Novas

Charla sobre Prevención de Atropelos

O xoves 2 de marzo terá lugar unha charla sobre Prevención de Atropelos impartida por o Coordinador Provincial de Educación Vial. Na Biblioteca Municipal de Irixoa, ás 16.30. Inscricións no teléfono 981 793 001 ou nos Servizos Sociais do Concello de Irixoa. Todos os asistentes recibirán un chaleco reflector. Actividade de balde.

cartel prevención atropelos

 
FESTA DE REIS

As súas maxestades os Reis Magos de Oriente volven visitar Irixoa o día 5 de xaneiro. Haberá un gran Festa con inchables, xogos, música. chocolatada...e como non a visita das súas maxestades, a partir das 16:30 horas no Polideportivo Municipal de Irixoa.

 
CESIÓN DE USO DE COMPOSTEIROS

Durante o mes de novembro de 2022 realizouse unha convocatoria para solicitudes de compsteiros pola veciñanza, aínda quedaron composteiros dispoñibles para repartir entre novos veciños interesados.

Estes composteiros están finaciados por fondos NextGeneretion-EU xestionados pola Xunta de Galicia. Grazas a esta subvención o concello e os veciños contribuirán a unha mellora medioambiental, con redución da cantidade de lixo producido e das viaxes de recollida, e farán máis sostible o servizo de recollida de lixo, tanto a nivel ambiental como económico

O novo prazo para solicitar un composterio queda comprendido dende o 12 ao 31 de decembro de 2022, ambos incluídos.

Bando

Impreso de solicitude

 
POSTAIS GAÑADORAS DO V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Resultaron gañadoras do V Concurso de postais de Nadal 2022 organizado polo Concello de Irixoas as seguintes postais: Categoría de 3 a 7 anos: Fiz Doutón Arangüena. 4 anos Categoría de 8 a 12 anos: Martín Amenedo Carballeira. 9 anos Noraboa e moitas gracias a tod@s @s participantes, Foi unha elección difícil!!

Acta xurado

 
CAMPAÑA NEVE 2023 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña pon en marcha a campaña neve para o 2023 na estación de Valgrande-Pajares destinada a rapaces/zas de 12 a 15 anos. O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas. Os participantes desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación. Cada participante abonará unha cota de inscrición de 85€. O prazo de inscricións esta aberto ata o 16 de decembro mais información no telf. 981 793 001

Cartel

Folleto informativo e folla de inscrición

 
CAMPAMENTO DE NADAL

O departamento de Cultura do Concello de Irixoa organiza un campamento durante as vacacións de Nadal, para facilitar a conciliación das familias con nenos e nenas de 3 a 14 anos. O campamento realizarase do 26 de decembro ao 5 de xaneiro en horario de 9:30 a 14:00 horas. Prezo, 20 €, cun 50% de desconto para nenas/os empadroad@s en Irixoa. Maís información e inscricións ata o día 20 de decembro, tel. 981 793 001.

 
Programa Quen anda aí?

O día 25 de outubro asistiremos como público ao progama da Galega Quen anda aí?. Sairemos ás 14:00 horas de diante do Concello. Máis información e inscricións ata o día 20 de outubro, tel. 981 793 001.

 
DÍA DA BICI 2022

O día 8 de outubro teremos o tradicional Día da Bici no que visitaremos diferentes parroquias do concello. A hora de saída será as 16h diante do concello regresando as 18h aprox. Será obrigatorio o uso de casco. Inscricións ata o 30 de setembro. Prazas limitadas, terán preferencia empadroados. + inf no Concello ou no telf 981 793 001

Cartel Día da Bici

Ficha Inscrición

 
POSIBLES CORTES DE AUGA

A alcaldia pide a veciñanza que faga un consumo de auga responsable xa que este episodio de seca está afectando moi negativamente aos mananciais que surten aos abastecementos municipais. Si a veciñanza non colabora e manten os consumos excesivos, o Concello estudará realizar cortes do suministro desde o día 15 de agosto, que en principio serán de 12 horas. Non están autorizados os usos de rega e de enchido de piscinas, as sancións por infraccións neste tema poden ir desde 50 a 1.000 €. O Concello agarda a colaboración de toda a veciñanza para evitar medidas drásticas de reducción ou restrincións de auga á poboación.

 
OBRADOIROS PARA MELLORA DA CALIDADE DA VIDA DAS PERSOAS

Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa e a través da FUNDACIÓN MUJERES vanse impartir dous talleres co fin de mellorar a calidade de vida das persoas e en especial de aquelas que estén a cargo de persoas enfermas. Impartiranse todos os mércores do mes de setembro e o primeiro mércores de outubro en horario de 10:00 a 12:00 h na Biblioteca Municipal Podes anotarte en Servizos Sociais do Concello ou chamando ó 981793001

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor