Novas
RESERVA DE PRAZAS NA CASA DO NENO DE IRIXOAA casa do neno de Irixoa "Novo amencer" abre o prazo para a reserva de prazas para curso 2022-2023. A casa e un servizo particular para nenos e nenas de ata 3 anos empadroad@s en Irixoa. Tel. 699 549 483, Luz Trenco.
EXCURSIÓN A PORTUGAL (FEIRA DO CERDAL) E TUIDía: 12 de xuño de 2022
Visita a:
Feira mensual Cerdal (ValenÇa)
Catedral de Tui
Saída: 8:30 horas da Casa do Concello de Irixoa.
Prezo: 30 €
persoas empadroadas en Irixoa subvención dun 50%
Incluído: transporte, comida e entradas
Terán preferencia as persoas empadroadas en Irixoa. As non empadroadas poderán ir se hai prazas libres.
Inscricións ata o día 8 de xuño. tel. 981 793 001.
CAMPAMENTO VERÁN 2022
O concello de Irixoa organiza para o verán un Campamento dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos, que se realizará no Polideportivo Municipal desde o día 27 de xuño ao 2 de setembro de 9:30 a 14:00 horas, de luns a venres.
Haberá saídas, xogos, maxia, musica, obradoiros...
Quendas:
1ª quenda: 27 de xuño ao 15 de xullo.
2ª quenda: 18 de xullo ao 9 de agosto.
3ª quenda: do 11 de agosto ao 2 de setembro.
Prezo: 34 € quenda
Descontos:
50% menores empadroados en Irixoa
Familia numerosa, monoparental, familias con un so membro traballando, familias cos dous proxenitores en desemprego...
Ata o día 10 de xuño está aberto o prazo para a preinscrición na 1ª quenda.Terán preferencia os nenos e as nenas empadroados/as en Irixoa. Máis información 981 79 30 01.
PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2022Estimadas familias,
desde o Departamento de Servizos Sociais e o Departamento de Cultura do Concello de Irixoa queremos darvos a coñecer o programa que preparamos para festexar o día das Letras Galegas deste 2022.
VENRES, 13 DE MAIO
Terá lugar no Campo da Feira da Viña a partir das 19:00 h un acto pensado para toda a familia no que poderemos disfrutar da presenza da actriz LORENA PINHEIRO contando historias co monólogo “2 PASOS, 25 PESETAS”
e coa música en directo de PACO NOGUEIRAS que nos presentará o seu novo álbum “EXTRA”
XOVES, 19 DE MAIO
Ás 11:30 h na Biblioteca Municipal Magín Blanco presenta o espectáculo musical GATUXO, pensado para nenos e nenas de ata 6 anos.
Contamos coa vosa presenza para poder pasar un tempo de lecer onde as risas e a diversión van estar garantizadas
Cartel letras galegas
Gatuxo musical
DOAZÓN DE SANGUEDoa sangue o día 9 de maio de 16:30 a 21:00 horas na unidade móbil ao carón do cuartel da Garda Civil de Irixoa, no lugar de Airavella (Irixoa)
Excursión á Mariña LucenseEXCURSIÓN Á MARIÑA LUCENSE
O vindeiro día 14 de maio realizaremos unha excursión á Mariña Lucense. A saída ten un prezo de 30 €, as persoas empadroadas en Irixoa terán unha subvención de 15 €. Terán preferencia os/as empadroados/as en Irixoa, as persoas non empadroadas poderán ir se hai prazas libres. Máis información e inscricións ata o día 10 de maio no tel. 981 793 001.
Campamento de verán organizado pola Deputación da CoruñaA deputación da Coruña organiza un campamento de verán para nen@s de entre 9 e 14 anos.
O campamento ten a sua sede no IES Rosalía Mera na Coruña. A quenda que ten asignada o Concello de Irixoa é do 26 de xuño o 1 de xullo.
No campamento realizaranse diferentes actividades tales como, deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais, etc.
Inscricións no concello ata o 20 de maio.
A actividade ten un custo de 85 euros.
Cartel
Formulario
FORMACIÓN TIC PARA PERSONAS MAYORES EN ZONAS RURALES
O martes 26 e o xoves 28 de abril a Asociación "Ciber Voluntarios" impartirá na biblioteca Municipal de Irixoa, en horario de 16:30 a 19:30 horas, unhas xornadas "Haz clic con la tecnología: ExpertClick", sobre novas tecnoloxías dirixido a persoas maiores. As xornadas versarán sobre videochamadas, banca on-line, pedir citas médicas, Redes Sociais... As persoas interesadas deberán inscribirse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa, tel. 981 793 001.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41