Novas

Atraente vespa velutina

Coa chegada de primavera as raíñas de vespa velutina saen do seu letargo e comenzan a construír niños primarios que despois se transformarán en niños secundarios. Para intentar frear esta praga é primordial a eliminación das raíñas, xa que será un niño menos. Por iso desde o Concello de Irixoa proporcionamos líquido atraente para tentar eliminar o maior número de raíñas. As persoas interesadas en colaborar deben concertar unha cita con José Ares, tél. 620 349 684 para a recollida do líquido atraente.

 
Crea contido con Intelixencia Artificial

Crea contido con Intelixencia Artificial

Curso presencial para maiores de 18 anos Duración: 30 e 31 de marzo de 10:00 a 13:00h e o 6 e 7 de abril de 16:00 a 19:00h Biblioteca Municipal de Irixoa Inscricións: no Departamento de Servizos Sociais do ?Concello de Irixoa ou no teléfono 981 793 001

cartaz Cibervoluntarios

 
Sobres ao autobús do teatro.PROGRAMA DE MOBILIDADE DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO. "HAMLET"

DATA: domingo, 12 de abril de 2026 HORA DE SAÍDA: 15:00 LUGAR DE SAÍDA: Ao lado da Casa do Concello de Irixoa HORA DA FUNCIÓN: 18:00 LUGAR DA FUNCIÓN: Salón Teatro (Santiago de Compostela) HORA DE SAÍDA TRAS A FUNCIÓN: 20:15 PREZO ENTRADA: 5€. INSCRICIÓN: MAIL:elisa.alonso@irixoa.es - TL.981793001. PRESENCIAL: departamento de Cultura do Concello de Irixoa) PRAZAS LIMITADAS

 
Perspectivas Literarias "As letras moradas. Un achegamento literario sobre o feminismo".

O día 5 de marzo realizaremos na Biblioteca Municipal de Irixoa ás 11:00 horas a actividade do ciclo Perspectivas Literarias, impulsada pola Biblioteca da Deputación da Coruña. denominada "As letras moradas. Un achegamento literario sobre o feminismo" na que participarán as autoras "Lidya Chas" e María Nieto.

 
Gañador@s concurso disfraces 2026

No Concurso de disfraces celebrado no Festa de Entroido o pasado día 17 de febreiro resultaron gañador@s:

Individual-Parella

1º premio: 140 euros e trofeo

El motero aventurero

2º premio 120 euros e trofeo

Peja no niño

3º premio: 100 euros e trofeo

Robot

Grupo

1º premio: 240 euros e trofeo

Damas del reciclaje

2º premio: 220 euros e trofeo

Club motero máis Luces que frenos

3º premio: 200 euros e trofeo

Piruletas

Noraboa a tod@s @s premiad@s!!!!

Gañador@s

 
Exposición ao publico do Plan Municipal de prevención e Defensa contra incendios forestais do Concello de Irixoa

O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra incendios forestais do Concello de Irixoa estará exposto ao público nas Dependencias municipais para a súa consulta:

De luns a venres de 09:00 a 13:00 horas.

Prazo de exposición: desde o 1 marzo ata o 1 de maio 2026.

Máis información: tél. 981 79 30 01.

Bando

 
Unidade móbil de doazón de sangue en Irixoa

A unidade móbil estará en Irixoa, o martes 3 de marzo de 2026 de 16:15 a 18:30 horas a carón do cuartel da Garda Civil, no Campo de servizos múltiples da Airavella.

 
Programa de Envellecemento Activo - Traslado en autobús a Betanzos

Traslado en autobús a Betanzos

Dentro do programa de Envellecemento Activo, o Concello de Irixoa porá en marcha o traslado en transporte público ata Betanzos para posibilitar a mobilidade da poboación e a realización de xestión ou trámites . Primeiro e terceiro luns de mes. Saída ás 09.30 dende diante do concello e chegadas ás 13 horas. Inscrición previa no teléfono 981793001. Financiado pola Deputación da Coruña e xestionado polo Concello de Irixoa.

cartel

 
Xoves de Coidados

Xoves de Coidados

Programa de Envellecemento Activo, sesións no Balneario de Guitiriz.

cartel Xoves de Coidados

 
Experiencias interxeracionais de mulleres no rural

Experiencias interxeracionais de mulleres no rural

O vindeiro 12 de febreiro ás 16.30h, o Concello de Irixoa acollerá na Biblioteca Municipal un novo encontro: esta xornada centrarase en poñer en valor os coñecementos e as vivencias das mulleres da contorna, tecendo pontes entre xeracións. Será un espazo para compartir saberes, experiencias e fortalezas, celebrando a labor fundamental das mulleres na construción e sostén das comunidades rurais. Non perdas a oportunidade de aprender sobre o papel da muller rural na realidade que afrontamos, no presente e futuro dos nosos territorios e a vida social que se sostén neles. A actividade está aberta á participación da veciñanza e de todas aquelas persoas que lles sexa de interese. Colabora Concello de Irixoa, Arquitectos sen fronteiras e Cooperación Galega.

cartel

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor

 

SINAC