Novas
LIBERDADE DE SER E SENTIR (5)Liberdade de Ser e Sentir
Recomendacions para o día de no marco do movemento de "Liberdade de Ser e Sentir"
Breve presentación do festival: CORUFEST.https://youtu.be/Bv3PDwOxQIg
Recomendación literaria, literatura xuvenil: "El chico de las estrellas. Chris Pueyo"
Recomendación de cine: "Transamérica. Duncan Tucker."
Recomendación en ensaio e divulgación:"Salir del armario: Guía para padres de Lesbianas, Gais, Bisexuales y Transexuales. Anne Dohrenwend"
LIBERDADE DE SER E SENTIR Liberdade de Ser e Sentir
O 28 de Xuño conmemórase o “Día da diversidade sexual”.
Dende a Diputación da Coruña impúlsase una campaña de sensibilización da que Irixoa, como concello comprometido coa diversidade, forma parte.
O longo destes días publicaranse na nosa web diversos recursos, videos, referencias literarias, pílulas informativas ,etc, co gallo de visibilizar a importancia da tolerancia e igualdade entre as persoas.
Podes pasarte polo Concello a recoller material promocional, pulseiras e adhesivos, para sumarte a campaña de sensibilización.
Atopa toda a información que poida interesarte na dirección web www.seresentir.gal
Bono Concilia 2021Aberta a convocatoria para a solicitude do Bono Concilia para o curso 2021/22
O día 17 de xuño publicouse no DOG a Orde do 4 de xuño de 2021 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia para o curso 2021/22.
O prazo para a súa solicitude será de un mes a partir do día seguinte a súa publicación.
Extracto publicación Bono Concilia
VALORACIÓN DE MÉRITOS PEÓNS DE OBRASPara dar cumprimento ao disposto nas bases para a contratación laboral temporal de seis peóns de obras, dentro do programa "PIL-PEL-Concellos reactiva 2021", publícase a acta de valoración de méritos das persoas aspirantes.
Valoración de méritos
CONTRATACIÓN DE 6 PEÓNS DE OBRAS (Programa PIL-PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021)Por acordo da Xunta de Goberno Local do 26/03/2021 aprobáronse as bases de contratación laboral temporal de 6 peóns de obras polo sistema de concurso de méritos.
A duración dos contratos será de 6 meses a tempo parcial (30 horas semanas).
Calquera persoa desempregada inscrita e residente no municipio poderá presentar instancia nos Rexistros do Concello para poder optar a esta oferta.
O prazo para a presentación de instancias é do 15 ao 21 de abril de 2021, ambos inclusive.
Instancia peóns
Bases peóns
I CONCURSO EN PROL DA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEROO pasado 31 de marzo fallouse o I Concurso en prol da igualdade e contra a violencia de xénero no que participaron o alumnado do CPI Virxe da Cela de Monfero.
Había 3 categorías según idades.
Na 1ª categoría a gañadora foi Elisa Fernández Vázquez coa obra "Alas para volar" e o premio será a impresión do seu debuxo sobre unhas mochilas que se entregarán a todo o alumnado do ciclo de Educación Infantil.
Na 3ª categoría o gañador foi Hugo Lucía Romero coa obra "Igualdade". O premio consistirá na impresión do seu debuxo sobre unhas libretas que se repartirán entre o alumnado da ESO.
A 2ª categoría quedou deserta xa que non se presentou ningún traballo.
NORABOA ÁS PERSOAS GAÑADORAS!
Fallo xurado
Alas para volar
Igualdade
CONVOCATORIA PARA A INCORPORACIÓN Á LISTAXE DE BOLSA DE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE TRACTORISTASNo BOP de 07/04/2021 convócase a incorporación na listaxe para bolsa de contratacións de TRACTORISTAS (desbroce de vías e instalacións municipais), cunha vixencia que remata o 1-6-2024.
Desta listaxe seleccionaranse as persoas para a contratación municipal anual: para o 2021 contrataranse 4 tractoristas por período de 6 meses a xornada de 30 horas semanais.
FUNCIÓNS: manexo de tractor e maquinaria de desbroce.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 días naturais (dende o 7 ao 16 de abril de 2021), presencial en horario de 9 a 2, ou na Sede Electrónica do concello as 24 horas ().
DATA DAS PROBAS: 22 de abril de 2021.
DEREITOS DE EXAME: 16 €, que se ingresaran na conta municipal ES02 2080 0092 1631 1000 0018
BASES: aprobadas por acordo da Xunta de Goberno do 26-3-2021, estando a disposición do público nas dependencias municipais e na web oficial do concello (teléf. 981793001).
Bases da convocatoria
Instancia
RESTRICCIÓNS IRIXOA 05/03/2021Irixoa segue en NIVEL DE RESTRICIÓN ALTA dende hoxe.
?Para consultar as restricións deste nivel prema na seguinte ligazón:
??
https://coronavirus.sergas.gal/Cont.../Nivel-Restricion-Alta
?Para ver as restricións por concello a lizazón é a seguinte:
??
https://coronavirus.sergas.es/Cont.../Restriccions-concellos
?? Ámbito territorial conxuntamente delimitado formado polos seguintes concellos da área sanitaria da Coruña: Aranga, Arteixo, Cambre, Carballo, Carral, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Paderne, Sada, Vilasantar, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laxe, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilarmaior, Vimianzo, Zas.
Página
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16