Novas

Espectáculo "Circo na Casa".

Espectáculo "Circo na Casa"

O Luns 26 de Xuño daremos a benvida o verán co espectáculo de "Circo na Casa" de Mere Clown. Un espectáculo a prol da igualdade para todos os públicos. No Pabillón Municipal de Irixoa ás 11.30 horas. Necesaria inscrición previa no teléfono 981793001 ou nos Servizos Sociais Municipais. Actividade de balde.

Cartel Circo na Casa

 
Cancelada a visita a exposición Meisel 93

cancelada a visita a exposición Meisel 93

Infórmase de que por mor de falta de asistencia vémonos na obriga de cancelar a visita a exposición de Meisel 93 que tería lugar este venres 21 de abril.

 
Visita exposición de Steven Meisel

O día 21 de abril visitaremos a exposición de Steven Meisel ubicada na cidade da Coruña. Sairemos en autobús ás 10 horas do Concello e voltaremos sobre as 14 horas. Necesaria inscrición previa chamando o teléfono 981 793 001 ou nos Servizos Sociais Municipais. Actividade de balde para as persoas empadroadas.

cartel exposición Meisel 93

 
Día da loita contra a Violencia de Xénero

O día 25 de Novembro o Concello de Irixoa conmemora o día da loita contra a Violencia de Xénero. No Departamento de Servizos Sociais elaboraremos un mural para que todas as persoas interesadas podades deixar as vosas mensaxes de rexeita contra esta violencia. As 13.00 horas terá lugar a lectura do manifesto en contra da Violencia de Xénero e gardaremos un minuto de silencio por todas as víctimas. Agardamos a vosa participación.

 
V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Do día 21 de novembro ao 2 de decembro estará aberto o prazo para realizar a entrega de postais para participar no V concurso de Postais de Nadal organizado polo Concello de Irixoa. Hay dúas categorías de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos, premio de vale regalo por valor de 70 € en cada unha. Poderá facerse entrega de dúas postais por paticipante como máximo no Concello de Irixoa de 9 a 14 horas, ou envíandoas por correo postal ao enderezo: Concello de Irixoa, Pazo de Irixoa, 6, 15313 Irixoa, xunto cun formulario que se pode descargar nesta páxina. Máis información no tél. 981 793 001.

Bases V Concurso de postais

Impreso de solicitude

 
CURSO MANIPULACION DE ALIMENTOS

A Cruz Vermella organiza un curso gratuíto de manipulador/a de alimentos dirixido a persoas desempregadas, en mellora de emprego ou que queiran traballar con alimentos directa ou indirectamente. O curso celebrarase na Biblioteca Municipal o día 28 de outubro en horario de 10:00 a 13:00 horas, as prazas son limitadas. Más información e inscricións no Departamento de Servizos Sociais. Tél. 981 793 001.

 
ANUNCIO DE SELECCIÓN DE ALUMNOS/AS PARA OBRADOIRO DE EMPREGO

Faise público para xeral coñecemento que vai dar comezo un Obradoiro de Emprego na especialidade de “Atención socio sanitaria a persoas no domicilio”, a impartir entre os Concellos de Monfero, Aranga, Irixoa e Vilarmaior.

O obradoiro terá unha duración de doce meses. Impartirase formación teórica e práctica para a obtención dun certificado de profesionalidade de nivel 2 nesa especialidade.

Poderán participar 20 alumnos/as que deberán ter unha idade igual ou superior aos dezaoito anos, estar desempregados e inscritos como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia nos códigos seguintes: 320 (Escola taller programas), 330 (Casa de Oficio), 340 “Obradoiros de emprego”; ou 370 “Outros programas de formación de emprego, formación dual” e cumprir cos requisitos de formación necesarios para o acceso a certificados de nivel 2

O alumnado seleccionado percibirá o salario mínimo interprofesional durante todo o período de formación.

Toda a información sobre o proceso estará a dispor das persoas interesadas nas oficinas municipais.

 
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2022-2023

Retomamos as actividades municipais para este curso. O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de setembro. Para a inscrición haberá que entregar unha solicitude da que se adxunta un modelo no rexistro xeral do concello. Mais información na casa do concello ou no tel. 981 793 001

Tríptico actividades municipais curso 2022-2023

Folla inscrición actividades

 
CURSO DE INCIACIÓN Á APICULTURA

O concello de Irixoa organiza en colaboración coa Comunidade de Montes en man Común Monte do Raño e a apicola Penedo Redondo de Mántaras, un Curso de Iniciación á apicultura impartido pola Casa do Mel de Goente, As Pontes. O curso impartirase no local do Carballo, Altos de Verís, os días 16, 17, 23 e 24 de xullo en horario de 09:00 a 14:00 horas e ten un prezo de 25 €. para as persoas empadroadas en Irixoa, e 50 € para as non empadroadas. Inscricións ata o día 8 de xullo, tel. 620349684.

 
RESERVA DE PRAZAS NA CASA DO NENO DE IRIXOA

A casa do neno de Irixoa "Novo amencer" abre o prazo para a reserva de prazas para curso 2022-2023. A casa e un servizo particular para nenos e nenas de ata 3 anos empadroad@s en Irixoa. Tel. 699 549 483, Luz Trenco.

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor