Novas

BOLSA DE CONTRATACION AUXILIARES S.A.F.

No Boletín Oficial da Provincia do 12 de novembro de 2018 publicouse o anuncio de convocatoria para a formación de listaxe de bolsa de contratación temporal de auxiliares do servizo de axuda no fogar (S.A.F.). O proceso selectivo será o de concurso de méritos, sen prexuízo da posibilidade dunha entrevista. O prazo para a presentación de instancias remata o luns 19 de novembro de 2018.

Bases bolsa S.A.F.

Instancia bolsa S.A.F.

 
INICIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO

Comunícase a data de inicio do Obradoiro de Emprego de Actividades de Conservación e Mellora Forestal na Comunidade Intermunicipal Lambre- Mandeo, prevista para o vindeiro venres 26 de Outubro de 2018, ás 9:00 no local da Antiga Escola de Verís Baixos, polo que se convoca a todo o persoal seleccionado para participar no mesmo, tanto persoal docente, directivo e de apoio como aos 20 alumnos/as traballadores/as, acudan na data e hora sinalada, ao lugar de celebración do mesmo.

 
LISTADOS DEFINITIVOS OBRADOIRO DE EMPREGO

Fanse públicos os listados definitivos do alumnado traballador e personal do equipo directivo, docente e de apoio do Obradoiro de Emprego “ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO”. Solicítase a todas as persoas seleccionadas, que entre o luns día 22 e martes 23 de outubro, se acheguen ao Concello de Irixoa para entregar fotocopia do DNI e da tarxeta da Seguridade Social en horario de 9 a 14 horas.

Equipo directivo docente e de apoio

Alumnado traballador

 
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

A excursión será o día 27 de outubro de 2018. Sairemos do Concello ás 8:30 horas. A excursión ten un prezo de 30 €, as persoas empadroadas terán unha subvención de 15 €. Terán preferencia as persoas empadroadas, as non empadrodas poderán ir no caso de que queden prazas libres. Máis información no tel, 981 793 001, inscricións ata o día 25 de outubro nas oficinas municipais.

Cartel excursión Pontevedra

 
OBRADOIRO DE EMPREGO: CORRECCIÓN DE ERROS NA LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMINTIDO DE MONFERO E VILARMAIOR

Na listaxe provisional do alumnado do Concello de Monfero e Vilarmaior referente ao obradoiro de emprego ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO, detectouse un erro no encabezado, polo que se publica corrixido.

Correccion de erros

 
LISTADOS PROVISIONAIS OBRADOIRO DE EMPREGO

Publícanse os listados proivisionais de equipo directivo, docente, de apoio e alumnado traballador do Obradoiro de Emprego ACTIVIDADES DE CONSERVACION E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO.

Listado provisional

 
DIA DO DEPORTE. MAGO ANTÓN

Entre as actividades organizadas para o DÍA DO DEPORTE que se realizarán o día 13 de outubro o Mago Antón fara distintas funcións: 16:30, 17:30. 19:00 e 20:00 horas, nun camión instalado ao lado do Polideportivo Municipal.

 
CORRECCION DE ERROS NAS BASES PARA A SELECCION DE PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO

Detectado un erro no baremo das bases para a seleccion do persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego ACTIVIDADES DE CONSERVACION E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO, publícase a sua corrección para coñecemento das persoas interesadas.

Correccion

 
OBRADOIRO DE EMPREGO: ACTIVIDADES DE CONSERVACION E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO

O obradoiro de emprego ACTIVIDADES DE CONSERVACION E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO é un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e promovido polo Concello de Irixoa conveniado cos concellos de Aranga, Monfero e Vilarmaior. Publícanse a continuación as bases para a selección tanto do alumnado traballador como do persoal do obradoiro de emprego para información de todas aquelas persoas que poideran estar interesadas en participar en dito obradoiro. Bases para a seleccion de persoal do obradoiro

 
DÍA DO DEPORTE

A actividade está programada para o día 13 de outubro. Ao lado do pabillón o Mago Antón realizara funcións nun camión acondicionado para tal fin, as funcións serán ás 16:30, 17:30, 19:00 e 20:00 horas. A partir das 18:00 horas no pabillón haberá inchables, xogos, obradoiros...Para participar haberá que inscribirse no Concello, ás persoas que estean inscritas no día da Bici non terán que volver a inscribirse. Máis información tel. 981 793 001, incricións nas oficinas municipais.

Cartel

Inscrición menores

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor