Novas

CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL: TRABALLADOR/A SOCIAL INTERINO

No Boletín Oficial da Provincia do 5 de xullo de 2018 saíu publicada a convocatoria para a selección de traballador/a social interino/a. O proceso selectivo é o de concurso, que comprende a valoración dos méritos establecidos nas bases da selección. O prazo para presentación de instancias é de 10 días naturais desde a publicación.

Base e instancia Traballador-a Social

 
VALORACION DE MÉRITOS EDUCADOR/A SOCIAL

Unha vez realizada a valoración de méritos no proceso selectivo de educador/a social publícanse os seus resultados.

Acta de valoración educador-a

 
ACTIVIDADES DE AVENTURA VERÁN 2018

Actividades de aventura que realizaremos durante o verán: Rafting: 8 de xullo, Aquapark: 11 de xullo, Ruta senderismo-Kaiak: 22 de xullo, Karts: 27 de xullo, Parque multiaventura: 9 de agosto, Paintball: 17 de agosto, Escapismo: 22 de agosto. Mais información e inscricións tel. 981 793 001.

Triptico actividades verán 2018

Cartel actividades de aventura verán 2018

 
CAMPAMENTO VERÁN 2018

Esta actividade está destinada a nenos e nenas de 3 a 15 anos e se desenvolverá no Polideportivo Municipal desde o 2 de xullo ao 31 de agosto en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres. O campamento terá un prezo de 20 € por quincena, haberá unha subvención dun 50% para os nenos e nenas empadroados. Farase un 10% de desconto as familias monoparentais e a aquelas nas que un so membro estea traballando. Máis información e inscricións tel. 981 793 001.

Campamento 2018

 
VALORACION DE MÉRITOS AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

Unha vez realizada a valoración de méritos para o posto de auxiliar administrativo/a, publícase o seu resultado. O prazo para efectuar reclamacións é de tres días hábiles (ata o 28 de xuño de 2018)

Acta de valoración auxiliar

 
INFORMACIÓN LUMEIRADAS DE SAN XOÁN

Infórmase ás persoas que presentaron no Concello a declaración responsable para realizar a lumeirada de San Xoan, que o índice de risco de incendio forestal (IRDI) publicado na web da Consellería de Medio Rural actualizado o 22 de xuño é de ALTO. Isto significa que, salvo indicación en contrario do Concello ou do Servizo Provincial de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, NON HAI IMPEDIMENTO para que se poida realizar a lumeirada sempre que se garden as medidas preventivas indicadas no reverso da propia declaración e o índice de risco non varíe a EXTREMO. Sitio web para consultar o IRDI actualizado

 
PISCINA

Dentro das actividades de verán que organiza o Concello de Irixoa este ano teremos cursos de natación tanto para nen@s como para maiores na piscina municipal de Monfero. Serán tres cursos; Iniciación, Perfeccionamento e Actividades acuáticas para maiores. Haberá transporte público e gratuito ata a piscina.

Cartel Informativo

Folla de Inscrición cursos

 
LUMEIRADAS DE SAN XOAN E DE SAN PEDRO

O prazo para a presentación da declaración responsable de realización das fogueiras tradicionais está aberto, no caso das de San Xoán ata o 21 de xuño e ata o 27 de xuño para as de San Pedro. As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira. A presentación de solicitudes poderá realizarse nos Rexistros xeral ou electrónico do Concello de Irixoa. O horario público do Rexistro xeral do Concello de Irixoa é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; o rexistro electrónico funciona permanentemente na sede electrónica do concello .

Declaración responsable

 
RELACION DEFINITIVA DAS PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS PARA OS POSTOS DE EDUCADOR/A E AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

Por resolución da alcaldía de data 13 de xuño, quedou aprobada a lista definitiva de admitidos e excluidos no proceso selectivo para os postos de educador/a e auxiliar administrativo/a de servizos sociais.

Lista definitiva educador-a

Lista definitiva aux. administrativo-a

 
LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS PARA OS POSTOS DE EDUCADOR/A E AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

Por resolución de alcaldía do 7 de xuño quedou aprobada a lista de persoas admitidas e excluidas no proceso selectivo de educador-a e auxiliar administrativo-a. O prazo para reclamacións remata o 12 de xuño.

Lista educador-a

Lista auxiliar administrativo-a

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook