Novas
Reorganización dos servizos municipais como consecuencia da ampliación do estado de alarmaAos efectos do disposto no Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo, considéranse esenciais as seguintes actividades do Concello de Irixoa:
1. Servizo de Axuda no Fogar.
2. Atención a discapacitados, dependentes e vítimas da violencia de xénero.
3. Atención telefónica na casa do concello, para os asuntos urxentes e coordinación xeral dos servizose tramitación administrativa.
4. Alcaldía.
5. Transporte social.
6. Servizos de abastecemento e saneamento de auga.
7. Servizo de recollida de lixo.
8. Calquera outro similar aos recollidos no propio Real Decreto-lei.
As oficinas da casa do concello permanecerán pechadas para o público.
Para a realización de trámites extremadamente urxentes e inaprazables haberá que pedir cita no teléfono principal do concello 981 79 30 01, petición que será valorada polo persoal municipal; unha vez valorada a petición,comunicarase a admisión á persoa interesada, quen poderá ingresar na casa do concello, adoptando as medidas preventivas recomendadas, de xeito individual (ou con acompañante en caso de necesidade),aos efectos de realizar a xestión administrativa oportuna.
O persoal municipal organizará o seu traballo por quendas e, no ámbito do posible, mediante o teletraballo na súa casa.
Nas oficinas xerais municipais permanecerán 1 persoa durante o horario especial de 9:30 a 13:30, atendendo ao seu traballo, teléfono e xestionar as tarefas inaprazables encomendadas e trámites urxentes.
As quendas serán rotatorias durante o tempo que dure o estado de alarma agravado.
Mantense o transporte social unicamente para enfermos que necesiten atención médica, de enfermería ou farmacéutica que non poida aprazarse, cun máximo de 3 persoas por viaxe, a parte do condutor. Os usuarios unicamente poderán asistir ás consultas sanitarias ou dispensacións farmacéuticas imprescindibles, non para outras xestións.
O condutor municipal queda facultado para realizar os controis oportunos para garantir o cumprimento desta medida restritiva.
Bando contención coronavirusPara afrontar o agravamento dos contaxios por Covid-19, dende o Concello de Irixoa adóptanse as seguintes medidas:
- Suspender dende hoxe todas as actividades municipais, así como as que se celebren nas súas instalacións.
- Pechar ao público a biblioteca municipal e o pavillón polideportivo.
- Limitar a asistencia ás oficinas municipais só para tramitacións urxentes, cunha acumulación máxima de 5 persoas externas ao concello dentro do edificio.
- De ser posible, recoméndase realizar as tramitacións por medios telemáticos, en especial usando a sede electrónica https://sede.irixoa.es
É absolutamente imprescindible a colaboración dos veciños, polo que deberán evitarse aglomeracións e cumprir estritamente as ordes ou recomendacións das autoridades competentes, co obxecto de frear o contaxio do coronavirus.
RECORDAMOS QUE TAMÉN SE PODEN SEGUIR A INFORMACIÓN MUNICIPAL DENDE A APLICACIÓN PARA MÓVILES. Instalando a app "Irixoa" dende GooglePlay ou "bandomovil" dende App Store.
Bando
Taller de Autocoidado Feminino e Autoestima Taller de Autocoidado Femino e Autoestima
O Venres 27 de Marzo celebraremos un Taller de Autocoidado Feminino e Autoestima. Destinado a todas as mulleres interesadas e maiores de idade. Entrada de balde previa inscrición no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono: 981 793 001.
Horario de 10.30 a 12 horas na Biblioteca Municipal de Irixoa.
COA PUBLICACIÓN DO BANDO MUNICIPAL DO 13 DE MARZO, QUEDA APRAZADA ESTA ACTIVIDADE.
Taller de Autocoidado Feminino e Autoestima
Celebración Día da Muller Celebración Día da Muller
Este Luns 9 de Marzo conmemoraremos o día da Muller nunha das nosas actividades predominantemente femininas: Facendo Memoria.
A través dun exercicio conxunto de memoria recordaremos a todas aquelas mulleres que son ou foron importantes na nosa vida.
Convidamos a toda a xente interesada a unirse acompañarmos neste día para o recordo e a celebración.
Biblioteca municipal de Irixoa. Luns 9 de marzo, 10.00 horas
cartel celebración Día da Muller
Entroido 2020O luns 24 celebraremos o Entroido 2020 en Irixoa. A partir das 18:00 horas haberá no polideportivo municipal un festival infantil con inchables, animación e un concurso de disfraces para categoría infantil (ata 14 anos) cos seguintes premios: 1º 90 €, 2º 70 € e 3º 50 €. A partir das 23:00 horas no campo da festa de Irixoa XII Festa da Xuventude amenizada pola orquestra Huracán e concurso de disfraces cos seguintes premios: Indivudual e parellas, 1º premio 110 €, 2ª premio 90 €, 3º premio 70 €, e grupos de 3 ou máis persoas. 1º premio 210 €, 2º premio 190 €, 3º premio 170 €.
Bases concurso Entroido
CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS 2020.No Boletín Oficial da Provincia do 07/02/2020 publícanse as bases da convocatoria pública de subvencións municipais a familias e entidades sen fin de lucro 2020 do Concello de Irixoa.
Poderán optar a estas subvencións as familias e as entidades ou asociacións xurídicamente constituídas e inscritas no rexistro municipal de entidades veciñais do concello, e os comités organizadores.
PRAZO DE SOLICITUDE: desde o 11 de febreiro ao 10 de marzo de 2020.
Anuncio BOP
Solicitude
Clube de Lectura Clube de Lectura
Prazas vacantes no Clube de Lectura de Irixoa.
Descubre o pracer da lectura en grupo.
Máis información e inscricións no 981 793 001
Clube de Lectura
Elixe Galicia Elixe Galicia
Programa da Xunta de impulso ao turismo interno.
Os interesados teñen un prazo dun mes (ata o 3 de marzo) para presentar a súa solicitude.
Máis información: Departamento de Servizos Sociais
Concello de Irixoa (Tlf.: 981 793 001)
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19