Novas

CONVOCATORIA DE SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA TRACTORISTAS MUNICIPAIS (POS 2018)

No Boletín Oficial da Provincia do 19 de abril de 2018 saíu publicada a convocatoria de seleccion de persoal laboral temporal para 4 tractoristas. Xornada laboral: 30 horas semanais. Duración do contrato:6 meses. Prazo de presentación de solicitudes: dende o 23 de abril ata o4 de maio de 2018 en horario de 9 a 14 horas

Descargar bases e instancia de solicitude

 
Libros para sermos libres

Campaña da Deputación da Coruña para conmemorar o Día Internacional do Libro

O Concello de irixoa participa nas segunda edición da campaña "Libros para sermos libres" que promove A Deputación da Coruña . Esta campaña consiste na solta de libros simultánea en 30 concellos nas xornadas próximas ao día 23 de abril, en que se celebra o Día Internacional do Libro, a través de diferentes actos que os concellos organizan co obxecto de obsequiar ás persoas que participen na actividade achegándose aos distintos puntos de reparto.Entre os libros cos que a Deputación da Coruña agasallará á poboación dos seus municipios, atópanse exemplares de poesía, ensaio, teatro, fotografía, investigación, pintura, banda deseñada ou literatura infantil. Así, moitos deles resultaron premiados nos diferentes certames que organiza a Deputación da Coruña. No conxunto de volumes que se distribuirán nesta campaña tamén se atopan algunhas das últimas novidades editadas pola institución.O punto de reparto en Irixoa será o día 23 de abril diante do Concello a partir das 11:00 horas.

 
Camiño inglés a Santiago de Compostela (Ferrol-Santiago)

O día 22 de abril comezamos o Camiño inglés A Santiago de Compostela. Un bus sairá de diante do Concello ás 9:00 horas, nos levará ao punto de partida en cada etapa, e nos recollerá a tardiña no punto de chegada. O concello repartirá comida e bebida entre os/as participantes. Estas son as etapas: 22 de abril: Ferrol-Neda, 29 de abril: Neda-Pontedeume, 17 de maio: Pontedeume-Betanzos, 20 de maio: Betanzos-Bruma, 27 de maio: Bruma-Sigüeiro, 17 de xuño: Sigüeiro-Santiago de Compostela. Máis información e inscricións: tel. 981 793 001

 
NOVA APP DE INFORMACION MUNICIPAL

O Concello de Irixoa pon a disposición da veciñanza un novo servizo municipal: “Irixoa Informa”. A partir de agora todos os bandos, anuncios, noticias e información municipal do Concello poderá ser recibida de forma inmediata a través do seu móbil. O servizo está disponible para os sistemas operativos Android e iOs. As persoas que non dispoñan de terminais compatibles, como os que usen Blackberry ou Windows Phone, poden consultar toda a información municipal que o concello publique dende a páxina web adaptada para dispositivos móbiles www.bandomovil.com/irixoa .

Ver detalles de instalación

 
INFORMACIÓN SOBRE DISTANCIAS DE PLANTACIÓN E XESTIÓN DA BIOMASA

O importante valor que o monte desempeña vén sendo ameazado pola propagación de incendios forestais, afectando á súa riqueza ambiental e paisaxística e ás actividades agroforestais que nel se desenvolven, poñendo en risco tamén a integridade física das persoas. A Consellería do Medio Rural elaborou un díptico onde se representan as distancias mínimas de plantación das distintas especies arbóreas a estradas, labradíos, vivendas, etc.

Cartel distancias

 
ORIENTACION LABORAL NO FACEBOOK

Unha vez resoltas as incidencias técnicas, comezamos coa nosa nova páxina de Facebook do Servizo de Orientación Laboral da Agrupación de Concellos de Irixoa, Monfero e Aranga, onde cada día, volcaremos información relativa a ofertas de emprego, formación, subvencións, e todo aquelo que poida resultarvos de interese neste sentido. Darvos a tod@s, a benvida, e desexar que esta nova ferramenta vos sexa de utilidade para acadar os vosos obxectivos profesionais. Orientación Laboral

 
COMPETENCIAS CLAVE

Convocadas probas de avaliación en #CompetenciasClave para acceder aos #CertificadosProfesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación Ver convocatoria O prazo para presentar a solicitude é a partir do día 27 de febreiro ata o 23 de marzo de 2018.

 
PLAN DE EMPREGO LOCAL DA DEPUTACION DA CORUÑA: AXUDAS 2018

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local 2016 -2019, ven de convocar as seguintes liñas de axudas correspondentes á anualidade 2018: LIÑA 2.1 PEL EMPRENDE. INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables . LIÑA 3.1 PEL PEMES. CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas para a creación e ampliación do cadro de persoal de Pemes e micropemes en calquera das modalidades xurídicas existentes, con centro de traballo rexistrado en concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes e con domicilio fiscal na provincia da Coruña. LIÑA 3.2 PEL PEMES. MANTEMENTO: Axudas para o mantemento do cadro de persoal de Pemes e micropemes, sendo subvencionables aquelas contratacións indefinidas realizadas polos/as beneficiarios/as da convocatoria PEL PEMES 2017. As bases reguladoras das tres liñas de subvención poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do 15 de febreiro de 2018 . As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña , pechando o prazo de presentación ás 14.00 horas do 22 de marzo de 2018. Lembramos que na web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultar información actualizada do Plan de Emprego Local.

 
PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL

A Deputación da Coruña publicou no BOP do 28 de febreiro a resolución pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de Integración Laboral para o ano 2018. O obxecto do Programa é fomentar o emprego nos concellos mediante a contratación de persoal en situación de exclusión laboral para a prestación dos servizos mínimos municipais e a execución de pequenas obras de reparación e mantemento relacionadas cos ditos servizos. As personas a contratar deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo e atoparse nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral: a) Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes. b) Maiores de 45 anos. c) Parados de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego. d) Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola administración competente, unha discapacidade nun grao igual o superior al 33%. A acreditación da discapacidade será comprobada polos concellos no proceso de selección das persoas a contratar. e) Persoas en situación de drogodependencia f) Persoas que vivan nun fogar onde ninguén teña emprego. g) Personas con fogar monoparental h) Personas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais i) Personas vítimas de violencia de xénero j) Personas sen fogar

 
II FEIRA DE EMPREGO

A Cámara da Coruña organiza a II Feira de Emprego para mozos A Cámara de Comercio da Coruña organiza a segunda edición da Feira de Emprego para persoas xoves, con servizos de orientación laboral personalizados e encontros con empresas punteiras. O evento celebrarase o 1 de marzo en Palexco e é de inscrición libre e gratuíta, dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 29 anos dos 39 municipios que conforman a demarcación do ente cameral coruñés. O obxectivo é poñer en contacto a representantes dalgunhas das principais empresas do país coa mocidade que nin estuda nin traballa pero que buscan unha oportunidade no mercado laboral. A primeira edición, o pasado xuño, reuniu a 400 persoas. Os participantes deben estar inscritos no Programa de Garantía Xuvenil da Cámara da Coruña, polo que a institución anima a formar parte desta iniciativa e inscribirse.

 
Página  1   2   3   4   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook