Novas

Charla informativa "Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores"

Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores

A Cruz Vermella oferta, en colaboración co Concello de Irixoa e a Garda Civil, unha charla informativa sobre "Prevención de timos, roubos, e abusos ás persoas maiores" na biblioteca Muncipal de Irixoa o día 31 de xaneiro. Esta charla estará impartida pola Garda Civil. Máis información e inscricións, tel. 981 793 001.

Cartel charla informativa

 
EXCURSIÓN Á MARIÑA LUCENSE

O vindeiro día 10 de xuño realizaremos unha excursión a Mariña Lucense. Saída: 8:30 horas diante do Concello. Prezo: 15 € persoas empadroadas,30 € persoas non empadroadas. Prazo de inscrición ata o día 6 de xuño. Terán preferencia as persoas empadroadas. Máis información: tel. 981 793 001

 
XVI Encontro de maiores

O Encontro celebrarase o vindeiro día 13 de maio. Poderán asistir todas as persoas maiores de 60 anos, empadroadas no Concello, xunto co seu conxuxe aínda que este non teña esa idade. As persoas con mobilidade reducida, e que así o precisen, poderán levar un acompañante. A xuntanza consistirá nunha comida que se servirá arredor das 14:00 horas, nunha carpa situada no campo da Festa de Irixoa. Pola tarde os/as asistentes poderán gozar da actuación dunha orquestra, e participar no sorteo de varios agasallos. As persoas de máis idade de cada parroquia recibirán unha homenaxe por parte da corporación municipal. Para participar os/as interesados/as deberán anotarse e recoller unha invitación individual que se facilitará no concello. O prazo para inscribirse, será ata o día 5 de maio.

 
Página  1   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook