Novas

II FEIRA DE EMPREGO

A Cámara da Coruña organiza a II Feira de Emprego para mozos A Cámara de Comercio da Coruña organiza a segunda edición da Feira de Emprego para persoas xoves, con servizos de orientación laboral personalizados e encontros con empresas punteiras. O evento celebrarase o 1 de marzo en Palexco e é de inscrición libre e gratuíta, dirixido a mozas e mozos de entre 16 e 29 anos dos 39 municipios que conforman a demarcación do ente cameral coruñés. O obxectivo é poñer en contacto a representantes dalgunhas das principais empresas do país coa mocidade que nin estuda nin traballa pero que buscan unha oportunidade no mercado laboral. A primeira edición, o pasado xuño, reuniu a 400 persoas. Os participantes deben estar inscritos no Programa de Garantía Xuvenil da Cámara da Coruña, polo que a institución anima a formar parte desta iniciativa e inscribirse.

 
XORNADA DE LOITA CONTRA A VESPA VELUTINA

O próximo sábado, 3 de marzo no local social de Altos de Verís terá lugar unha xornada sobre como combatir a vespa velutina. Dende as 10 ata as 13 horas varios relatores informarán sobre distintas solucións para loitar contra esta especie invasora. Granxas de Lousada é a organizadora desta xornada. Colaboran neste evento a Comunidade de Montes en Man Común “O Raño”, o Concello de Irixoa e a Asociación de Desarrollo Rural “Mariñas – Betanzos”. Máis información e inscricións no teléfono 657 103 467 LUGAR: Local social de Altos de Verís DÍA: 3 de marzo HORARIO: de 10 a 13 horas

Descargar cartel

 
SEPARAR CON XEITO

Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organizan esta campaña, que busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. En concreto, Recicla con Xeito acudirá o próximo 6 de marzo á Feira da Viña co obxectivo de orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán en cada evento. Anímate e participa! LUGAR: Feira da Viña DÍA: 6 de marzo HORARIO: de 10:30 a 13:30

Cartel ecoembes

 
XORNADA SOBRE PRODUCIÓN DE CARNE DE VACÚN

A Asociación Mariñas-Betanzos (www.marinasbetanzos.gal), entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, vai a desenvolver unha xornada sobre "A produción de carne de vacún. Unha oportunidade para emprender na Biosfera", que se celebrará o próximo mércores 28 de febreiro e que terá lugar no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo). Esta xornada está dirixida a todas as persoas que poidan estar interesadas en poñer en marcha unha explotación gando vacún, en extensivo, Coñecendo diferentes experiencias produtivas, así como a información máis relevante para a posta en marcha dunha iniciativa deste tipo. Calquera persoa interesada pode poñerse en contacto coa Asociación Mariñas-Betanzos, para ter máis información, así como para realizar a inscrición na xornada: 981 669 541 - info@marinasbetanzos.gal

Borrador programa

 
AVISO DO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

A páxina de Facebook á que este servizo viña dotando de información sobre o emprego e a formación, non está accesible actualmente por restriccións de acceso do propio Facebook. Aproveitamos esta incidencia para actualizar a páxina e poder prestar un mellor servizo. Estamos facendo as actuacións necesarias para poder ter acceso á dita páxina o máis axiña posible.

 
ANUNCIO DE LABORES DE XESTIÓN DE BIOMASA NAS LINEAS DE UNION FENOSA DISTRIBUCION

Damos publicidade da pretensión por parte de UNION FENOSA de realizar operación de xestión de biomasa nas liñas de distribución de enerxía eléctrica do termo municipal de Irixoa. Achégase tamén un plano do trazado das ditas líneas por se algún propietario dos terreos afectados considera do seu interés realizar a xestión da biomasa previamente. Unha vez transcurridos 15 días desde a publicación do anuncio no tablón de edictos do concello non se efectuaron as labores de xestión de biomasa indicadas, Unión Fenosa procederá á sua realización.

Anuncio

Plano das liñas

 
SUPRESIÓN DE CORTES DE AUGA

Con data 30 de novembro produciuse o inicio duns cortes de 7 horas diarias do subministro de auga potable municipal para a regulación preventiva da escaseza da auga acumulada non depósitos municipais, a causa da seca que afecta aos mananciais do concello. Debido á actuación municipal de reforzo dos mananciais, xunto coa mellora da conciencia respecto do consumo responsable, a acumulación de auga nos depósitos mellorou de forma evidente. A partir da data de hoxe (13 de decembro) QUEDAN SUPRIMIDOS os cortes preventivos de auga en toda a rede municipal. A alcaldía agradece á veciñanza a comprensión coa necesidade destes cortes horarios preventivos, así como o uso responsable da auga e a colaboración xeral para a mellora das captacións municipais.

 
ACTIVIDADES NADAL 2017-2018

Como cada ano o Concello de Irixoa organiza diferentes actividades durante as vacación de Nadal. Na biblioteca municipal realizaremos de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas uns obradoiros onde nenos e nenas de 4 a 14 anos pasarano en grande realizando manualidades de Nadal, xogos... O día 27 de decembro iremos co Concello de Monfero a pista de xeo instalada no Marineda. Esta actividade está destinada a rapaces e rapazas de de 4 a 18 anos. Prazo de inscrición ata o día 22 de decembro. O día 4 de xaneiro iremos a Silleda-Park un parque de atracións situado nas instalacións da Feira Internacional de Galicia ABANCA. Ofrece numerosas atraccións: saltamontes, pista de coches, olla, jumpy, carrusel e numerosos inchables, pistas deportivas, ping pong, xadrez xigante, máquinas recreativas e áreas como a de videoxogos e a de xogos para os máis pequenos, divertidas actividades complementarias, como exhibicións, talleres, o espectáculo de El Show de los Payasos e, a presenza todos os días de personaxes dedebuxos animados. O día 5 de xaneiro realizaremos como xa é tradición a Festa de Reis, que comezará ás 16:30 horas. Haberá inchables, obradoiros, chocalatada con roscoón, visitarannos as súas maxestades os Reis Magos de Oriente, e como broche final realizaremos a xa tradicional estalaxada de globos.

Obradoiros de Nadal

Patinaxe sobre xeo

Silleda-Park

Festa de Reis

 
ESPAZOS DAS FAMILIAS

Este é un punto de encontro que se realizará todos os luns ás 12:00 horas na biblioteca municipal para pais/nais con nenos e nenas de 0 a 3 anos. Un espazo de encontro semanal para reflexionar e debatir sobre educación, e compartir tempos e espazos lúdicos cos/as fillos e as fillas

Pulsa aqui para ver cartel informativo

 
DÍA DA BICICLETA E DÍA DO DEPORTE

O día 7 de outubro teremos o Día da Bicicleta, como cada ano realizaremos un percorrido polas parroquias do concello disfrutando da sua beleza. Este percorrido é apto para todas as idades, menores de 7 anos acompañados. Logo remataremos a tarde cunha festa no polideportivo para celebrar o Día do Deporte, na que haberá inchables, xogos con materiais reciclados, circuito de triquets…

Día da Bicicleta e Día do Deporte

 
Página  1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15   
Sede electrónica

 

As nosas sedes

 

Perfil Facebook

 

Aula Mentor