Novas
PISCINADentro das actividades de verán que organiza o Concello de Irixoa este ano teremos cursos de natación tanto para nen@s como para maiores na piscina municipal de Monfero. Serán tres cursos; Iniciación, Perfeccionamento e Actividades acuáticas para maiores. Haberá transporte público e gratuito ata a piscina.
Cartel Informativo
Folla de Inscrición cursos
O Concello de Irixoa colabora na difusión do proxecto “Empoderamento da muller con cancro de mama”O Servizo de Oncoloxía Médica do CHUAC, en colaboración coa Deputación da Coruña, ten como un dos seus obxectivos preferentes acercar ao paciente oncolóxico a filosofía da sanidade participativa e os seus beneficios.
O concello de Irixoa está integrado na área de acción do proxecto ´Empoderamento da muller con cancro de mama´ do Servizo Galego de Saúde, que ten como obxectivos principais:
Desenvolver ferramentas que faciliten a autoxestio´n da sau´de por parte das doentes diagnosticadas de cancro de mama.
Presentar ferramentas que faciliten unha sau´de de calidade e prevencio´n das secuelas da enfermidade e os seus tratamentos.
Participacio´n da doente con cancro na poli´tica sanitaria, para unha abordaxe sustentable do tratamento do cancro garantindo a calidade asistencial.
Propon~er iniciativas conxuntas para mellorar o acceso da cidadani´a ao sistema pu´blico de sau´de.
O 24 de maio de 2018 terá lugar no Pazo de Mariñán a partir das 15:45 unha xornada de divulgación dirixida a aquelas mulleres diagnosticadas de cancro de mama, que se centrará nas patoloxías, nos hábitos de saúde e cambios de conduta, así como na ampliación do horizonte persoal.
A esta reunión están convidadas a acudir as mulleres diagnosticadas de cancro de mama longo sobreviventes e as asociación e membros das asociación de doentes, nos que varios especialistas abordarán entre outros aspectos, os psicolóxicos, a sexualidade, a fertilidade e o embarazo, o impacto social, a fisioterapia e coidados de pel.
Programa Xornada
NOVA APP DE INFORMACION MUNICIPALO Concello de Irixoa pon a disposición da veciñanza un novo servizo municipal: “Irixoa Informa”.
A partir de agora todos os bandos, anuncios, noticias e información municipal do Concello poderá ser recibida de forma inmediata a través do seu móbil.
O servizo está disponible para os sistemas operativos Android e iOs.
As persoas que non dispoñan de terminais compatibles, como os que usen Blackberry ou Windows Phone, poden consultar toda a información municipal que o concello publique dende a páxina web adaptada para dispositivos móbiles www.bandomovil.com/irixoa .
Ver detalles de instalación
Campaña de esquí da Deputación da CoruñaCampaña da Deputación da Coruña na que os nenos e nenas nados nos anos 2003,2004,2005,2006 e 2007 poderán gozar de catro días, do 23/02 ao 26/02 de 2018 de actividades de neve na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas, os nenos e nenas interesados poderán anotarse ata o día 16 de xaneiro no concello ou no tel. 981 793 001.
Cartel Deputación
Cartel esqui
Triptico e folla inscrición
RESTRICCIONS DE CONSUMO NO ABASTECEMENTO DE AUGA MUNICIPALA ausencia de choiva está afectando negativamente tanto ao caudal dos mananciais como ás reservas de auga dos depósitos do abastecemento municipal.
Para poder garantir a continuidade do subministro, o concello vai empezar o 30 de novembro de 2017 a facer cortes programados do subministro entre as 11 da mañá e as 6 da tarde.
Desde a alcaldía, requírese á veciñanza para que faga un uso racional e responsable da auga da rede de abastecemento.
CAMPAÑA DE VERÁN 2017 DA XUNTA DE GALICIACampaña de verán 2017
A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2017.
Así mesmo, en aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, na presente Campaña de verán, as mozas e mozos galegos con discapacidade, en función das limitacións que presenten, poderán decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión.
A Campaña de verán está composta por diferentes áreas de participación, que se desenvolven nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
Prazo de presentación de solicitudes: 18/04/2017 - 02/05/2017
Descarga a informacion sobre os campamentos
PRESTACION ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE 3 ANOSA Consellería de Política Social acaba de convocar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos.
O prazo de solicitude abrangue do 4 de abril ao 29 de maio, ambolos dous incluidos.
Persoas beneficiarias:
- Persoas con fillos/as menores de 3 anos (nados entre o 02/01/2014 e o 01/01/2017 incluidos)
- Fillos/as adoptados/as ou acollidos/as entre o 31/12/2015 e o 31/12/2016.
Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que non teñan feita a declaración da renda do exercicio 2015.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais do concello.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19