Novas

SELECCIÓN DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR 2022 (PERSOAL LABORAL TEMPORAL)

Por resolución da alcaldía do 9 de marzo de 2022, apróbanse as bases para a contratación de 1 auxiliar do servizo de axuda no fogar (SAD) e procédese á convocatoria para a contratación mediante o chamamento telefónico ás persoas incluídas nas remisións de currículos por parte do Servizo Público de Emprego.

Bases da convocatoria

 
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “MULLERES DE IRIXOA”

O Departamento de Servizos Sociais para conmemorar o día 8 de marzo “Día Internacional da Muller” realiza unha exposición de fotografías de mulleres que viven ou viviron no concello.

Son todas as que están pero non están todas as que son. Mostramos todas as que nos fixestes chegar polo que vos damos as grazas.

Con este panel queríamos dar visibilidade ao gran traballo e esforzó cotiá das mulleres nas máis variadas labores dentro e fóra da casa.

Grazas, aboas, nais, tías, amigas, por e para vós. Velaí queda o noso recoñecemento a todas, e o noso agradecemento por todo o que nos distes e nos deixastes.

Algunhas xa non se atopan entre nos, pero temos estas fotografías como testemuño do que foi a súa vida.

Gardarémolas para sempre igual que o seu recordo no noso corazón.

Esperamos que veñades velas! O panel está situado no corredor de Servizos Sociais na planta baixa do Concello.

 
 
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 DE MARZO

O vindeiro día 8 de marzo, como todos os anos, celebraremos o Día Internacional da Muller e necesitamos a vosa colaboración para que nos aportedes fotografías de mulleres na vida cotiá, antigas e novas, en branco e negro ou a cor. Con elas pretendemos facer un mural no que se reflicta a labor e traballo das mulleres ao longo do tempo.

Ese traballo diario, caladiño, sen vacacións e invisible a case todos os ollos, e polos que elas non perciben recoñecemento, salario nin pensión.

Este mural será exposto na planta baixa e na páxina web do concello e as fotografías serán escaneadas. Se nos deixades o orixinal, poñeremos por detrás o nome da persoa propietaria e se devoverán unha vez rematado o mes de marzo no que desfaremos o mural.

Recollerémolas no Concello e para que as podamos amosar públicamente tamén será necesario que nos firmedes unha autorización de cesión cando as traiades.

Esperamos a vosa participación!!!!!!!!!!!

Máis información no teléfono do Concello 981793001 ou no Departamento de Servizos Sociais.

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 09/02/2022

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 22/12/2021

2. POS+ ADICIONAL 1/2022 para o financiamento de gastos sociais extraordinarios

3. Rogos

4. Preguntas

 
 
Reis Magos 2021

O día 5 de xaneiro os Reis Magos realizarán un recorrido por Irixoa a partir das 15:30 horas.

Se queres que pasen pola túa casa anótate no Concello ata o día 29 de decembro, tel. 981 793 001.

Cartel Reis Magos

 
ACTUACIÓNS DURANTE O NADAL

Actuacións previstas durante o Nadal:

27 de decembro: Duende Sico con A mestra da lingua.

29 de decembro: Magin Blanco con O que levamos nas maletas

30 de decembro: Moc Moc con Pequedisco Moc Moc

31 de decembo: Mere Clown con Aparvaolimpiadas

5 de xaneiro: Patti Difhusa

Inscricións: Concello de Irixoa, teléfono 981 793 001 ata completar aforo

A mestra da lingua

O que levamos nas maletas

Moc Moc

Patty Diphusa

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 22/12/2021

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 29/09/2021

2. Orzamento 2022: estados económicos, bases e persoal

3. Defensa xurídica no recurso contencioso do P.A. 252/2021 DO Xulgado contencioso-administrativo nº 4 da Coruña: José Martín Espiñeira Cal

4. Moción do GRUPO MUNICIPAL POPULAR de apoio ás Forzas e Corpos de Seguridade e de non modificación da Lei de seguridade cidadán

5. Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal POS+ 2022

6. Moción do GRUPO MUNICIPAL POPULAR de defensa e dinamización do sector lácteo galego

7. Rogos

8. Preguntas

 
CONVOCATORIA DE TERMALISMO SOCIAL IMSERSO 2022

Ábrese a convocatoria de Termalismo Social IMSERSO 2022

Poderán participar que reúnan algún dos seguintes requisitos:

a. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.

b. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

c. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

d. Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

Prazo das solicitudes :

1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 31 de decembro de 2021.

2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2022

.

Lugar de presentación: Servizos sociais municipais, concello de Irixoa

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor