Novas

VII concurso de Postais de Nadal

Está aberto o prazo, desde o día 4 ao 22 de novembro, para participar no VII Concurso de postais de Nadal que organiza o Concello de Irixoa:

Hai 4 categorías:

De 3 a 5 anos

De 6 a 8 anos

De 9 a 10 anos

De 11 a 13 anos

O/a gañador/a de cada categoría recibirá como premio un vale regalo por valor de 70 €.

As postais poderán entegrarse, xunto co formulario de solicitude, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas nas oficinas municipais, ou enviarse por correo a Concello de Irixoa, Pazo de Irixoa, 6A, 15313, Irixoa, A Coruña.

Maís información tel 981 793 001.

Bases concurso Postais

Solicitude

 
OBRADOIRO FORESTAL LAMBRE-MANDEO 2024

Publícanse as bases para a selección do alumnado traballador/a e do persoal do próximo obradoiro dual de emprego OBRADOIRO FORESTAL LAMBRE-MANDEO 2024.

Descargar bases

 
CHARLA E OBRADOIRO SOBRE A COMPOSTAXE DOMÉSTICA

O día 30 de setembro ás 20:00 horas realizarase no Polideportivo municipal unha Charla e obradoiro sobre compostaxe doméstica dirixido a todas aquelas persoas interesadas na compostaxe e con interese por avanzar cara unha xestión responsable dos seus residuos orgánicos. Entregara de composteiros ás persoas asistentes.

 
Obra de teatro: de Vilatriste a Vilalegre.

Obra de teatro: de Vilatriste a Vilalegre

Este venres 30 de Agosto ás 12 horas os nenos e as nenas que participan no campamento municipal poderán desfrutar da obra de teatro " De Vilatriste a Vilalegre" ofrecido polo Centro Dramático Galego en coprodución con Teatro ó Cubo. Destinatarios: participantes do campamentos e familiares acompañantes que o desexen.

 
CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

O concello de Irixoa, dentro do Plan corresponsables: Irixoa Concilia, subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade oferta un campamento de verán que se desenvolverá no Polideportivo Municipal.

Este campamento está destinado a nenos e nenas de 3 e 14 anos, ten un horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas, e se realizará desde o día 1 de xullo ao 30 de agosto en tres quendas.

A preinscrición estará aberta desde o día 1 ao día 10 de xuño de 2024, cubrindo o formulario de google https://forms.gle/ys2L9dPs487SNnvi9.

Máis información tél 981 793 001.

 
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A Deputación da Coruña organiza como cada ano un Campamento de Verán para nen@s de entre 9 e 14 anos. Este campamento ten a súa sede no IES Rosalia Mera na Coruña. O Concello de Irixoa ten asignadas 3 prazas para a segunda quenda que é do 30 de xuño ao 5 de xullo. A actividade ten un custo de 85€. Inscripcións abertas ata o 28 de maio no Concello.

Cartel

Folla de inscrición

 
Novas normas transporte municipal

A partir do día 31/01/2024 cambian os horarios e normas do transporte municipal. Deberá procederse da seguinte forma: Chamar o tfno. 620349684 de 8:00 a 8:30 horas o propio día da recollida de acordo coas seguintes rutas: - Luns e xoves : Ambroa-A Viña e Mántaras - Martes e venres: Coruxou-Churío e Verís.

Bando transporte

 
Inventi teatro presenta "As palabras perdidas"

Actuación incluÍda no convenio do Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña que se realizará o día 29 de decembro na Biblioteca Municipal de Irixoa ás 12:00 horas. Público familiar. Necesaria inscricion: tél. 981 793 001 (nenas e nenos anotad@s no campamento de Nadal non necesitarán inscribirse.

 
25N

Hoxe os traballadores e traballadoras do Concello e a veciñanza de Irixoa reuníuse para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Moitas graza a todos/as participantes.

 
ITV MAQUINARIA AGRÍCOLA. DATAS CORRECTAS

A empresa encargada de realizar a inspección de maquinaria agrícola comunicou novas datas asignadas a este concello. Ampliase un día, polo que as datas serán: 26, 27, 28 e 29 de decembro, en horario de maña, de 9:00 a 13:30 horas, e de tarde de 15:15 a 18:00 horas (agás o venres 29 que non abrirá pola tarde). Cita previa no tél. 902 30 90 00 ou na web www.sycitv.com

Bando correcto

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor