Novas

VALORACIÓN DE MÉRITOS FORMACIÓN DE BOLSA DE CONTRATACIÓN AUXILIARES SAF E PROPOSTA DE CONTRATACIÓN

Publícase a acta da Comisión valoradora para a formación da bolsa de contratación de auxiliares SAF.

Acta

 
Loita contra a vespa velutina

Para a elimininación da praga da vespa velutina e imprescindible a colaboración cidadá coa colocación de trampas con liquido atraente. Con estas trampas se eliminan as raíñas que saen co bo tempo e crean novos niños. As persoas interesadas na colocación de trampas poden acudir ao concello para recoller liquido atraente e trampas. Deberán preguntar por Carlos.

 
CAMPAMENTO SEMANA SANTA

Durante as vacacións de Semana Santa, os días 11, 12, 13 e 18 de abril, realizaremos un campamento no Polideportivo Municipal en horario de 9:30 a 14:00 horas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prezo 10 €, nenas e nenos empadroadas/as 5 €. Máis información tel. 981 793 001.

 
Taller de memoria

Memoria

o día 20 de abril comezará un taller de memoria que se realizará na Biblioteca Municipal todos os mércores ás 10:00 horas. As prazas son limitadas. Máis información e inscricións no Departamento de Servizos Socias, tel. 981 793 001.

 
ORDE DO DÍA DO PLENO EXTRAORDINARIO DO 30/03/2022

1. Aprobación da acta da sesión anterior do 09/02/2022

2. Modificación orzamentaria 3/2022

3. Sistema de notificacións telemáticas a corporativos

4. Desafectación tramo de camiño en Oleira de Abaixo (Coruxou): Tomás Sánchez Díaz

5. Perturbación de camiño de uso público en Cerro (Churío)

6. Moción do Grupo Municipal PP sobre medidas de xestión de efectos da invasión rusa de Ucraína

7. Moción do Grupo Municipal PSdeG-PSOE sobre posición de rexeitamento da invasión rusa de Ucraína

8. Moción do Grupo Municipal PSdeG-PSOE sobre medidas económicas e sociais diante da crise da invasión rusa de Ucraína

9. Coñecemento de resolución da alcaldía de aprobación da liquidación orzamento 2021

10. Coñecemento da resolución da alcaldía de solicitude de subvención Plan concertado de servizos sociais (Xunta de Galicia)

11. Coñecemento de resolución da alcaldía de meses anteriores

12. Mocións de urxencia

13. Rogos

14. Preguntas

 
CONVOCATORIA BOLSA DE CONTRATACION TRACTORISTAS

No BOP do 29 de marzo de 2022 publícase a convocatoria para a incorporación á listaxe de bolsa de contratación laboral de tractoristas.

Desta listaxe seleccionaranse para este ano 4 persoas para un periodo de 6 meses en xornada de 30 horas semanais.

Prazo para presentación de instancias: ata o 8 de abril de 2022

Lugar de presentación:

Oficinas do concello os días laborables en horario de 9 a 14 horas

Sede electrónica do concello as 24 horas (utilizarase o trámite "Solicitude xeral" anexando toda a documentación.

INSTANCIA

BASES

 
PROCESO SELECTIVO EDUCADOR/A FAMILIAR: VALORACIÓN DE MÉRITOS

Publícase a acta de valoración de méritos das persoas candidatas no proceso selectivo de educador/a familiar.

ACTA TRIBUNAL

 
FALLO DO “II CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”

O venres 18 de marzo de 2022 procedeuse a fallar o “ II CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” no cal propoñíamos aos nenos do Colexio Virxe da Cela de Monfero que realizara un debuxo ou traballo similar relacionado co título do concurso.

Os gañadores do mencionado concurso son:

No grupo de 3 a 7 anos: Ana Bouzón Teijo por “As mulleres poden ser o que queiran”

No grupo de 8 a 12 anos: Martina Blanco Balsa por “Non á violencia de xénero”

Resultou moi difícil escoller aos gañadores, sobre todo, do primeiro grupo porque todos fixeron un traballo moi bo e creativo.

Noraboa!!!!!!

Participantes

 
CONTRATACIÓN DE 3 PEÓNS DE OBRAS PARA O PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL (PEL CONCELLOS 2022)

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 11 de marzo de 2022, apróbanse as bases para a contratación laboral temporal urxente de 3 peóns de obras.

Bases PEL-CONCELLOS 2022

 
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE SUBSTITUCION DE EDUCADOR/A FAMILIAR

Por acordo da Xunta de Goberno Local do 11 de marzo de 2022, apróbanse as bases para a contratación laboral temporal urxente de 1 educador/a familiar polo sistema de concurso de méritos.

Bases convocatoria

Instancia

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   41   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor