Novas
Taller Suelo PélvicoTaller de Suelo Pélvico
O día 26 de Febrero ás 16 horas no Pabellón Municipal terá lugar a celebración dun Taller Suelo Pélvico onde unha Matrona do SERGAS nos ensinará exercicios para manter en forma esa importante parte da nosa anatomía. As /os interesados/as deberán anotarse nos Servizos Sociais do Concello de Irixoa ou chamando ao 981 793 001. Prazas limitadas. Actividade de balde. Necesario acudir con roupa e calzado cómodo e unha toalla de man.
Entroido 2024Concurso de disfraces de Entroido o luns 12 de febreiro nunha carpa no Campo da Festa de Irixoa a partir das 23:00 horas, amenizado polo Grupo Fenix.
Premios
Individual ou parellas)
1º premio: 110 euros
2º premio: 90 euros
3º premio: 70 euros
GRUPOS (de 3 ou máis persoas)
1º premio: 210 euros
2º premio: 190 euros
3º premio: 170 euros
Nomearanse un xurado que será o encargado de outorgar os premio. O fallo dos xurado realizanrase o mesmo día do concurso. Valorarán a orixinalidade, a laboriosidade, así como a posta en escea.
PROGRAMA DA TVG QUEN ANDA AÍ?Se queres asistir como público do programa Quen anda aí? da TGV o día 2 de febreiro anótate no Concello de Irixoa ata o día 26 de xaneiro. Tel. 981 793 001.
Novas normas transporte municipalA partir do día 31/01/2024 cambian os horarios e normas do transporte municipal.
Deberá procederse da seguinte forma:
Chamar o tfno. 620349684 de 8:00 a 8:30 horas o propio día da recollida de acordo coas seguintes rutas:
- Luns e xoves : Ambroa-A Viña e Mántaras
- Martes e venres: Coruxou-Churío e Verís.
Bando transporte
Festa de ReisAs súas maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán Irixoa o día 5 de xaneiro. Os nenos e nenas poderán agardar a súa chegada no Polideportivo Municipal a partir das 16:30 horas nunha festa na que haberá inchables, xogos, obradoiros, chocolate con roscón.
Contacontos Moc Moc "O axudante do Nadal"Esta actuación está incluida no convenio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Compañía: Moc Moc espectáculos
Obra: O axudante do Nadal
Día: 4 de xaneiro
Lugar: Biblioteca Municipal
Hora: 11 horas
Haberá que anotarse no tél. 981 793 001 (as nenas e os nenos anotad@s no campamento non terán que anotarse)
Actuación Xarope Tulú "A Lingoreteira"O día 2 de xaneiro realizará a actuación A lingoreteira a compañía Xarope Tulú. Achegádevos que imos botar a lingua a pacer! Lingoreteira é un espectáculo para público familiar que combina a narración oral, a música e a manipulación dun monicreque. En escena, unha narradora e un músico fánnos viaxar por novos vieiros a partir da música e a palabra.
Esta actuación está incluida no convenio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Compañía: Xarope Tulú
Obra: A Lingoreteira
Día: 2 de xaneiro
Lugar: Biblioteca Municipal
Hora: 12 horas
Haberá que anotarse no tél. 981 793 001 (as nenas e os nenos anotad@s no campamento non terán que anotarse)
IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADALGAÑADORES/AS CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Onte reuniuse o xurado para elexir entre as postais de Nadal presentadas as/os gañadoras/es do VI Concurso de postais de Nadal do Concello de Irixoa, resultando gañadoras as postais de:
Categoría de 3 a 5 anos:
Manu Riobo Bonome
Categoría de 6 a 8 anos:
Manuela Vidal Cal
Categoría de 9 a 12 anos
Emma Pérez López
Noraboa a tod@s s premiad@s, A elección foi dificil xa que se presentaron moitas postais.
Inventi teatro presenta "As palabras perdidas"
Actuación incluÍda no convenio do Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña que se realizará o día 29 de decembro na Biblioteca Municipal de Irixoa ás 12:00 horas. Público familiar.
Necesaria inscricion: tél. 981 793 001 (nenas e nenos anotad@s no campamento de Nadal non necesitarán inscribirse.
Actuación de Vero Rilo "Cacho animalada"
A narradora Vero Rilo realizará a actuación de narración oral CHACHO ANIMALADA! . Sesión de narración oral e música para público infantil e as súas familias. Vero Rilo vai acompañada da guitarra e voz de Luis Iglesias.
Día: 27 de decembro
Lugar: Biblioteca Municipal de Concello de Irixoa
Hora: 12:00
Será necesaria inscrición: tél. 981 793 001
Os nenos e as nenas que están anotad@s no campamento de Nadal non necesitarán inscribirse.
Está actuación está financiada no programa de Deputación Provincial da Coruña, Rede Cultural
Cultura da Deputación da Coruña
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41