Novas

Charla informativa "Prevención de timos, roubos e abusos ás persoas maiores"

A Cruz Vermella, en colaboración co Concello de Irixoa e a Garda Civil, impartíu unha charla informativa sobre "Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores" na biblioteca Muncipal de Irixoa o día 31 de xaneiro.

Fotografía participantes charla

 
LISTAXES BOLSAS DE CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE OPERARI@S

No Boletín Oficial da Provincia do 4 de febreiro de 2018 publicouse o anuncio de convocatoria para a formación de listaxes para a contratación laboral temporal de peóns e oficiais de 1ª. O proceso selectivo é o de concurso de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles que se contarán desde o seguinte á presente publicación (do 5 ao 18 de febreiro).

Instancia operari@s

Bases operari@s

 
DOAZON DE SANGUE

O mércores 23 de xaneiro a unidade móbil de doazón de sangue estará no campo da Feira de Chao da Viña desde ás 10:00 ás 14:00 horas

Máis información

 
UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES

A empresa Supervisión y Control S.A. concesionaria da Xunta, titular da concesión de estacións de I.T.V. comuica que o horario e día asignado a este concello para a inspección técnica periódica de CICLOMOTORES será o día 6 de febreiro en horario de 9:00 a 13:30 horas no Campo da Feira de Chao da Viña. Citas na web www.sycitv.com ou o tel. 902309000.

Cartel ITV Ciclomotores

 
Entrega de premios I Concurso de Postais de Nadal

O pasado día 5 de xaneiro na Festa de Reis que se celebrou no Polideportivo Municipal o Alcalde Antonio Deibe Sanmartín fixo entrega dun diploma e un vale por valor de 50 € as gañadoras do I Concurso de Postais de Nadal que organizou o Concello de Irixoa.

Alejandra Souto Garrido, 8 anos

Eider Doval Golpe, 4 anos

Sara Vidal Cal, 6 anos

 
Charla informativa "Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores"

Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores

A Cruz Vermella oferta, en colaboración co Concello de Irixoa e a Garda Civil, unha charla informativa sobre "Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores" na biblioteca Muncipal de Irixoa o día 31 de xaneiro. Esta charla estará impartida pola Garda Civil. Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.

Cartel charla informativa

 
CLUBE DE LECTURA

Desde a biblioteca municipal queremos poñer en marcha un clube de lectura. Está actividade consiste en reunións que se realizarán de maneira quincenal na que os/as participantes comparten ideas sobre un libro. O clube reunirase cada quince días en horario de maña. Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.

Cartel

 
Cestería

Usuarios: adultos Datas de realización: Xaneiro – Maio 2019. Horario: martes de 10:00 a 12.30 e de 16.30 a 18.00 horas. Máis información e inscricións no Departamento de Servizos Sociais ata o día 11 de xaneiro tel. 981 793 001

Cartel publicitario

 
APOIO AO ESTUDO

Ábrese o prazo de inscrición ata o día 16 de xaneiro para as actividades de Apoio ao estudo e inglés. Ambas actividades realizaranse na biblioteca municipal en horario de tarde, intentando adaptar o horario as persoas inscritas. As actividades realizaranse se hai un mínimo de 8 persoas inscritas en cada unha das actividades. Apoio ao estudo terá un prezo de 100 € ao mes (as persoas empadroadas terán unha subvención dun 50% ) e realizaranse 4,5 horas de clases semanais. En canto a inglés, serán 2 horas semanais e terá un prezo de 30 € mes (unha subvención de 15 € para as persoas empadroadas)

Cartel publicitario

 
CAMPAÑA DE INVERNO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Concello de Irixoa ten adxudicadas tres prazas na "Campaña de inverno 2019" que organiza a Deputación Provincial da Coruña. Esta campaña está destinada a nenos e nenas de 11 a 15 anos que poderán pasar tres días, do 15/02/2019 ao 18/02/2019, na estación invernal de Cabeza de Manzaneda con unha cota de participación de 85 €. O prazo de preinscrición é ata o día 10/01/2019, máis información tel. 981 793 001.

Cartel publicitario

Folleto informativo e ficha inscricion

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook