Novas

BASES CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO 2023

Sairon publicadas no BOP nº 75 do día 20 de abril de 2023 as bases da convocatoria de subvencións municipais para familias e entidades sen fin de lucro 2023 do Concello de Irixoa. Poderán optar a estas subvencións as familias e as entidades ou asociacións xuridicamente constituídas e inscritas no rexistro municipal de entidades veciñais do concello de Irixoa, e os comités organizadores. O prazo para presentar as solicitudes é de 1 mes natural, computado dende o 20 de abril ao 19 de maio de 2023, ambos inclusive.

Bases

Solicitude

 
Coidados Porta a Porta

Coidados Porta a Porta

Os días 27 de Abril e 2 e 3 de maio estará na Viña a unidade móbil do programa Coidados Porta a Porta que presta servizos gratuitos de Podoloxía, Estimulación cognitiva e Audioloxía a maiores de 55 anos. Para obter cita previa chamar os seguintes teléfonos: 622748283 ou 623546992. O día 27 ás 13 horas celebrarase unha charla de podoloxía diante da Unidade móbil con carácter gratuito.

coidados porta a porta Irixoa

 
Cancelada a visita a exposición Meisel 93

cancelada a visita a exposición Meisel 93

Infórmase de que por mor de falta de asistencia vémonos na obriga de cancelar a visita a exposición de Meisel 93 que tería lugar este venres 21 de abril.

 
Programa Acoges + Aldeas Infantiles SOS

Programa Acoges + Aldeas Infantiles SOS

Aldeas Infantiles SOS ponse en contacto co Concello de Irixoa para defundir o seu programa Acoges +; programa de acollemento a nenos, nenas e adolescentes que ten coma fin facilitar un novo fogar a todos/as aqueles que por diversas razón non poder crecer coa súa familia de orixe. Solicitade máis información de cómo facerse familia acolledora no teléfono 981 793 001 ou nos Servicios Sociais de Irixoa.

Programa Acoges +

 
XIX FESTA DAS PERSOAS MAIORES

O Encontro celebrarase o vindeiro 6 de maio nunha carpa situada no campo da Festa de Irixoa. Poderán participar na xuntanza: Persoas maiores de 60 anos, xunto co seu cónxuxe aínda que este non os teña. Persoas acompañantes, para aquelas persoas que vivan soas ou teñan a mobilidade reducida e non poidan acudir soas. Prezos: 7 € persoas empadroadas, acompañantes de persoas que lles sexa imprescindible levar un/unha acompañante. 25 € acompañantes de persoas que vivan soas e cónxuxes non empadroad@s. Máis información tel. 981 793 001. Inscricións ata o día 29 de abril nas oficinas xerais, de luns a venres de 9:00 a 14 horas.

 
Visita exposición de Steven Meisel

O día 21 de abril visitaremos a exposición de Steven Meisel ubicada na cidade da Coruña. Sairemos en autobús ás 10 horas do Concello e voltaremos sobre as 14 horas. Necesaria inscrición previa chamando o teléfono 981 793 001 ou nos Servizos Sociais Municipais. Actividade de balde para as persoas empadroadas.

cartel exposición Meisel 93

 
8 de Marzo

8 de Marzo

O vindeiro 8 de marzo celebramos o día Internacional da Muller. Como cada ano, reunirémonos na Biliboteca Municipal e o festexaremos en comunidade recordando o papel de mulleres do noso entorno. Estades convidad@s!

cartel 8 de Marzo

 
Obradoiro de solo pélvico

Obradoiro de solo pélvico

O Xoves 23 de marzo ás 16.30 horas no pabillón municipal terá lugar un obradoiro de solo pélvico que virá impartir unha matrona do CHUAC e onde aprenderemos exercicios prácticos e teóricos. Prazas limitadas. Inscrición pre

cartel obradoiro de solo pélvico

 
Charla sobre Prevención de Atropelos

O xoves 2 de marzo terá lugar unha charla sobre Prevención de Atropelos impartida por o Coordinador Provincial de Educación Vial. Na Biblioteca Municipal de Irixoa, ás 16.30. Inscricións no teléfono 981 793 001 ou nos Servizos Sociais do Concello de Irixoa. Todos os asistentes recibirán un chaleco reflector. Actividade de balde.

cartel prevención atropelos

 
FESTA DE REIS

As súas maxestades os Reis Magos de Oriente volven visitar Irixoa o día 5 de xaneiro. Haberá un gran Festa con inchables, xogos, música. chocolatada...e como non a visita das súas maxestades, a partir das 16:30 horas no Polideportivo Municipal de Irixoa.

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36   37   38   39   40   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor