Novas

SELECCION DE PERSOAL DO PROCESO SELECTIVO APROL RURAL 2020

Publícase a acta de valoración de méritos das persoas candidatas ao posto de PEON FORESTAL.

Acta de valoración

 
CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS AFECTADOS COVID-19

No Boletin Oficial da Provincia de data 28/05/2020 publícase o anuncio de convocatoria de subvencións municipais dirixidas aos autónomos afectados negativamente na sua economía empresarial polo crise do COVID-19. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 11/06/2020.

Anuncio BOP

Bases da convocatoria

Solicitude

 
RESULTADO DO PROCESO DE SELECCION DE TRACTORISTAS 2020

Publícanse as actas de valoración de méritos, proba de test e proba práctica realizadas o día de hoxe para a selección de 4 tractoristas.

Selección tractoristas

 
SELECCION DE PERSOAL DO PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL PIL 2020

Publícase a acta de valoración de méritos das persoas candidatas.

ACTA DE VALORACIÓN

 
NOVOS CONTIDOS NA WEB MUNICIPAL

Dentro do noso apartado web ESPAZOS NATURAIS incorporamos un video de imaxes do concello que nos fixo chegar o veterinario Enrique Muñoz Cantero. Veterinary. Design for Sustainability.

 
SELECCIÓN DE INTEGRANTES BOLSA DE EMPREGO DE TRACTORISTAS 2020: LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

Según o previsto no punto 4º das bases, faise pública a lista de admitidos e excluidos. AS PROBAS SERÁN O 27 DE MAIO DE 2020 A PARTIR DAS 10:00. (Na lista hai un erro e indica o día 28).

Lista admitidos e excluidos

 
CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRACTORISTAS

No Boletín Oficial da Provincia do 8 de maio sae publicada a convocatoria para a formación de listaxe de bolsa de contratación laboral temporal de tractoristas. O prazo de presentación de instancias é dende o 11 ao 20 de maio de 2020 en horario de 9 a 14 se se fai de forma presencial no concello. Previsión de contratación para 2020: 4 tractoristas en xornada de 30 horas semanais do 1 de xuño ao 31 de outubro de 2020. A continuación publícanse as bases e a instancia de presentación de solicitudes.

Bases

Instancia

 
VISEIRAS DE SEGURIDADE PARA A LOITA CONTRA O COVID-19

No día de onte, Enrique Muñoz Cantero, veterinario que traballa na nosa localidade e tamén voluntario na fabricacion de material sanitario mediante impresión 3D, fixo entrega ao alcalde Antonio Deibe de viseiras de seguridade para o persoal do Servizo de Axuda no Fogar, dentro do programa de loita contra o COVID-19. GRAZAS, ENRIQUE, POLA TUA APORTACIÓN!

 
Campamento de Nadal 2019

Celebración de Campamento de Nadal 2019

O Concello de Irixoa celebrará un campamento de Nadal para nenos e nenas de 3 a 14 anos. Preinscrición do 11 ó 21 de Novembro. Máis información no Concello ou no teléfono: 981 793 001.

cartel Campamento de Nadal

 
OBRADOIRO DE EMPREGO: RESULTADOS DEFINITIVOS DA SELECCION DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO

Publícanse os resultados definitivos da selección do persoal directivo, docente e administrativo do obradoiro de emprego 2019/20 " Actividades de conservación e mellora forestal na Comunidade Intermunicipal Lambre-Mandeo".

Listaxe definitivo

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor