Novas
Tarxeta BenvidaTarxeta Benvida
No DOG do 20 de Xaneiro de 2020 publícase a Orde pola se establecen as bases polas que se rexerá a convocatoria e concesión da tarxeta Benvida; axuda económica destinada a familias con fillos e fillas nados, adoptados/as ou en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020.
Máis información: Departamento de Servizos Sociais no Concello de Irixoa (planta baixa) ou no teléfono: 981 793 001.
Prestación económica de pago único para fillos e fillas menores de tres anosPrestación económica de pago único para fillos e fillas menores de tres anos
O 20 de Xaneiro de 2020 publícase no DOG a Orde pola que se establecen as bases que rexerán a convocatoria e concesión da prestación económica de pagamento único por nacemento de fillas e fillos menores de tres anos.
Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa (planta baixa) ou no teléfono: 981 793 001
DOAZON DE SANGUEO vindeiro día 13 de xaneiro de 16:00 a 21:00 horas unha Unidade móbil de doazon de sangue estará ao caron do cuartel da Garda civil (campo de servizos múltiples lugar de Airavella).
Máis información
Termalismo social IMSERSO 2020Abrese o prazo para participar no proceso de adxudicacion de prazas para Termalismo Soical IMSERSO. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto ata o día 10 de xaneiro, e para as quendas de setembro a decembro ata o 15 de maio.
Máis información no Departamento de Servizos Socias do Concello, tel. 981 793 001
Termalismo IMSERSO
Prazas vacantes actividade de CesteríaPrazas vacantes actividade de Cestería
Novo comezo da actividade de Cestería o día 21 de Xaneiro. Grupo de mañá e tarde. Prazas vacantes. Otorgaranse as prazas por orde de inscrición. Apertura do prazo o día 7 de Xaneiro. Máis información e inscrición no Concello ou no teléfono 981 793 001.
Cartel actividade de Cestería
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 13/12/20191. Aprobación da acta anterior do 18-10-2019
2. Plan provincial de obras e servizos de competencia municipal POS+ 2020
3. Aprobación inicial regulamento do programa Xantar na casa
4. Dedicación dos corporativos do concello
5. Orzamento municipal 2020: estado de ingresos e gastos, persoal e bases de execución
6. Expediente de expropiación terreos para execución proxecto Ensanche e mellora camiño público Arufe – Churío
7. Regularización catastral do viario municipal no entorno da parcela 1500300NH79B0001LJ en Lousada (Verís): Conformidade de María José Pérez Ares
8. Coñecemento de resolución da alcaldía dos meses de outubro e novembro
9. Rogos
10. Preguntas
Diplomas da actividade "Uso da Medicación e Primeiros Auxilios"Diplomas da actividade "Uso da medicación de Primerios Auxilios"
Xa está a disposición de todos/as participantes o diploma acreditativo da actividade formativa desenvolta polo ACIS : "Uso da Medicación e Primeiros Auxilios", en colaboración co Concello de Irixoa.
Todas as persoas participantes poden pasar a recoller o seu diploma no Departamento de Servicios Sociais do Concello de Irixoa. Máis información no teléfono: 981 793 001.
Actividades de Nadal 2019-2020O Concello organiza para este Nadal as seguintes actividades: Patinaxe sobre xeo o día 27 de decembro, destinado a rapaces e rapazas de 5 a 18 anos, con saída ás 10:00 horas de diante do concello, inscricións ata o día 20 de decembro. Saída a Silleda Park o día 3 de xaneiro, destinado a público familiar, saída as 14:30 horas de diante do Concello, inscricóns ata o día 27 de decembro. Festa de Reis o día 5 de xaneiro no polideportivo Municipal de 14:30 a 20:30 horas, con inchables, chocolates, roscón, obradoiros e visita dos Reis Magos. Máis información e inscricións no Concello ou no tel. 981 793 001.
Cartel patinaxe sobre xeo
Cartel Silleda Park
Festa Reis
Ficha inscricion
Ficha inscricion menores
TORNEO NADAL FÚTBOL SALAOs días 26-27-28 de Decembro organizaremos o tradicional Torneo de Nadal de Fútbol Sala. A inscrición esta aberta ata o 20 de Decembro. A inscrición pode facerse ou no Concello de Irixoa no horario de 09h a 14h telf. 981 793 001 ou no Polideportivo do Xestal telf. 981 793 213.
Cartel Informativo
Actos de concentración 25NActos de concentración 25N
Hoxe a poboación de Irixoa reuniuse para mostrar a súa repulsa aos actos de violencia machista cometidos neste ano e o seu apoio incondicional ás víctimas e familiares.
Aquí tedes o extracto do manifesto lido polo noso Alcalde e diversas fotografías do apoio cidadán a dita causa.
"Hoxe nos reunimos para transmitir a nosa solidariedade e o noso compromiso coa loita contra a Violencia de Xénero.
Non é un día de festa, senón de recordo desta violencia que leva segado xa no que vai de ano máis de 50 vidas. Destrozando familias e veciñanzas ao seu paso.
Somos conscientes da lacra que supón para a nosa comunidade estas mortes o e o seu motivo. Queremos que dende Irixoa se sinta o noso apoio ás víctimas e ás familias, que ninguén, de dentro ou de fóra deste Concello se sinta desamparada, que poida contar co noso compromiso e co noso apoio.
Agradezo a vosa participación nesta iniciativa hacia o compromiso polo fomento da igualdade, deixando claro que dende este Concello manifestamos un NON ROTUNDO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA e demáis actos que perxudiquen a convivencia da nosa xente.
Unha vez máis agradezo o voso apoio e a vosa participación nestes actos conmemorativos.
Esperemos que chegue o día onde non sexa necesario reunirnos por esta causa pero mentres, ESTAREMOS AQUÍ, SEMPRE APOIANDO ÁS VÍCTIMAS.
Moitas grazas”
Máis fotos
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41