Novas

CURSO FORMATIVO SOBRE XESTIÓN INTEGRAL DE PIÑEIROS

O Concello de Irixoa colabora coa empresa FORESIN no desenvolvemento dun curso formativo teórico práctico para aprender a facer unha xestión integral de piñeiros.

O que se pretende co mesmo é ensinar as diferentes actividades complementarias co aproveitamento da madeira: a resina, os cogomelos e o gando.

O curso curso terá lugar entre o 24 de setembro e o 30 de outubro no Local social de Verís Baixos os venres de 15:00 a 19:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.

Esta acción está impulsada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria e aprobada dentro do Plan de Transferencia ao agro galego 2021.

Se che interesa a participación neste curso, reserva a túa praza na dirección de correo información@foresin.es ou chamando ao 680 20 83 20.

FICHA DO CURSO

 
Actividade de Karts

O vindeiro día 12 de agosto realizaremos a actividade de karts. Nesta actividade poderán participar persoas empadroadas en Irixoa, os menores de 7 anos terán que ir acompañados por unha persoa adulta. Prezo 15 €. Saída de diante do Concello ás 9:15 horas, a chegada está por determinar. A actividade inclúe: transporte, ruta de sendeirismo, 1 volta nos cars, canoa, comida e merenda. Haberá que ir con mascarilla, levar toalla, bañador, crema solar e gorra. Máis información e inscricións tel. 981 793 001.

 
Os contos de Pablisimo presenta "Príncipas e princesos"

Actuación que se realizará o día 3 de agosto no exterior do Polideportivo Municipal. Esta actuación está destinada aos nenos e as nenas que participan no Campamento de verán, aínda que se abre un prazo de inscrición ata completar aforo ata o día 2 de agosto, no tél. 981 793 001. Actuación subvencionada no Programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 30/07/2021

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 23/06/2021

2. Corrección de erros na acta da sesión plenaria do 15/04/2021

3. Conta Xeral exercicio 2020

4. Festivos locais 2022

5. Aprobación proxectos de obras de financiamento municipal

6. Expediente de modificación orzamenaria 6/2021

7. Modificación ordenanza fiscal nº 12 Taxa do subministro de auga potable

8. Coñecemento de resolucións da alcaldía de meses anteriores

 
Actuación "Rokeamos todas con Pakolas"

O día 28 de xullo no exterior do polideportivo municipal teremos a actuación "Rokeamos todas con Pakolas" incluída no programa financiado pola Xunta de Galicia "Ler conta moito". Terán preferencia os nenos e as nenas que participan no campamento, aínda que se poderán anotar nenos e nenas que non participan, ata completar aforo. Máis información e inscricións tel, 981 793 001.

 
Actividade de Rafting

Actividade programada para o día 27 de xullo, con saída ás 14:30 horas de diante do Concello. Poderán participar persoas maiores de 10 anos empadroadas en Irixoa.Ten un prezo de 15 €. Máis información e inscricións no tel. 981 793 001.

 
Aquapark de Cerceda

O día 22 de xullo o Concello organiza unha saída ao Aquapark de Cerceda. Nesta saída soamente poderán participar as persoas empadroadas en Irixoa e ten un prezo de 10 €. Saída ás 11:00 horas diante do Concello e a chegada ás 20:30 horas. Inclúe: transporte, entradas ao parque, comida, merenda. Máis información e inscricións tél. 981 793 001.

 
Taller "Coidando o Coidador"

Taller "Coidando o Coidador"

Por mor da falta de asistencia aprázase a celebración deste taller ata nova convocatoria.

 
Actuación Monstros no camiño de Teatro Ghazafelhos

O día 14 de xullo no polideportivo Municipal ás 12:00 horas a compañía Teatro Ghazafelhos actuará para os nenos e as nenas do campamento coa obra Monstros no Camiño. Se hai algún neno/a que non participe no campamento que queira asistir a función terá que anotarse antes do 12 de xullo no tel. 981 793 001. Esta obra está subvenciónada pola Deputación da Coruña no Programa Rede Cultural.

 
BOLSA DE TRABALLO AUXILIARES SAF

Na Xunta de Goberno Local do 25/06/2021 aprobáronse as bases para a selección de persoal auxiliar do S.A.F. Publícase a acta de valoración das persoas aspirantes para a incorporación á bolsa de traballo de auxiliares S.A.D. así como a proposta de contratación.

Acta de valoración

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor