Novas
ACTIVIDADES DE AVENTURAO día 25 de agosto iremos ao parque multiaventura "Eco parque Marín", nesta actividade faremos circuitos arbóreos-tirolina: circuitos suspendidos nas árbores, 2 de inciación e outros 4 con distinta dificultude e altura. Pola tarde iremos a praia. Haberá que levar roupa cómoda, toalla, bañador, crema solar, gorra. A actividade ten un prezo de 15 € e inclúe: transporte, circuitos arbóreos, comida, merenda. Saída ás 9:15 horas e chegada ás 21:00 horas aproximadamente.
O día 30 de agosto teremos a actividade de peinbol. Iremos pola maña, con saída ás 10:30 horas, a un campo de Taboada (Monfero). Chegaremos sobre ás 14:00 horas. Prezo 15 €.
Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.
Cartel
Actividade "Faremos un cartel" co ilustrador Michel CasadoEsta actividade está subvencionada dentro do Programa da Xunta de Galicia "Ler conta Moito". Os nenos e nenas participantes no campamento urbano aprenderán como se deseña un cartel.
Luns 23 de agosto ás 12:00 horas na biblioteca Municipal. Soamente poderán participar nenos/as inscritos/as no campamento de verán.
Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil O DOG de hoxe publica a Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0425-040821-0001_gl.html
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia
Bono Coidado 2021Bono Coidado 2021
A Consellería de Política Social convoca axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares, producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, a través do programa Bono Coidado
Poderán ser obxecto destas axudas as seguintes actuacións dirixidas á atención de nenos e nenas de ata 12 anos e realizadas desde o 1 de xaneiro de 2021:
1º. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do/a neno/a
2º. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
3º. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia
.4º. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares
Ata o 30/09/2021
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica https://sede.xunta.gal
Os contos de Pablisimo presenta "Príncipas e princesos"Actuación que se realizará o día 3 de agosto no exterior do Polideportivo Municipal. Esta actuación está destinada aos nenos e as nenas que participan no Campamento de verán, aínda que se abre un prazo de inscrición ata completar aforo ata o día 2 de agosto, no tél. 981 793 001.
Actuación subvencionada no Programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.
Actuación "Rokeamos todas con Pakolas"O día 28 de xullo no exterior do polideportivo municipal teremos a actuación "Rokeamos todas con Pakolas" incluída no programa financiado pola Xunta de Galicia "Ler conta moito". Terán preferencia os nenos e as nenas que participan no campamento, aínda que se poderán anotar nenos e nenas que non participan, ata completar aforo. Máis información e inscricións tel, 981 793 001.
Aquapark de CercedaO día 22 de xullo o Concello organiza unha saída ao Aquapark de Cerceda. Nesta saída soamente poderán participar as persoas empadroadas en Irixoa e ten un prezo de 10 €.
Saída ás 11:00 horas diante do Concello e a chegada ás 20:30 horas.
Inclúe: transporte, entradas ao parque, comida, merenda.
Máis información e inscricións tél. 981 793 001.
Taller "Coidando o Coidador"Taller "Coidando o Coidador"
Por mor da falta de asistencia aprázase a celebración deste taller ata nova convocatoria.
Actuación Monstros no camiño de Teatro Ghazafelhos O día 14 de xullo no polideportivo Municipal ás 12:00 horas a compañía Teatro Ghazafelhos actuará para os nenos e as nenas do campamento coa obra Monstros no Camiño. Se hai algún neno/a que non participe no campamento que queira asistir a función terá que anotarse antes do 12 de xullo no tel. 981 793 001. Esta obra está subvenciónada pola Deputación da Coruña no Programa Rede Cultural.
Taller "Coidando o Coidador"Taller "Coidando o Coidador"
O día 13 de xullo terá lugar o taller "Coidando o Coidador"
Celebrarase de 10.30 a 13.30 horas na Biblioteca Municipal de Irixoa
Aforo limitado. Necesaria inscrición previa no no Concello ou no teléfono 981 793 001
cartaz Coidando o Coidador
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22