns e xoves : Ambroa-A Viña e Mántaras - Martes e venres: Coruxou-Churío e Verís.

Bando transporte

 
Festa de Reis

As súas maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán Irixoa o día 5 de xaneiro. Os nenos e nenas poderán agardar a súa chegada no Polideportivo Municipal a partir das 16:30 horas nunha festa na que haberá inchables, xogos, obradoiros, chocolate con roscón.

 
Contacontos Moc Moc "O axudante do Nadal"

Esta actuación está incluida no convenio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Compañía: Moc Moc espectáculos

Obra: O axudante do Nadal

Día: 4 de xaneiro

Lugar: Biblioteca Municipal

Hora: 11 horas

Haberá que anotarse no tél. 981 793 001 (as nenas e os nenos anotad@s no campamento non terán que anotarse)

 
Actuación Xarope Tulú "A Lingoreteira"

O día 2 de xaneiro realizará a actuación A lingoreteira a compañía Xarope Tulú. Achegádevos que imos botar a lingua a pacer! Lingoreteira é un espectáculo para público familiar que combina a narración oral, a música e a manipulación dun monicreque. En escena, unha narradora e un músico fánnos viaxar por novos vieiros a partir da música e a palabra. Esta actuación está incluida no convenio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Compañía: Xarope Tulú

Obra: A Lingoreteira

Día: 2 de xaneiro

Lugar: Biblioteca Municipal

Hora: 12 horas

Haberá que anotarse no tél. 981 793 001 (as nenas e os nenos anotad@s no campamento non terán que anotarse)

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor