Novas
Campamento de NadalO Concello de Irixoa oferta dentro do Plan Corresponsables (Irixoa concilia), subvencionado polo Ministerio de Igualdade, a través da Consellería de Politica Social e Igualdade, un espazo de coidado de menores de 3 a 15 anos coa contratación de profesionais do sector dos coidados, no polideportivo e Biblioteca Municipal.
Neste espazo de conciliación os/as menores realizarán actividades deportivas, lúdicas, educativas, sempre cun enfoque igualitario.
Haberá ademáis actuacións teatrais, musicais financiadas dentro da Rede Cultural que promociona a Deputación Provincial da Coruña, as que poderán asistir tamén as familias.
O Campamento de nadal será desde o día 22 de decembro ao día 5 de xaneiro, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
De acordo coa ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades, deportivas, culturais e outas actividades de carácter puntual (publicada no BOP nº 182 de mércores 24 de setembro de 2025), o campamento tera un:
Prezo: 20 € nen@s empadroad@s/10 € a semana.
60 € nen@s non empadroad@s/30 € a semana.
As familias con dificultades económicas, renda baixa,etc. poderán solicitar a exención ou distintas bonifcacións dependendo da súa situación. Terán que solicitalo e achegar a documenación que acredite a súa situación.
Prazo de inscrición ata o día 12 de decembro.
Concentración 25NConcentración 25N
Agradecemos a participación de toda a veciñanza que se acercou ata o Concello este 25N e secundou a iniciativa municipal. Moitas grazas a todos / as.
25 N Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres25 N
O Concello de Irixoa súmase o movemento de repulsa contra as violencias exercidas contra as mulleres.
Este martes, 25 de Novembro ás 12 horas, levarase a cabo unha lectura do manifesto no Concello onde os veciños e veciñas poderán demostrar o seu apoio e solidariedade ás vítimas así como o seu rexeitamento ante estes actos de violencia.
VIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADALCategorías:
3-5 anos 6-8 anos
9-11 anos 12-14 anos
Premio de vale regalo de 70 € en cada categoría.
Poderán participar menores ata 14 anos, empadroad@s no Concello de Irixoa.
A postal/postais levará na parte traseira un título e a idade do/a participante, se introducirán nun sobre que levará o nome e apelidos e idade do neno/nena na solapa. Entregarase xunto co formulario de solicitude.
Correo ordinario a:
Concello de Irixoa
Pazo de Irixoa, 6A
15313 Irixoa (A Coruña)
ou presencialmente nas oficinas xerais do Concello de Irixoa de 9:00 a 14:00 horas.
Prazo de entrega de postais ata o día 28 de novembro.
Bases
Solicitude de participación
Experiencias interculturais e interxeracionais das mulleres no ruralExperiencias interculturais e interxeracionais das mulleres no rural
Xornada para compartir saberes, experiencias e fortalezas, celebrando o papel das mulleres na construcción de comunidades rurais. Nesta xuntanza contaremos coa participación de lideresas comunitarias de Guatemala e El Salvador.
Acto organizado por Arquitectura Sen Fronteiras.
Actividade aberta a toda a veciñanza.
Xoves 20 de Novembro ás 16.30 horas
Biblioteca Municipal de Irixoa
cartel
Datas Inspección Maquinaria Agrícola unidade móbil 2025A empresa Supervisión y Control S.A comunica os horarios e días asignados a este concello no ano 2025 para a inspección de maquinaria agricola que serán:
17,18,19,20,21,22,23 - 29,30 de decembro
Horario:
Mañá: 9:00 a 13:30
Tarde: 15:15 a 18:00 horas (o venres día 19 non abrirá pola tarde)
Cita previa no teléfono 981 92 80 80 ou na web: www.sycitv.com
A unidade móbil estará ubicada no Campo da Feira en Chao da Viña.
Taller Expres Arte Taller Expres Arte
O Concello de Irixoa organiza coa financiación do Programa de Envellecemento Activo da Deputación da Coruña catro sesións nas que exploraremos diferentes disciplinas artísticas que nos axudarán a conectar connosco e a relaxarnos. Programa de envellecemento Activo, destinado a persoas maiores de 60 anos, preferentemente empadroadas. Máis información e inscricións nos Servizos Sociais Municipais ou no teléfono 981793001
cartel Expres Arte
CONVOCATORIA ACTO PÚBLICO CONTRA O XENOCIDIO DO POBO PALESTINO EN GAZACONVOCATORIA ACTO PÚBLICO CONTRA O XENOCIDIO DO POBO PALESTINO EN GAZA
Mañá venres 19 de setembro ás 12 horas terá lugar diante do edificio do Concello un acto público de rexeitamento e repulsa, dun minuto de silencio, contra o xenocidio perpetrado contra o pobo palestino que está tendo lugar en Gaza polo goberno Israelí.
Convócase a toda a veciñanza que se una a nós como acto de solidariedade.
Sobes ao autobús do teatro. Obra: A serie ClopenO día 2 de outubro o autobús do teatro pasará por Irixoa e nos levará ao Salón Teatro en Santiago de Compostela para disfrutar da obra "A serie Clopen", do Centro Dramático Galego, unha obra chea de ”Acrobacias imposibles, aéreos impactantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora.
Saída da Casa do Concello ás 15:20 horas.
Prazas limitadas, inscrición antes do día 29 de setembro, no tél. 981793001- 699485700, mail, elisa.alonso@irixoa.es, ou acudindo as oficinas do concello
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23