Novas

OBRADOIRO DE ATENCIÓN SANITARIA NO DOMICILIO

Listados provisionais para a selección do equipo directivo, docente, de apoio e os alumnos e alumnas. Ábrese o prazo de 5 días naturais para que os candidatos presenten as alegacións que consideren oportunas do 22 ao 26 de setembro de 2017 (incluídos)

LISTADOS PROVISIONAIS

 
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2017-2018

O concello de Irixoa pon en marcha un ano mais o seu programa de actividades municipais para o curso 2017-2018 coa intención de mellorar a calidade de vida dos veciñ@s e propoñendo novas formas de ocupación do tempo de lecer. As actividades que se ofertan son moi variadas, no ámbito deportivo teremos fútbol sala, actividades de patín, xogos predeportivos, ximnasia de mantemento. Polo que respecta as actividades culturais Inglés, apoio ao estudo, informática, cestería… O prazo para inscribirse remata o 29 de setembro. Mais información e inscripcións no Concello. Telf. 981793001

Tríptico actividades municipais

 
CONVOCATORIA PARA A PROVISION DE OPERARIO DE SERVIZOS VARIOS

No Boletín Oficial da Provincia do 7de agosto de 2017 saíu publicada a convocatoria de seleccion de persoal fixo para a provisión da praza de operario de servizos varios mediante o sistema de concurso-oposición (consolidación de emprego temporal conforme á disposición transitoria 4ª do Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro) Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturales contados desde o día seguinte á publicación do BOP

Descargar solicitude e bases

 
RAFTING POLO MIÑO

O Domingo 9 de xullo desprazamanos ata Arbo, Pontevedra para realizar a actividade de Ragting, esta actividade consite en ir nunha balsa neumática “o raft”, as balsas descenden ao ritmo das olas entre a espuma dos rápidos. Houbo traballo en equipo, diversión, emoción, risas e unha gran descarga de adrenalina. Descendemos 9 quilómetros polo río Miño. A caída de auga non presentou ningún problema, xa que íamos ben equipados: casco, chaleco salvavidas, traxe de neopreno e un monitor@ presente en cada momento. Este foi o encargado de levar o “raft” `polas zonas máis apropiadas e os/as participantes soamente tivemos que seguir as súas instrucións para faciliar o seu labor e experimentar as mellores sensacións de baixar o río de augas bravas.

 
INCIDENCIAS NA RECEPCIÓN DA TDT

As operadoras de telefonía móvil están empezando a ofrecer servizos sobre a rede 4G na banda de 800 MHz, no término municipal de Irixoa, o que permitirá disfrutar de conexión móviles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior de edificios e maior extensión xeográfica. A prestación dos servizos móviles nesta banda de 800 MHz pode afectar á recepción da señal de Televisión Dixital Terrestre (TDT). Para solucionar estas afectacións y garantizar que a posta en servizo das estacións base de telefonía móvil non afecten á TDT, a entidade LLEGA800 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuito para as persoas afectadas. O número de teléfono gratuito ao que deben de chamar se teñen interferencias na recepción da señal de televisión é o 900 833 999. Tamén poden contactar ou ampliar información a través da web www.llega800.es O prazo para solicitar a asistencia gratuita finaliza o 31 de xullo de2017.

Tríptico informativo

 
PISCINA

Comeza a tempada das actividades acuáticas na piscina municipal de Monfero. Haberá dous cursos: un de iniciación dirixido a nen@s e outro, destinado a todas aquelas persoas maiores de 16 anos. Ditas actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto. Haberá transporte público e gratuito ata a piscina.

Pulsa aqui para ver cartel informativo

 
ACTIVIDADES DE VERÁN

Actividades de xuño-setembro 2017

Triptico actividades de aventura, actividades gratuítas, campamentos organizadas polo concello de Irixoa desde o mes de xuño ata o mes de setembro. Actividades de aventura: rafting, aquapark, karts, parque multiaventura, etc. Actividades gratuítas: rutas de sendeirismo, orientación, ruta cabalar, etc Campamentos: madrugadores, campamento urbano, xantares O prazo de inscirición será ata 5 días antes a cada actividade. Mais información e inscricións: 981 793 001

Tríptico actividades de verán

Actividades de aventura

Actividades gratuítas

Campamentos

 
CONVOCATORIA DE SELECCION DE PERSOAL PARA TRACTORISTAS

No Boletín Oficial da Provincia do 13 de xuño de 2017 saíu publicada a convocatoria de seleccion de persoal laboral temporal para 4 tractoristas.Xornada laboral: 30 horas semanais. Duración do contrato:6 meses. Prazo de presentación de solicitudes: dende o 14 ata o 27 de xuño de 2017 en horario de 9 a 14 horas

Descargar bases e instancia de solicitude

 
SELECCION DE PERSOAL PARA BRIGADA DE PREVENCION E EXTINCION DE INCENDIOS

No Boletín Oficial de Provincia da Coruña publicouse o 6 de xuño de 2017 a convocatoria de seleccion de persoal laboral temporal para a Brigada Municipal de Prevención e Extinción de Incendios 2017. Os postos convocados son 1 xefe/a, 1 peón condutor/a e 3 peóns brigadistas. A duración da contratación será de 3 meses. O prazo para presentación de solicitudes remata o 16 de xuño de 2017

Descargar bases e instancia de solicitude

 
LISTAXES DE BOLSAS DE CONTRATACION DE OPERARIOS

CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE LISTAXES DE BOLSAS DE CONTRATACION LABORAL DE OPERARIOS

No BOP de 2 de febreiro publicouse a convocatoria para a formación de 2 listaxes para bolsa de contratacións de peóns e oficiais de 1ª. O prazo para presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación no BOP.

Bases da convocatoria

Instancia para oficial de primera

Instancia para peón

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor