Novas

ACTIVIDADES NO NADAL

Este nadal o Concello de Irixoa organiza diferentes actividades. Na biblioteca municipal teremos Obradoiros de Nadal do 26 ao 31 de decembro e do 2 o 4 de xaneiro, no horario de 10 a 14h. O 27 de decembro iremos a patinar sobre xeo a pista instalada en Marineda City. O 3 de xaneiro pasaremos a tarde en Silleda Park un divertido parque de atraccións situado nas instalacións da Feira Internacional de Galicia ABANCA e como broche final o día 5 de xaneiro a xa tradicional Festa de reis. Mais Información:

Obradoiros de Nadal

Patinaxe sobre xeo

Silleda Park

Festa de Reis

 
 
TORNEO NADAL FUTBOL SALA

Os días 27 e 28 de decembro vaise celebrar un Torneo de futbol sala. A idade mínima para participar serán os 16 anos. A inscrición é ata o 20 de decembro ou no polideportivo municipal do Xestal Telf. 981793213 ou no Concello de Irixoa Telf 981793001

Cartel Informativo

 
I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

CATEGORÍAS : de 4 a 7 anos, de 8 a 12 anos, de 13 a 16 anos. Haberá un 1º premio en cada categoría, un vale regalo de 50 €. Os premios entregaránse o día 05/01/2019 na Festa de Reis. As postais terán unas dimensións de 21x15 e un máximo A4 (folio), en cartolina. A participación deberá ser individual, non se aceptarán postais de grupo ou colectivas, como máximo dúas postais por participante. As postais poderán presentarse nas Oficinas Municipais do Concello de Irixoa, de luns a venres de 8:30 a 15:00 horas de maneira presencial, ou por correo ordinario a Concello de Irixoa, Pazo de Irixoa, 6A, 15313, Irixoa (A Coruña) en sobre pechado. Data límite 27 de novembro. Na parte posterior da postal figurará o título da obra e os datos do autor. Deben indicarse os datos persoais: nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e correo-electrónico si o tiver. Máis información 981 793 001

Cartel

Bases I Concurso Postais Nadal 2018

 
BOLSA DE CONTRATACION AUXILIARES S.A.F.

No Boletín Oficial da Provincia do 12 de novembro de 2018 publicouse o anuncio de convocatoria para a formación de listaxe de bolsa de contratación temporal de auxiliares do servizo de axuda no fogar (S.A.F.). O proceso selectivo será o de concurso de méritos, sen prexuízo da posibilidade dunha entrevista. O prazo para a presentación de instancias remata o luns 19 de novembro de 2018.

Bases bolsa S.A.F.

Instancia bolsa S.A.F.

 
ESCOLA DE ENERXIA FUNDACION NATURGY

A fundación Naturgy impartirá un obradoiro co fin de asesora ás familias en materia de enerxía e minimizar o coste enerxético dos colectivos vulnerables da sociedade. Podes traer a túa factura da luz para aprender a interpretala. Os conceptos son común en todas as comercializadoras, polo que non é necesario que sexas cliente de Naturgy (antiga Gas Natural). LUGAR: BIBLIOTECA MUNICIPAL DATA: Mércores 28 de novembro de 2018 Haberá 2 sesións: Pola mañá de 10:00 a 12:00 Pola tarde de 16:30 a 18:30 Esperámoste!

 
INICIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO

Comunícase a data de inicio do Obradoiro de Emprego de Actividades de Conservación e Mellora Forestal na Comunidade Intermunicipal Lambre- Mandeo, prevista para o vindeiro venres 26 de Outubro de 2018, ás 9:00 no local da Antiga Escola de Verís Baixos, polo que se convoca a todo o persoal seleccionado para participar no mesmo, tanto persoal docente, directivo e de apoio como aos 20 alumnos/as traballadores/as, acudan na data e hora sinalada, ao lugar de celebración do mesmo.

 
LISTADOS DEFINITIVOS OBRADOIRO DE EMPREGO

Fanse públicos os listados definitivos do alumnado traballador e personal do equipo directivo, docente e de apoio do Obradoiro de Emprego “ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO”. Solicítase a todas as persoas seleccionadas, que entre o luns día 22 e martes 23 de outubro, se acheguen ao Concello de Irixoa para entregar fotocopia do DNI e da tarxeta da Seguridade Social en horario de 9 a 14 horas.

Equipo directivo docente e de apoio

Alumnado traballador

 
EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

A excursión será o día 27 de outubro de 2018. Sairemos do Concello ás 8:30 horas. A excursión ten un prezo de 30 €, as persoas empadroadas terán unha subvención de 15 €. Terán preferencia as persoas empadroadas, as non empadrodas poderán ir no caso de que queden prazas libres. Máis información no tel, 981 793 001, inscricións ata o día 25 de outubro nas oficinas municipais.

Cartel excursión Pontevedra

 
OBRADOIRO DE EMPREGO: CORRECCIÓN DE ERROS NA LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMINTIDO DE MONFERO E VILARMAIOR

Na listaxe provisional do alumnado do Concello de Monfero e Vilarmaior referente ao obradoiro de emprego ACTIVIDADES DE CONSERVACIÓN E MELLORA FORESTAL NA COMUNIDADE INTERMUNICIPAL LAMBRE-MANDEO, detectouse un erro no encabezado, polo que se publica corrixido.

Correccion de erros

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook