Novas
DÍA DO DEPORTEO día 19 de Outubro a partir das 18h no polideportivo de Irixoa teremos inchables, xogos, obradoiros... Para participar haberá que inscribirse no Concello, ás persoas que estean inscritas no día da bici non terán que volver a inscribirse. Mais información no Concello ou no telf. 981 793 001. Inscricións nas oficinas municipais.
Cartel
Folla de Inscrición menores
DÍA DA BICIO día 19 de Outubro teremos o tradicional día da bici no que partiremos do Concello as 16h e regresaremos sobre as 18h aprox. Tratase dunha ruta circular apta para todas as idades os/as menores de 8 anos irán acompañados/as dunha persoa adulta. Imprescindible o uso de casco. Inscricións ata o 11 de Outubro no Concello
Cartel Informativo
Folla de Inscrición adultos
Folla de Inscrición menores
Abastecemento de auga a Cela - MántarasCo obxecto de darlle publicidade, publícase o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación da Coruña e o Concello de Irixoa polo que se instrumenta unha subvención nominativa para o cofinanciamento das obras de abastecemento a Cela - Mántaras.
Convenio abastecemento Cela
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2019-2020Abrese o prazo para inscribirse nas actividades deportivas, culturais e sociais que o Concello de Irixoa oferta para o curso 2019-2020.
O prazo de inscrición esta aberto ata o día 27 de setembro. As actividades darán comezo o día 1 de Outubro excepto Facendo Memoría que iniciará o curso o 30 de setembro.
Para a inscrición haberá que entregar unha solicitud da que se adxunta un modelo no rexistro xeral.
Máis información na Casa do Concello ou no tel. 981 793 001
Folla de inscrición
Tríptico actividades municipais
Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural. Concello de Betanzos.Escola de Apoderemento Feminista de Mulleres do Rural. Concello de Betanzos
O Concello de Betanzos informa da celebración dunha "Escola de Apoderamento Feminista de Mulleres do Rural". Celebraranse tres obradoiros de diferentes materias, os mércores de 16.30 a 18.30. Máis información e inscricións nos Servizos Socias de Betanzos, teléfono de contacto: 981770707; ext: 2306
cartel
RUTA "COÑECE IRIXOA" POR CELAA proxima ruta para coñecer Irixoa será o día 15 de setembro por Cela. Saída ás 10:00 horas da Capela de Cela. As personas participantes terán que levar a súa comida e bebida. Durante as rutas coñeceremos o patrimonio arqueolóxico de Irixoa. Será una ruta circular e terá unha duración de aprox. 4 h.
Prazo de inscrición ata a semana anterior á ruta. Máis información e inscricións Tel. 981 79 30 01.
Cartel
ACTIVIDADES DE VERÁN 2019O Concello de Irixoa realizará diversas actividades para todos os públicos durante o verán. Ofertamos actividades como Aquapark ou senderismo, e actuacións na Biblioteca Municipal e un curso de inciación á informática. Máis información e inscicións no Concello de Irixoa, tel. 981 793 001.
Cartel actividades
CAMPAMENTO DE VERÁN 2019Do 1 de xullo ao 31 de agosto, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, realizaremos un campamento no Polideportivo Municicpal. O campamento está destinado a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Ten un prezo de 20 € por quincena, e os nenos e nenas empadroados/as terán unha subvención dun 50%. Tamén haberá un desconto dun 10% para familias monoparentais, que teñan un so membro traballando ou si se anotan 2 ou máis irmáns.
Cartel campamento
LUMEIRADAS DE SAN XOAN E SAN PEDROEstá aberto o prazo para comunicar a celebración de fogueiras para a noite do 23 de xuño (San Xoan) ou para a noite do 28 de xuño (San Pedro).
As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.
A presentación da declaración responsable farase no Rexistros xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
Tamén poderá presentarse a través da sede electrónica utilizando o Trámite de Solicitude Xeral e anexando o modelo de declaración responsable cumplimentado.
A sede electrónica está en funcionamento as 24 horas do día.
Declaración responsable
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22