Novas
Excursión á Mariña LucenseEXCURSIÓN Á MARIÑA LUCENSE
O vindeiro día 14 de maio realizaremos unha excursión á Mariña Lucense. A saída ten un prezo de 30 €, as persoas empadroadas en Irixoa terán unha subvención de 15 €. Terán preferencia os/as empadroados/as en Irixoa, as persoas non empadroadas poderán ir se hai prazas libres. Máis información e inscricións ata o día 10 de maio no tel. 981 793 001.
Campamento de verán organizado pola Deputación da CoruñaA deputación da Coruña organiza un campamento de verán para nen@s de entre 9 e 14 anos.
O campamento ten a sua sede no IES Rosalía Mera na Coruña. A quenda que ten asignada o Concello de Irixoa é do 26 de xuño o 1 de xullo.
No campamento realizaranse diferentes actividades tales como, deportes náuticos, xornada de praia, visitas culturais, etc.
Inscricións no concello ata o 20 de maio.
A actividade ten un custo de 85 euros.
Cartel
Formulario
Loita contra a vespa velutinaPara a elimininación da praga da vespa velutina e imprescindible a colaboración cidadá coa colocación de trampas con liquido atraente. Con estas trampas se eliminan as raíñas que saen co bo tempo e crean novos niños.
As persoas interesadas na colocación de trampas poden acudir ao concello para recoller liquido atraente e trampas. Deberán preguntar por Carlos.
CAMPAMENTO SEMANA SANTADurante as vacacións de Semana Santa, os días 11, 12, 13 e 18 de abril, realizaremos un campamento no Polideportivo Municipal en horario de 9:30 a 14:00 horas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Prezo 10 €, nenas e nenos empadroadas/as 5 €. Máis información tel. 981 793 001.
FALLO DO “II CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”O venres 18 de marzo de 2022 procedeuse a fallar o “ II CONCURSO A PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” no cal propoñíamos aos nenos do Colexio Virxe da Cela de Monfero que realizara un debuxo ou traballo similar relacionado co título do concurso.
Os gañadores do mencionado concurso son:
No grupo de 3 a 7 anos: Ana Bouzón Teijo por “As mulleres poden ser o que queiran”
No grupo de 8 a 12 anos: Martina Blanco Balsa por “Non á violencia de xénero”
Resultou moi difícil escoller aos gañadores, sobre todo, do primeiro grupo porque todos fixeron un traballo moi bo e creativo.
Noraboa!!!!!!
Participantes
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “MULLERES DE IRIXOA”O Departamento de Servizos Sociais para conmemorar o día 8 de marzo “Día Internacional da Muller” realiza unha exposición de fotografías de mulleres que viven ou viviron no concello.
Son todas as que están pero non están todas as que son. Mostramos todas as que nos fixestes chegar polo que vos damos as grazas.
Con este panel queríamos dar visibilidade ao gran traballo e esforzó cotiá das mulleres nas máis variadas labores dentro e fóra da casa.
Grazas, aboas, nais, tías, amigas, por e para vós. Velaí queda o noso recoñecemento a todas, e o noso agradecemento por todo o que nos distes e nos deixastes.
Algunhas xa non se atopan entre nos, pero temos estas fotografías como testemuño do que foi a súa vida.
Gardarémolas para sempre igual que o seu recordo no noso corazón.
Esperamos que veñades velas! O panel está situado no corredor de Servizos Sociais na planta baixa do Concello.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8 DE MARZOO vindeiro día 8 de marzo, como todos os anos, celebraremos o Día Internacional da Muller e necesitamos a vosa colaboración para que nos aportedes fotografías de mulleres na vida cotiá, antigas e novas, en branco e negro ou a cor. Con elas pretendemos facer un mural no que se reflicta a labor e traballo das mulleres ao longo do tempo.
Ese traballo diario, caladiño, sen vacacións e invisible a case todos os ollos, e polos que elas non perciben recoñecemento, salario nin pensión.
Este mural será exposto na planta baixa e na páxina web do concello e as fotografías serán escaneadas. Se nos deixades o orixinal, poñeremos por detrás o nome da persoa propietaria e se devoverán unha vez rematado o mes de marzo no que desfaremos o mural.
Recollerémolas no Concello e para que as podamos amosar públicamente tamén será necesario que nos firmedes unha autorización de cesión cando as traiades.
Esperamos a vosa participación!!!!!!!!!!!
Máis información no teléfono do Concello 981793001 ou no Departamento de Servizos Sociais.
ACTUACIÓNS DURANTE O NADALActuacións previstas durante o Nadal:
27 de decembro: Duende Sico con A mestra da lingua.
29 de decembro: Magin Blanco con O que levamos nas maletas
30 de decembro: Moc Moc con Pequedisco Moc Moc
31 de decembo: Mere Clown con Aparvaolimpiadas
5 de xaneiro: Patti Difhusa
Inscricións: Concello de Irixoa, teléfono 981 793 001 ata completar aforo
A mestra da lingua
O que levamos nas maletas
Moc Moc
Patty Diphusa
Gañadores do IV Concurso de postais de NadalAs postais gañadoras do IV concurso de postais de Nadal foron:
Categoría de 3 a 7 anos:
Martina Espiñeira Bretón, 7 anos.
Categoría de 8 a 12 anos:
Iván Pena Pérez, 12 anos.
CAMPAMENTO DE NADALActividade Campamento de nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos, desde o día 27 de decembro 2021 ao 5 de xaneiro de 2022, de luns a venres.
Lugar: Biblioteca Municipal e polideportivo Municipal
Horario: De 10:00 a 14:00
Inscricións: Concello de Irixoa, teléfono 981 793 001 ata o día 17 de decembro
Cartel
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20