Novas

ACTIVIDADES DE VERÁN 2002

28 de xuño: Rafting

7 de xullo: aquapark

29 de xullo: multiaventura

3 de agosto: Tirolina Mera

12 de agosto: Peinbol

19 de agosto: cars

Máis información e Inscricións tél. 981 793 001.

 
Excursión á Ribeira Sacra Lucense

Día: 10 de xullo de 2022

Visita a:

Mirador

Paseo en catamarán

Paseo en tren turístico polo viñedos

Visita a unha bodega con desgustación

Saída: 8:15 horas da Casa do Concello de Irixoa.

Prezo: 40 €

as persoas empadroadas en Irixoa subvención dun 50%, polo tanto 20 €.

Incluído: transporte, comida no restuarante a Cantina, menú: empanada, a elexir xarrete au año, postre, café, bebidas.

Terán preferencia as persoas empadroadas en Irixoa. As non empadroadas poderán ir se hai prazas libres.

Inscricións ata o día 1 de xullo. tel. 981 793 001.

 
EXCURSIÓN A PORTUGAL (FEIRA DO CERDAL) E TUI

Día: 12 de xuño de 2022

Visita a:

Feira mensual Cerdal (ValenÇa)

Catedral de Tui

Saída: 8:30 horas da Casa do Concello de Irixoa.

Prezo: 30 €

persoas empadroadas en Irixoa subvención dun 50%

Incluído: transporte, comida e entradas

Terán preferencia as persoas empadroadas en Irixoa. As non empadroadas poderán ir se hai prazas libres.

Inscricións ata o día 8 de xuño. tel. 981 793 001.

 
CAMPAMENTO VERÁN 2022

O concello de Irixoa organiza para o verán un Campamento dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos, que se realizará no Polideportivo Municipal desde o día 27 de xuño ao 2 de setembro de 9:30 a 14:00 horas, de luns a venres.

Haberá saídas, xogos, maxia, musica, obradoiros...

Quendas:

1ª quenda: 27 de xuño ao 15 de xullo.

2ª quenda: 18 de xullo ao 9 de agosto.

3ª quenda: do 11 de agosto ao 2 de setembro.

Prezo: 34 € quenda

Descontos:

50% menores empadroados en Irixoa

Familia numerosa, monoparental, familias con un so membro traballando, familias cos dous proxenitores en desemprego...

Ata o día 10 de xuño está aberto o prazo para a preinscrición na 1ª quenda.Terán preferencia os nenos e as nenas empadroados/as en Irixoa. Máis información 981 79 30 01.

 
PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2022

Estimadas familias,

desde o Departamento de Servizos Sociais e o Departamento de Cultura do Concello de Irixoa queremos darvos a coñecer o programa que preparamos para festexar o día das Letras Galegas deste 2022.

VENRES, 13 DE MAIO

Terá lugar no Campo da Feira da Viña a partir das 19:00 h un acto pensado para toda a familia no que poderemos disfrutar da presenza da actriz LORENA PINHEIRO contando historias co monólogo “2 PASOS, 25 PESETAS”

e coa música en directo de PACO NOGUEIRAS que nos presentará o seu novo álbum “EXTRA”

XOVES, 19 DE MAIO

Ás 11:30 h na Biblioteca Municipal Magín Blanco presenta o espectáculo musical GATUXO, pensado para nenos e nenas de ata 6 anos.

Contamos coa vosa presenza para poder pasar un tempo de lecer onde as risas e a diversión van estar garantizadas

Cartel letras galegas

Gatuxo musical

 
DOAZÓN DE SANGUE

Doa sangue o día 9 de maio de 16:30 a 21:00 horas na unidade móbil ao carón do cuartel da Garda Civil de Irixoa, no lugar de Airavella (Irixoa)

 
Excursión á Mariña Lucense

EXCURSIÓN Á MARIÑA LUCENSE O vindeiro día 14 de maio realizaremos unha excursión á Mariña Lucense. A saída ten un prezo de 30 €, as persoas empadroadas en Irixoa terán unha subvención de 15 €. Terán preferencia os/as empadroados/as en Irixoa, as persoas non empadroadas poderán ir se hai prazas libres. Máis información e inscricións ata o día 10 de maio no tel. 981 793 001.

 
Campamento de verán organizado pola Deputación da Coruña

A deputación da Coruña organiza un campamento de verán para nen@s de entre 9 e 14 anos. O campamento ten a sua sede no IES Rosalía Mera na Coruña. A quenda que ten asignada o Concello de Irixoa é do 26 de xuño o 1 de xullo. No campamento realizaranse diferentes actividades tales como, deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais, etc. Inscricións no concello ata o 20 de maio. A actividade ten un custo de 85 euros.

Cartel

Formulario

 
Loita contra a vespa velutina

Para a elimininación da praga da vespa velutina e imprescindible a colaboración cidadá coa colocación de trampas con liquido atraente. Con estas trampas se eliminan as raíñas que saen co bo tempo e crean novos niños. As persoas interesadas na colocación de trampas poden acudir ao concello para recoller liquido atraente e trampas. Deberán preguntar por Carlos.

 
CAMPAMENTO SEMANA SANTA

Durante as vacacións de Semana Santa, os días 11, 12, 13 e 18 de abril, realizaremos un campamento no Polideportivo Municipal en horario de 9:30 a 14:00 horas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prezo 10 €, nenas e nenos empadroadas/as 5 €. Máis información tel. 981 793 001.

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor