Novas
Entroido 2020O luns 24 celebraremos o Entroido 2020 en Irixoa. A partir das 18:00 horas haberá no polideportivo municipal un festival infantil con inchables, animación e un concurso de disfraces para categoría infantil (ata 14 anos) cos seguintes premios: 1º 90 €, 2º 70 € e 3º 50 €. A partir das 23:00 horas no campo da festa de Irixoa XII Festa da Xuventude amenizada pola orquestra Huracán e concurso de disfraces cos seguintes premios: Indivudual e parellas, 1º premio 110 €, 2ª premio 90 €, 3º premio 70 €, e grupos de 3 ou máis persoas. 1º premio 210 €, 2º premio 190 €, 3º premio 170 €.
Bases concurso Entroido
CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS 2020.No Boletín Oficial da Provincia do 07/02/2020 publícanse as bases da convocatoria pública de subvencións municipais a familias e entidades sen fin de lucro 2020 do Concello de Irixoa.
Poderán optar a estas subvencións as familias e as entidades ou asociacións xurídicamente constituídas e inscritas no rexistro municipal de entidades veciñais do concello, e os comités organizadores.
PRAZO DE SOLICITUDE: desde o 11 de febreiro ao 10 de marzo de 2020.
Anuncio BOP
Solicitude
Clube de Lectura Clube de Lectura
Prazas vacantes no Clube de Lectura de Irixoa.
Descubre o pracer da lectura en grupo.
Máis información e inscricións no 981 793 001
Clube de Lectura
Elixe Galicia Elixe Galicia
Programa da Xunta de impulso ao turismo interno.
Os interesados teñen un prazo dun mes (ata o 3 de marzo) para presentar a súa solicitude.
Máis información: Departamento de Servizos Sociais
Concello de Irixoa (Tlf.: 981 793 001)
Taller Aprendendo en Igualdade Taller Aprendendo en Igualdade
Dentro do Programa de Conciliación do Concello de Irixoa terá lugar un Taller para nenos e nenas do Concello destinado a Educar en Igualdade a través de múltiples actividades de ocio.
Luns 24 de febreiro, de 10 a 12 horas.
Máis información e inscricións no Concello de Irixoa ou no teléfono: 981 793 001.
Taller Aprendendo en Igualdade
II Taller " Uso da medicación e Primeiros Auxilios".II Taller "Uso da medicación e Primeiros Auxilios"
II Obradorio de "Uso da medicación e Primeiros Auxilios"
Tras a boa acollida do I Obradoiro de "Uso de medicación e Primeiros Auxilios" celebrado no mes de Novembro, ten lugar unha nova convocatoria o día 10 de Febreiro, horario de 16.30 - 19.30, con contidos máis centrados na infancia.
Máis información e inscricións nos Servicios Sociais do Concello de Irixoa ou chamando ó teléfono 981 793 001.
Taller impartido por persoal do 061.
Cartel Ii Taller Primeiros Auxilios
Tarxeta BenvidaTarxeta Benvida
No DOG do 20 de Xaneiro de 2020 publícase a Orde pola se establecen as bases polas que se rexerá a convocatoria e concesión da tarxeta Benvida; axuda económica destinada a familias con fillos e fillas nados, adoptados/as ou en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020.
Máis información: Departamento de Servizos Sociais no Concello de Irixoa (planta baixa) ou no teléfono: 981 793 001.
Prestación económica de pago único para fillos e fillas menores de tres anosPrestación económica de pago único para fillos e fillas menores de tres anos
O 20 de Xaneiro de 2020 publícase no DOG a Orde pola que se establecen as bases que rexerán a convocatoria e concesión da prestación económica de pagamento único por nacemento de fillas e fillos menores de tres anos.
Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa (planta baixa) ou no teléfono: 981 793 001
DOAZON DE SANGUEO vindeiro día 13 de xaneiro de 16:00 a 21:00 horas unha Unidade móbil de doazon de sangue estará ao caron do cuartel da Garda civil (campo de servizos múltiples lugar de Airavella).
Máis información
Prazas vacantes actividade de CesteríaPrazas vacantes actividade de Cestería
Novo comezo da actividade de Cestería o día 21 de Xaneiro. Grupo de mañá e tarde. Prazas vacantes. Otorgaranse as prazas por orde de inscrición. Apertura do prazo o día 7 de Xaneiro. Máis información e inscrición no Concello ou no teléfono 981 793 001.
Cartel actividade de Cestería
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22